DESCRIPCIÓN DA RUTA
A Senda Fluvial e Botánica do Río Mera discorre polas marxes do Río Mera dende o lugar da praia fluvial de A Tarroeira, onde se une co Río Tambre ata a Igrexa de Gonzar.
A senda divídese en dous tramos. O primeiro tramo vai dende a praia fluvial de A Tarroeira ata a Ponte Puñide, donde se atopa a coñecida ponte romana de Ponte Puñide e o afamado Muíño de Pena. O segundo tramo vai dende a Ponte Puñide ata a Igrexa parroquial de Gonzar. Todo un paseo ó longo do Río Mera para aqueles amantes do patrimonio natural e cultural, que ademais de disfrutar da senda botánica, pretendan facer un pequeño percorrido a maiores para visitar a Igrexa de Gonzar.
Esta senda pretende ser unha invitación ó coñecemento e interpretación dos valores e recursos naturais do entorno ripícola do Río Mera, a través do emprego das novas tecnoloxías. As marxes deste río, permiten a creación dunha senda, aproveitando a beleza e especies naturais das marxes do seu curso, así como os restos de elementos patrimoniais que aínda se conservan, como varios muíños.

Cada unha das especies naturais está debidamente sinalizada a través de identificadores de vexetación, nos que se explica o nome da planta ou árbore correspondente cunha pequena información das características da mesma.
LONXITUDE DO PERCORRIDO
Esta senda botánica forma unha ruta lineal de uns 4.300 metros aproximadamente, ó longo da cal están sinalizados cada un dos elementos naturais de maior interese, sen perxudicar nin as especies nin a paisaxe.
A senda ten o seu punto de partida na praia fluvial da Tarroeira, pasa pola Ponte Puñide ó carón do Muíño de Pena, ata rematar na Igrexa de Gonzar.
PRINCIPAIS PUNTOS DE INTERESE PATRIMONIAL
![]() |
PONTE DE PONTE PUÑIDE. Fermosa ponte romana. Este lugar foi asentamento romano, con carácter de estación oficial, xa que se atoparon varios obxetos da época como un modio e unha figura de bronce, así como un sestercio e unha tégula. Neste lugar atópase unha mesa iterpretativa da Vía Romana XIX, que pasa por este mismo lugar |
MAQUIA/ MUÍÑO DE PENA. O Muiño de Pena ou a Maquía de Pena era unha auténtica industria, adicada á moenda do grao e o serradoiro de madeira dentro do Concello de O Pino. Proporcionou durante moitos anos un servizo indispensable ós veciños da comarca, empregando como forza motriz o salto de auga do río. A industria, pola súa propia natureza, foise convertindo nun punto de encontro da xente e lugar onde se contaban as noticias mentras se esperaba o turno para moer ou serrar. A fábrica seguíu traballando ata a década dos setenta, se ben nos últimos anos só se empregaba como muíño. Para entonces, o pai da propietaria, construíra un serradoiro con tecnoloxía moderna e que funcionaba con enerxía eléctrica. No ano 1998 comezaron os traballos de rehabilitación da vivenda, que remataron no 2003 cando O Muíño de Pena se convertíu nunha casa de turismo rural. | ![]() |
![]() |
IGREXA DE GONZAR. Fermosa igrexa, de estilo barroco e planta de cruz latina, conta cun cruceiro ó seu carón moi femoso. Esta igrexa esconde a historia de Josefa Torres, unha veciña de O Pino que pasou varios anos sen comer nin beber e se lle deu fama de santa. |
MAPA
Ver Ruta río Mera ampliada en un mapa máIs grande
PERFIL
