Rutas a pe

Senda Panorámica do Picón


DESCRIPCIÓN DA RUTA
A “Senda Panorámica do Picón” discorre pola parroquia de Arca, poñendo en valor fermosos lugares de interés cultural e gran beleza paisaxística, ós cales se poderá acceder fácilmente co acondicionamento de varios camiños e coa axuda da audioguía virtual, que nos indica e conduce ata os diferentes bens patrimonias, ademais de facernos unha descripción gráfica e documental de cada un deles.

Esta senda pretende ser un agradable  percorrido polos lugares máis emblemáticos desta parroquia de O Pino, creando un trazado predefinido que pasa polo entorno dun dos montes máis importantes do municipio, o Monte de O Picón que da nome a este itinerario, ademáis de conducir ó usuario polo núcleo histórico de A Rúa e os Muíños de Astrar.

Esta senda pasa ademáis por magníficas paraxes naturais como son a Carballeira de Santa Cristina ou o punto xeodésico de Arca, coñecido popularmente como “O Marco”. No lugar de O Marco, un dos puntos máis altos do concello, existe un miradoiro, dende o cal se pode divisar o territorio do Concello de O Pino e a súa comarca.

O principal obxetivo desta senda é dar a coñecer a riqueza patrimonial da parroquia de Arca, dentro do Concello de O Pino, e a posta en valor do seu entorno natural, creando unha senda que proporcione un interesante e agradable percorrido por esta zona, e contando ca audioguía virtual para a descripción dos camiños.

O principal obxetivo desta senda é dar a coñecer a riqueza patrimonial da parroquia de Arca, dentro do Concello de O Pino, e a posta en valor do seu entorno natural, creando unha senda que proporcione un interesante e agradable percorrido por esta zona, e contando ca audioguía virtual para a descripción dos camiños.

LONXITUDE DO PERCORRIDO
Trátase dunha senda circular duns oito quilómetros e medio de lonxitude. O punto departida desta senda sitúase en A Rúa (42º54’46, 8º21’13) e pasa polos lugares de O Picón, O Marco e Astrar para volver ó punto de inicio.


 PRINCIPAIS PUNTOS DE INTERESE PATRIMONIAL

CARBALLEIRA DE SANTA CRISTINA
Fermosa carballeira con árbores de gran porte. <


O MARCO
Punto xeodésico de maior altitude no Concello de O Pino dende o cal se observa unha impresionante panorámica dos Concellos limítrofes de Santiago de Compostela, Boqueixón, Touro, Arzúa, Frades e Oroso entre outros.

CORREDOIRA E MUÍÑOS DE ASTRAR
Fermosa corredoira que une os lugares de Astrar e A Rúa. Esta corredoira discorre pola marxe de dous muíños.



MAPA
Ver Ruta de Picón en un mapa máis grande

PERFIL

Senda Fluvial Botánica do Río Mera

DESCRIPCIÓN DA RUTA
A Senda Fluvial e Botánica do Río Mera discorre polas marxes do Río Mera dende o lugar da praia fluvial de A Tarroeira, onde se une co Río Tambre ata a Igrexa de Gonzar.

A senda divídese en dous tramos. O primeiro tramo vai dende a praia fluvial de A Tarroeira ata a Ponte Puñide, donde se atopa a coñecida ponte romana de Ponte Puñide e o afamado Muíño de Pena. O segundo tramo vai dende a Ponte Puñide ata a Igrexa parroquial de Gonzar. Todo un paseo ó longo do Río Mera para aqueles amantes do patrimonio natural e cultural, que ademais de disfrutar da senda botánica, pretendan facer un pequeño percorrido a maiores para visitar a Igrexa de Gonzar.

Esta senda pretende ser unha invitación ó coñecemento e interpretación dos valores e recursos naturais do entorno ripícola do Río Mera, a través do emprego das novas tecnoloxías. As marxes deste río, permiten a creación dunha senda, aproveitando a beleza e especies naturais das marxes do seu curso, así como os restos de elementos patrimoniais que aínda se conservan, como varios muíños.
 

Cada unha das especies naturais está debidamente sinalizada a través de identificadores de vexetación, nos que se explica o nome da planta ou árbore correspondente cunha pequena información das características da mesma.

LONXITUDE DO PERCORRIDO
Esta senda botánica forma unha ruta lineal de uns 4.300 metros aproximadamente, ó longo da cal están sinalizados cada un dos elementos naturais de maior interese, sen perxudicar nin as especies nin a paisaxe.

A senda ten o seu punto de partida na praia fluvial da Tarroeira, pasa pola Ponte Puñide ó carón do Muíño de Pena, ata rematar na Igrexa de Gonzar.


PRINCIPAIS PUNTOS DE INTERESE PATRIMONIAL

PONTE DE PONTE PUÑIDE. Fermosa ponte romana. Este lugar foi asentamento romano, con carácter de estación oficial, xa que se atoparon varios obxetos da época como un modio e unha figura de bronce, así como un sestercio e unha tégula. Neste lugar atópase unha mesa iterpretativa da Vía Romana XIX, que pasa por este mismo lugar
MAQUIA/ MUÍÑO DE PENA. O Muiño de Pena ou a Maquía de Pena era unha  auténtica industria, adicada á moenda do grao e o serradoiro de madeira dentro do Concello de O Pino. Proporcionou durante moitos anos un servizo indispensable ós veciños da comarca, empregando como forza motriz o salto de auga do río. A industria, pola súa propia natureza, foise convertindo nun punto de encontro da xente e lugar onde se contaban as noticias mentras se esperaba o turno para moer ou serrar. A fábrica seguíu traballando ata a década dos setenta, se ben nos últimos anos só se empregaba como muíño. Para entonces, o pai da propietaria, construíra un serradoiro con tecnoloxía moderna e que funcionaba con enerxía eléctrica. No ano 1998 comezaron os traballos de rehabilitación da vivenda, que remataron no 2003 cando O Muíño de Pena se convertíu nunha casa de turismo rural.
IGREXA DE GONZAR. Fermosa igrexa, de estilo barroco e planta de cruz latina, conta cun cruceiro ó seu carón moi femoso. Esta igrexa esconde a historia de Josefa Torres, unha veciña de O Pino que pasou varios anos sen comer nin beber e se lle deu fama de santa.

MAPA


Ver Ruta río Mera ampliada en un mapa máIs grande

PERFIL
Estás en Turismo Qué Facer Rutas a Pé

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information