Servizos Municipais

Escola Infantil de O Pino

alt

A Escola Infantil do Concello de O Pino está situada na Rúa Forcarei, na parroquia de Arca. O centro pertence á Rede de Escolas Infantís de Galicia “Galiña Azul” do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Conta cunhas instalacións completamente equipadas, con aulas independentes para acoller a un total de 41 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade. Dispón ademais de aulas de uso colectivo e dun patio exterior cunha pequena horta na que os nenos e nenas poden interactuar e manipular productos do campo.

A escola conta conta con persoal especializado na atención á primeira infancia así como dispón dunha persoa de apoio para o desenvolvemento de servizos de carácter xeral. As instalacións contan con servizo de comedor.

Os prezos da Escola Infantil son públicos e están regulados por decreto, calculándose en función da renta per cápita de cada familia e en función das horas e servizo que precisen en cada caso.

HORARIO
De luns a venres de 7:30 a 20:30 (o horario pode verse reducido na apertura e/ou peche da escola en función da demanda das familias para cada curso escolar)

CONTACTO
Teléfono: 981 51 10 12

http://www.igualdadebenestar.org

Estás en Servizos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information