Contacontos e xogo de misterio na biblioteca para celebrar o Dia do Libro



O Concello de O Pino celebra o vindeiro sábado o Día do Libro con diferentes actividades na biblioteca municipal que teñen por finalidade promover a lectura entre a veciñanza e a dinamización cultural, ademais de dar a coñecer a propia bliblioteca entre os nenos e nenas a partir de 3 anos.

Así, o sábado, 28 de abril, a partir das 17.00 horas desenvolverase un xogo de misterio, no que os participantes buscarán e deberán atopar as pistas que lles axuden á resolución dun misterio acaecido na biblioteca.

As seis da tarde dará comezo unha sesión de contacontos con Celtia Figueira e un obradoiro de marcapáxinas coa técnica papel de auga; e algunha que outra sorpresa máis.

Os interesados en participar nestas actividades deberán cubrir a ficha de inscrición que se pode descargar ao pé desta nova e entregala na biblioteca ou no Centro Sociocultural Luis Seoane. Tamén o poderán remitir por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (20180424_DiaDoLibro_solicitude_actividade.pdf)20180424_DiaDoLibro_solicitude_actividade.pdf 54 Kb
Estás en Novas Cultura e Educación Contacontos e xogo de misterio na biblioteca para celebrar o Dia do Libro

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information