Escola de Música

A Escola de Música de O Pino, ocupa a metade do edificio rehabilitado do antigo centro médico de Arca. Está asentada sobre unha superficie de 162 metros cadrados, na Avd de Lugo (Arca).

Conta con cinco aulas de música, un salón polivalente, despachos de administración, dous aseos preparados para persoas con limitacións da movilidade, e un cuarto de limpeza.

Este edificio está xestionado na actualidade pola prestixiosa Banda de Música de Arca, no que se imparten clases de linguaxe musical e educación auditiva a niveles elemental e profesional, e prepáranse ós alumnos para o seu posterior ingreso no conservatorio.

A Banda de Arca busca a maior diversidade musical posible, ofrecendo neste espazo clases de:

  • Bombardino
  • Clarinete
  • Frauta
  • Percusión- caixa, bombo, pratos, batería, timbais, xilófono, etc
  • Saxofón-alto, soprano, barítono e tenor
  • Trombón de varas
  • Trompa
  • Trompeta
  • Tuba
  • Solfeo e linguaxe musical

CONTACTO BANDA DE ARCA
Teléfono: 629 71 74 19
www.bandadearca.com
Facebook: Banda de Arca

Estás en Servizos Escola de Música

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information