Servizos Municipais

Piscina Municipal

Piscina Municipal de O Pino Piscina Municipal de O Pino

A Piscina Municipal do Concello de O Pino, está situada no lugar de Pazos, na parroquia de Arca.

Esta instalación está aberta durante o período estival para veciños do concello e visitantes. Ofértanse clases de natación para todas as idades, adaptadas os niveis de iniciación e perfeccionamento de estilos.

TARIFAS E CARNÉ DE USUARIO
A piscina municipal de O Pino, está aberta desde o mes de xuño ata o mes de setembro. Os usuarios poden facer un carné de aboado, que poderán solicitar no departamento de deportes do concello.
Consulta as taxas da piscina municipal

NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA OS USUARIOS DA PISCINA

  • Non se permite a entrada de animais nas instalacións, agás cans guías.
  • Está prohibido comer, beber e fumar na zona de praia, reservada para os bañistas.
  • Non está permitida a entrada na zona de baño con calzado de rúa. Utilizaranse chancletas ou calzado de baño. Non se permite andar descalzo nestas zonas.
  • É obrigatorio ducharse antes da inmersión e utilizar gorro de baño.
  • Para evitar posibles caídas, non se pode correr arredor dos vasos.
  • Está terminantemete prohibido tirarse de cabeza ou entrar con violencia na auga (non se permiten “as bombas”)
  • Prohíbense os xogos na auga con materiais que supoñan algún risco ou molestia para os bañistas (balóns, colchonetas ou outros non autorizados polos socorristas).
  • As rúas delimitadas por boias son para uso exclusivo de cursiños ou nado libre.
  • Os desperdicios deberán ser depositados nas papeleiras.
  • O aforo máximo de utilización dos vasos é de 150 (vaso adultos) e 21 (vaso nenos).

HORARIO: 12:00 a 20:00 (TEMPADA DE VERÁN DENDE XUÑO A SETEMBRO)
TELÉFONO: 981 51 10 02

Estás en Servizos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information