Turismo

Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

FESTA DECLARADA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA

A Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, que se celebra anualmente o primeiro fin de semana de agosto no lugar de Pedrouzo- Arca, vense realizando dende o ano 1999 e nace como un evento de exaltación da gastronomía e cultura galega. O propósito desta festa é poñer en valor e tratar de recuperar a especie do Galo Piñeiro con raíces na época celta. Ademais realízase unha mostra cabalar, cada vez máis exitosa, na que participan as mellores égoas e cabalos de pura raza galega e foránea.


O programa anual de actos, comeza coa apertura da feira e venta de animais vivos de galos e galiñas de raza piñeira, que se complementa cun concurso, no que se condecoran cun galardón ós mellores exemplares desta raza, despois de que un xurado profesional os califique. Os premios distribúense en distintas categorías: mellor parella de galo de curral de raza piñeira, mellor galiña de curral de raza piñeira e mellor galo de curral.

Pola tarde, ten lugar a Mostra Cabalar, na que teñen lugar diferentes exhibicións de égoas e cabalos do país, así como as égoas e cabalos cruzados.Tamén participan potros e potras, cabalos e égoas de pura raza española de diferentes idades, que compiten polo galardón ó mellor exemplar. Todos os anos se entrega un premio especial “Faísca” ó mellor producto P.R.E. (Pura Raza Española) nado e criado en Galicia. O broche final desta mostra, ten lugar coa actuación de diferentes carruseles e espectáculos ecuestres, exhibicións de doma de alta escola, entre outros.

Cada ano, a Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, consolídase como o principal evento popular do Concello de O Pino, cada vez máis atraínte dado o seu significado lúdico, festivo, cultural, deportivo e gastronómico.


FEIRA CELTA
Dende o ano 2009, celébrase a Feira Celta, que é unha das atraccións desta festa que cada ano levanta máis interese entre os asistentes. Nela numerosos veciños/as participan vestíndose de época e participando activamente no evento.

Na feira instálanse máis de corenta postos de artesáns, que representan oficios tan diversos como o traballo co coiro, pirogravados, ferreiros, xogos celtas, ambientadores ou xoias realizadas con ouro vexetal, entre outros moitos.


HISTORIA, ANTIGUIDADE E SINGULARIDADE DA FESTA
Esta festa nace co fin de recuperar as orixes do Galo Piñeiro e tamén a Galiña Piñeira e poñer en valor este producto a través da mostra das mellores parellas de galos de curral, raza piñeira e galiñas de Galicia e posterior degustación gratuíta deste producto. Esta especie, que ata o de agora corría o perigo de desaparecer no municipio, gracias á Festa do Galo estase a estender a súa produción e comercialización no Concello de O Pino.

Segundo estudos feitos por Agalpi (Asociación Galega para a Recuperación, Defensa e Producción da Galiña Piñeira) a especie de galos e galiñas piñeiras foi introducida en Galicia, máis concretamente na Comarca de Arzúa e con especial incidencia no Concello de O Pino. Segundo din, trouxérona os Celtas para uso lúdico en pelexas de galos, pero logo foron outras civilizacións as que aportaron outras variedades de galos e galiñas que foron aparecendo co tempo, pero, a pesar da grande diversidade racial, o seu potencial xenético permitiu devolverlle o interese social que noutrora tiña a galiña piñeira.

No Concello de O Pino, un coñecido veterinario Jesús García Rodríguez, empezou a investigar sobre as características desta especie de galiña e galo piñeiro. De ahí partíu a iniciativa do Concello que busca a recuperación desta raza.

A Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar é unha maneira de rememorar as orixes desta especie avícola neste concello, potenciar a raza piñeira entre os participantes á festa e  fomentar a súa producción e comercialización. 

Co fin de potenciar e amenizar esta festa, combínase o Concurso de Galos Vivos cunha Mostra Cabalar que ten como obxectivo a exhibición dos mellores exemplares de eguas e cabalos de pura raza e cruzados do Concello de O Pino e a súa comarca. Este evento permite coñecer e gozar dun deporte fermoso e particular como é a hípica, dado que se realizan diferentes exhibicións ecuestres: domas, trotóns, andadura,... Esta celebración non só está pensada para os afeccionados e entendidos desta modalidade, senón tamén para que aqueles máis inexpertos poidan observar e interesarse polos extraordinarios exemplares equinos que participan nesta Mostra Cabalar.
A singularidade desta festa reside principalmente na loita pola recuperación do propio, a recuperación da raza do galo e galiña piñeira, concentrando neste evento ós criadores desta especie e galardoando con premios aos mellores exemplares de galo e galiña de raza piñeira criados en O Pino.

A raza de Galos e Galiñas Piñeiras está moi pouco extendida en Galicia. Existen outras festas dentro da xeografía galega que tamén realizan eventos nos que se trata de exhaltar o galo de curral, non existindo ningún outro lugar de Galicia, que non sexa o Concello de O Pino, onde se potencie esta especie “piñeira”.

Os rasgos característicos da galiña piñeira son o seu fermoso plumaxe (as súas plumas son especialmente interesantes para a fabricación de cebos para a pesca) e a súa conformación mediana, tipo atlántico. Conta cunha cresta en rosa, cabeza piramidal, orelliñas vermellas ovaladas, patas e pico de cor amarelo e ollos amarelo anaranxados. Os ovos son de cor crema claro e pesan entre 55 e 65 gramos. En canto ó peso das propias galiñas, oscilan enter os 2,2 e os 2,5 kilos.

Os galos piñeiros presentan o tipo silvestre con capa dourada e zona ventral e cabos negros, cun peso que ronda entre os tres ou tres quilos e medio.


VALOR CULTURAL DA FESTA
Este evento xira en torno a un completo abanico de manifestacións de interese cultural, gastronómico e deportivo que tratan revivir costumes dos ancestros celtas e tradicións populares dentro do Concello.

O enfoque desta festa poderíase definir como de gran tendencia rural polo lugar no que se celebra, tradicional no tocante ás características do evento e turístico no relativo a afluencia de visitantes que se achegan ata O Pino, que poden gozar dunha gran cantidade de actuacións musicais, mercado medieval e espectáculos para tódolos públicos.



Estás en Turismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information