Rutas a pe

Camiño de Santiago

O Pino é o municipio galego que máis quilómetros posúe do Camiño Francés, concretamente 18, polo que discorren anualmente milleiros de peregrinos e peregrinas. A ruta pasa por cinco parroquias do municipio: San Breixo de Ferreiros, San Miguel de Cerceda, Arca, San Miguel de Pereira e Castrofeito.

Con Arzúa ás costas do camiñante, comeza o percorrido neste concello pola parroquia de San Breixo, en Ferreiros. O Camiño vai xogando con múltiples recunchos e estampas únicas en beleza, tinxidas de verde na súa ampla gama cromática e de tons terra. O camiño pasa polos lugares de Calzada, Calle ou Boavista.

A medida que se avanza no Camiño, agochados entre a vexetación, atópanse detalles que fan referencia ao culto xacobeo. Os míticos montóns de pedras, o solitario par de deportivos de bronce que recordan a figura de Guillerme Watt, peregrino belga que faleceu tan pronto como chegou a Compostela ou incluso o paso doutros camiñantes con pequenos altares naturais improvisados en calquera estante natural. Xunto a eles, caprichos da natureza como unha árbore situada cerca dunha fonte e que presenta ocos iguais nas dúas caras.

Dende San Breixo de Ferreiros, o Camiño mantén un constante zigzag co actual trazado da estrada nacional 547. Paso tras paso o camiñante alcanza o núcleo de Salceda, onde de novo se suceden panorámicas vexetais conxugadas de forma harmoniosa coas construcións que se distribúen nesta zona do concello.

Encamiñados cara ao Xen, situado a 400 metros de altura, crúzase varias veces a estrada para iniciar un descenso que leva á parroquia de San Miguel de Cerceda, e tras un pequeno descanso nunha curiosa área á esquerda co Camiño de Compostela, chégase a O Empalme.

O Camiño continúa ata Santa Irea, onde se sitúa a ermida que leva o mesmo nome, acompañada dunha fonte con augas supostamente curativas. Segundo a lenda, neste lugar foi sacrificada a santa que dá nome ao enclave. A ermida é unha edificación relixiosa sinxela, que atesoura no seu interior un interesante retablo e varias imaxes, entre outras, a de San Pedro e Santa Irea. Data da Idade Media e foi realizada grazas á doazón dunha parella de nobres que residían cerca, na coñecida antigamente como Aldea das Dúas Casas, hoxe tamén un dos puntos polos que discorre o Camiño Francés. Na parte inferior da capela está a mencionada fonte, onde antano existía unha fermosa imaxe de Santa Irea, que foi roubada.

Deixando atrás o templo, cruzando unha antiga estrada, atópase un impresionante carballal, escenario cada 29 de xuño da multitudinaria romaría de San Pedro.

De volta ao Camiño, e tamén en Santa Irea, a carón da nacional 547, encóntrase o primeiro dos albergues de O Pino. Ubícase no inmoble que nos seus tempos fixo as funcións de casa consistorial. Conta moi cerca cunha coidada área de descanso para os peregrinos e peregrinas que se pasean por estas terras. Continuando a ruta, pásase por diante dun serradoiro e tras pasar por fermosas sendas naturais, chégase a A Rúa, onde se sitúa unha histórica fonte. Este núcleo remóntase á Idade Media e segundo as crónicas, acolleu hai séculos un inmoble que facía ás veces de hospital para peregrinos e de rudimentario albergue.

Seguindo en descenso, crúzase un pequeno regato, e de novo chégase á estrada. Aquí existen dúas opcións para o peregrino/-a: unha, camiñar uns metros máis arriba pola propia estrada e descansar no albergue de Arca, ou dous, continuar de fronte, dende O Burgo, que é o nome do lugar onde está o camiñante, para seguir a ruta. O albergue inaugurado no ano 1993, ten capacidade para máis dun centenar de persoas. Dispón de cociña, salón con cheminea, lavandería, cabalerizas e un agradable pórtico.capacidade para máis dun centenar de persoas. Dispón de cociña, salón con cheminea, lavandería, cabalerizas e un agradable pórtico. A Ruta Xacobea dende o Burgo atópase delimitada de novo por árbores e arbustos. Liña verde para desembocar no Colexio Público Camiño de Santiago e que continúa, pasos despois, noutro bosque onde, segundo a historia, houbo varios castros. Son enclaves que recordan en certa medida aos xa vistos en San Breixo ou en Santa Irea (salvo que nesta ocasión cara á onde imos é cara ao núcleo coñecido como Santo Antón.)

