Festas

En O Pino existen numerosas celebracións, relacionadas sobre todo co capítulo relixioso. Destacan, pola súa concorrencia, as festas da Madalena, en Castrofeito o 22 de xullo, e a de San Pedro en Arca o 29 de xuño.

Tanto a Magdalena como a festa de San Pedro son romarías populares, en senllas carballeiras, cun gran poder de convocatoria. A súa estrutura é moi semellante, con misa solemne ó mediodía, comida campestre, e animadas verbenas. Ambas, A Magdalena (22 de xullo) e o San Pedro (29 de xuño) están declarados festivos locais. Neste último caso, cabe destacar unha curiosa tradición que se mantén inalterable co paso dos anos. A festa sempre a organiza unha pequena e voluntariosa comisión formada por mozos. De feito, agás algúns apoios recabados a maiores, sufrágase coas aportacións que realizan, na parroquia de Arca, o fillo maior e a filla maior de cada casa até que contraian matrimonio.

Capítulo aparte merece a concorrida Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, que no ano 2010 foi declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia, tras a celebración da súa undécima edición. A cita é o primeiro fin de semana de agosto na parroquia de Arca. Celébrase a Feira dos Galos Vivos, onde un xurado premia ás mellores parellas presentadas ó concurso. Existe unha Feira Celta, varios concertos e un xantar popular protagonizado pola carne de galo. Aparte tamén se celebran diferentes probas, competicións e exhibicións ecuestres.

Outras festas parroquiais son:

Parroquia de Arca:
10.11 e 12 de decembro- Santa Eulalia
Domingo de Corpus- Corpus Christy

Parroquia de Budiño:
15 de agosto- Santa María
Domingo seguinte a Corpus- Corpus Christy

Parroquia de Castrofeito:
Derradeiro Domingo de Xaneiro- Santiso
15 de agosto- Santa María

Parroquia de Cerceda:
Corpus Christy
29 de setembro- San Miguel

Parroquia de Cebreiro:
7 xaneiro- San Julián
3º Domingo de agosto- San Sadurniño

Parroquia de Gonzar:
15 de agosto- Santa María
1º domingo de setembro- San Andrés

Parroquia de Lardeiros:
7 de xaneiro- San Julián
Derradeiro domingo de xullo- Corpus


Parroquia de Medín:
26 de decembro- San Esteban
Domingo seguinte a Corpus- Corpus

Parroquia de Pastor:
10 de agosto- San Lorenzo

Parroquia de Pereira:
29 de setembro- San Miguel
Maio – As funcións

Parroquia de O Pino:
22 de xaneiro- San Vicente
3 de febreiro- San Blas
2º Domingo seguinte a Corpus- Corpus Christy

Parroquia de San Breixo de Ferreiros:
1 de outubro- San Breixo

Parroquia de San Mamede de Ferreiros:
2 de febreiro- As Candeas
7 de agosto- San Mamede  
Derradeiro Domingo de Agosto- San Ramó

Estás en Turismo Festas Festas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information