Audioguías Virtuáis

O Concello de O Pino, ten a disposición dos veciños e veciñas, peregrinos e turistas unhas audioguías virtuais que permitirán disfrutar do patrimonio cultural e natural do municipio de maneira interactiva.

A audioguía que funciona como servizo de préstamo, é semellante á que se pode atopar nos museos para seguir e informarse das exposicións, pero que incorporando a tecnología GPS conduce ó visitante por rutas, ou permite navegar libremente polo entorno de O Pino e achegarse ós puntos de interese, mostrándolle ó seu paso un vídeo multimedia que relata con audio e imaxes o destacable dese punto.

Trátase dunha nova estratexia que permite o desenvolvemento turístico e cultural de O
Pino, empregando as vantaxes que as novas tecnoloxías nos ofrecen. Este sistema brinda  ó usuario a facilidade e comodidade de disfrutar dun guía turístico no seu idioma permitíndolle adentrarse nos lugares e coñecendo a súa arquitectura e paisaxe.

O modelo é unha guía turística portable, é dicir, un dispositivo multimedia con xeoposicionamento vía satélite (GPS) que permite ó usuario guiarse a través do entorno, elixindo un destino concreto ou unha ruta predeterminada, a donde será guiado polo percorrido ofrecéndolle información relevante dos lugares polos que transite.

Este dispositivo está dispoñible en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

Estás en Turismo Qué Facer Audioguías Virtuáis

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information