Neste punto existía, hai séculos, unha capela que foi destruída por un incendio e da que toma o seu nome a aldea, que tamén pertence a Arca. Continúase ata chegar a San Miguel de Pereira, en Amenal e o percorrido segue por Cimadevila ata chegar ao aeroporto que Lavacolla que delimita a fin do Pino e o inicio das terras compostelás



MAPA

Ver Camino Francés a Santiago por O Pino en un mapa máis grande

PERFIL

VÍA ROMANA XIX

DESCRIPCIÓN DA RUTA
A Via XIX entra no Concello de O Pino a través da parroquia de Pereira, procedente de Loureda (Boqueixón) e pasa moi preto da igrexa parroquial de San Miguel de Pereira. Deixando atrás esta parroquia o camiño segue por Alvarín para pasar despois por un desvío cara Alvite, e continuar todo recto pola estrada ata atopar a N-547 á altura do Amenal.

Neste cruzamento xírase á esquerda para continuar pola estrada nacional. Ao pouco atópase unha intersección á dereita en dirección Castrofeito, cara a onde hai que dirixirse. Continúase ata atopar unha confluencia de estradas e cóllese á esquerda. Vanse pasando varios desvíos a ambos lados ata chegar ao Pazo.

Crúzase o Pazo e séguese ata a bifurcación que hai baixo un tendido eléctrico, onde se torce á esquerda.

Pouco despois atópase unha estrada á dereita cara a Rial, pero séguese pola esquerda ata pasar outro desvío á man esquerda que se ignora. Continúase camiñando, achegándose ata a N-634. Un pouco máis adiante pode verse a igrexa parroquial de Santa María de Castrofeito, no lugar do Pazo. Continúase ata chegar á Casa do Xuíz.

Séguese e atópase outro cruzamento, no que se debe torcer á esquerda para coñecer o depósito arqueolóxico de Agra de Santiso, onde se atoparon restos da calzada romana, dúas aras e unha estela funeraria. Séguese e na primeira intersección á dereita, vírase e desembócase na N-634. Hai que camiñar moi pouco, ata outro cruzamento á dereita que leva a esa estrada nacional. Unha vez nela, séguese todo recto ata que, nunha intersección, pode verse a Capela de Santiso. Xunto a ela atópase un sinal de dirección de vía semicilíndrica.

Dende aquí continúase de fronte pola estrada onde está situada a capela. Un pouco máis adiante hai outro cruzamento, onde se torce cara á dereita, xusto antes da ponte que cruza a nacional cóllese á esquerda. Máis adiante atópase coa estrada nacional noutra intersección, onde queda á man esquerda o sanatorio da Robleda.

Continúase a ruta polo camiño que queda á esquerda da estrada nacional no que máis adiante se ve unha encrucillada a ambos os dous lados da nacional, que indica Budiño e Pedrouzo. Séguese camiñando de fronte, e nese punto acábase a estrada asfaltada e substitúea un camiño de terra. Continúase e tras uns 300 metros o camiño acábase.

Crúzase a N-634 e despois vese unha indicación cara a Rabal, onde morre o camiño. A partir deste punto débese seguir un tramo curto pola nacional e logo vólvese a virar cara á dereita por un pequeno tramo asfaltado que despois se transforma en camiño de terra.

Séguese polo camiño da dereita; ignórase un desvío á dereita dirección a Pedrouzo, e aquí, fronte a unha casa, parece que o camiño termina, pero debemos ir á dereita, bordeando a casa por detrás.

Metémonos por un camiño que vai cruzar o Río Mera, pasando por Ponte Puñide. Este lugar foi asentamento romano, con carácter de estación oficial, xa que se atoparon varios obxetos da época como un modio e unha figura de bronce, así como un sestercio e unha tégula. Neste lugar atópase de novo unha mesa interpretativa da Vía XIX.

Continúase polo camiño da dereita e pásase un desvío á esquerda para entrar en Vilar, onde remata ese camiño. Despois hai que seguir por un tramo de estrada e volve aparecer un camiño, ata unha indicación de Lameiro cara á esquerda. Neste punto é obrigado de novo saír á N-634 ata que de novo aparece o camiño. Despois chégase ao cruzamento de Gonzar, onde se toma a segunda estrada á dereita.

Máis adiante atópase unha intersección na que hai que coller o camiño da dereita. Comeza a baixar e aparece outro cruzamento e un desvío á dereita. Séguese de fronte, entre dúas casas. Na seguinte encrucillada vírase á esquerda.

Séguese camiñando e, no seguinte cruzamento, cóllese á esquerda. Pasando Amarelle, atópase un sinal de STOP, onde se torce á dereita. Ignórase o camiño de terra que aparece á esquerda e cóllese o seguinte desvío á esquerda, que leva a unha granxa. Antes de chegar á granxa tórcese á dereita, xusto antes dunha propiedade privada, para seguir polo camiño de terra.

Continúase por ese camiño ata que cruza coa estrada. Neste punto tórcese á dereita e no seguinte cruzamento á esquerda. Séguese un tramo recto e encóntranse algunhas casas entrando en Cimadevila. Ao pasar estas casas vese outro cruzamento, tamén sen asfaltar e o camiño segue de fronte. Continúase e atópase unha explotación gandeira á esquerda e, á mesma altura, un camiño que se mete á dereita. A partir de aquí o camiño continúa polo limítrofe Concello de Arzúa

LONXITUDE DO PERCORRIDO
Distancia: 21,83 km.
Distancia lineal: 16,11 km.
Altura máxima: 390 m.
Altura mínima: 250 m.
Pendente máxima: 10,16 %
Pendente mínima (baixada): 9,6 %




MAPA

Ver Vía Romana XIX en un mapa máis grande

PERFIL

Itinerario Cultural da Montaña

DESCRIPCIÓN DA RUTA
O “Itinerario Cultural da Montaña” preséntase como unha alternativa diferente para aqueles visitantes que queiran descubrir os elementos máis característicos da parte norte do Concello de O Pino, dunha maneira diferente.

Trátase dun itinerario para facer principalmente en vehículo, xa que a maioría do trazado discorre por pistas asfaltadas, coa axuda da audioguía virtual coa que se pode chegar ata cada un dos elementos patrimoniais que forman este itinerario.

Este itinerario discorre polas parroquias de Lardeiros e Pastor, poñendo en valor os elementos patrimoniais que as caracterizan e as fermosas paraxes naturais máis importantes destes dous lugares.
 

Este percorrido pretende ser unha  invitación ó coñecemento e interpretación dos elementos patrimoniais destas das parroquias de Lardeiros e Pastor, así coma dos valores e recursos naturais do entorno ripícola do Río Noa.

LONXITUDE DO PERCORRIDO
Trátase dun itinerario circular duns dezaoito quilómetros de lonxitude, que ten como punto de partida a área recreativa de Pontedapedra (42º58’22, 8º17’21).


PRINCIPAIS PUNTOS DE INTERESE PATRIMONIAL

RIO NOA E FERVENZA
ÁREA RECREATIVA DE PONTEDAPEDRA.
CARBALLEIRA DE VIMIEIRO

PAZO DE PORTOUTEIRO
Pazo de construcción sinxela que presenta un único escudo na fachada. A antigüidade do escudo data do século XVIII en el pódense observar o brazo armado de Vilardefrancos, a árbore e as estacas dos Leis, o lobo dos Moscoso e a torre de Pardiñas ou Riobó. ESTE PAZO É DE PROPIEDADE PRIVADA, E NON SE PERMITE Ó ACCESO Ó MESMO, SALVO COA AUTORIZACIÓN CORRESPONDENTE POR PARTE DOS SEUS PROPIETARIOS.

IGREXA DE PASTOR
Igrexa do século XIX, de planta rectangular e unha nave .


 IGREXA DE LARDEIROS- CATEDRAL DA MONTAÑA
Igrexa parroquial de estilo barroco dos século XVII. Planta de cruz latina, dunha nave con capelas adousadas ás costas.


MAPA
Ver Ruta de Montaña en un mapa máis grande

PERFIL

Estás en Turismo Qué Facer Rutas a Pé

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information