Novas

SOLICITUDE DE AXUDAS POR FILLOS A CARGO MENORES DE 3 ANOS

O Concello do Pino informa que está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único ao que se poden acoller aquelas familias que a data 1 de xaneiro deste ano tivesen ao seu cargo fillos menores de 3 anos, e que no ano 2016 ningún dos membros da unidade familiar estivese obrigado a presentar a declaración polo imposto do IRPF. Desta prestación tamén se poden beneficiar as familias adoptantes. A contía da axuda varía segundo sexa a primeira filla ou fillo (360 euros), a segunda (1.200 euros) ou o terceiro e sucesivos (2.400 euros). O prazo remata o 21 de marzo. As solicitudes deben facer preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da xunta de Galicia https:/sede.xunta.es As persoas que o precisen poden acudir aos Servizos Sociais do Concello do Pino para solicitar información sobre os trámites a seguir. Podes descargar o bando do alcalde no arquivo que acompaña esta nova.
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (20180305_prestacion_fillo_cargo.pdf)Bando prestación por fillos a cargo 84 Kb

AXUDAS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA ÁS EMPRESAS

A Deputación da Coruña convocou distintas axudas enmarcadas no Plan de Emprego Local dirixidas ás empresas que teñan o domicilio fiscal e centro de traballo en algún municipio da provincia da Coruña:

LÍNEA 2: PEL EMPRENDE INVESTIMENTO 2018 - Convocatoria de axudas á consolidación do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables relacionados co desenvolvemento da actividade empresarial(maquinaria, aplicacións informáticas, mobiliario ou equipos e útiles de traballo). As empresas que queira solicitar as axudas, deberán ter unha antigüidade máxima de 5 anos anteriores ao 15 de febreiro de 2018, tanto si son persoas físicas como xurídicas. O presuposto mínimo de gasto deberá ser de 2.500 € e máximo de 25.000 (excluído o IVE), do cal poderán solicitar, como máximo, o 80% acadando 20.000 € de subvención (excluído o IVE) podendo incrementarse 3.000 € máis se o solicitante ten a empresa nun concello de menos de 20.000 habitantes, si é una muller ou si é una persoa con discapacidade igual ou superior ao 33% ou en risco de exclusión social. Os investimentos deberán realizarse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.


LÍNEA 3.1: PEL - PEMES 2018 - Convocatoria de incentivos á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas, consistente na contratación dun/dunha traballador/a en situación de desemprego e inscrito como demandante de emprego na Oficina de Emprego. A duración do contrato deberá de ser por un período mínimo de 12 meses, acadando o 75% dos custos salariais totais cun mínimo de 13.500 € e máximo de 16.500 € de subvención, segundo a categoría profesional do traballador/a a contratar. Serán subvencionables as contratacións realizadas entre o 1 de xaneiro de 2018 e ata dous meses despois da data de resolución de concesión da axuda.


LÍNEA 3.2: PEL - PEMES. MANTEMENTO 2018 - Convocatoria do programa de incentivos ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. Para acollerse á subvención, a empresa deberá ter sido beneficiario/a da subvención PEL PEMES 2017 e ter levado a cabo a contratación de maneira indefinida e manter a mesma á data de solicitude desta axuda. A axuda cubrirá como máximo o 50% dos custos salariais totais da persoa contratada dende o momento en que finalice o período subvencionable anterior. O importe da subvención a conceder irá dende os 9.000 € aos 11.000 € segundo a categoría profesional na que estea enmarcado o traballador/a.


PRAZO DE SOLICITUDES: Dende o 28 de febreiro ata ás 14:00 horas do 22 de marzo de 2018. A tramitación das solicitudes realizaranse de maneira telemática en todalas fases do procedemento: solicitude, concesión e xustificación.


Ver convocatorias en arquivos adxuntos:


AXUDAS DO IGAPE-PROGRAMA GALICIA RURAL EMPRENDE

O Instituto Galego de Promoción Económica (Xunta de Galicia), concede subvenciós a fondo perdido a proxectos en réxime de concorrencia competitiva para a creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sostenibilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais. Enlace

BENEFICIARIOS:

a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.

b) As microempresa e pequenas empresas de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.

c) As persoas físicas que residan nunha zona rural e que creen unha nova empresa ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.

SECTORES INCENTIVABLES:

Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:

a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE).

c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos, ...).

d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).

e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TICs), innovación tecnolóxica e comercio electrónico

h) Actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.

i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros?) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.

Non se considera que existe nova actividade se a persoa física ou calquera dos socios dunha peme desenvolvese a mesma actividade por conta propia nos 12 meses anteriores á data da solicitude de axuda.

CONTÍA DAS AXUDAS:

A axuda consistirá nunha prima cuxa contía básica establécese en 20.000 euros, e que poderá incrementarse ata un máximo de 70.000 euros nas seguintes situacións:

a) De acordo ao seguinte rango de gasto e investimento admisible:

1º De 20.000 a 30.000 : incremento sobre a prima básica de 12.500 euros.
2º De 30.001 a 40.000 : incremento sobre a prima básica de 17.500 euros
3º De 40.001 a 60.000 : incremento sobre a prima básica de 25.000 euros
4º De 60.001 a 80.000 : incremento sobre a prima básica de 31.500 euros
5º De 80.001 a 100.000 : incremento sobre a prima básica de 40.500 euros
6º Maior de 100.000 : incremento sobre a prima básica de 45.000 euros

b) Creación de emprego indefinido (mínimo 1 emprego UTA). A creación de emprego debe ser adicional, ademais da man de obra correspondente ao beneficiario da axuda: 20.000 euros.

c) Ubicación nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións específicas relacionadas no anexo VII das bases reguladoras: 5.000 euros.

PRAZO DE SOLICITUDES: Ata o 26 de marzo.

Máis información: Enlace











SOLICITUDE ESPECTÁCULOS REDE CULTURA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

As entidades sin ánimo de lucro, poderán solicitar os espectáculos incluídos no programa ALICERCE da Rede Cultural da Deputación da Coruña ata o vindeiro  20 de febrero ás 14:00 horas. Deberán dispoñer de certificado dixital ou DNI electrónico para a tramitación da solicitude. A Deputación cofinanciará o 70% do importe do espectáculo. Poderán solicitar como máximo 1 espectáculo.

Enlace ás bases: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/12/14/2017_0000010617.pdf

Enlace consulta espectáculos: https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/redcultural/espectaculos

Enlace á plataforma SUBTEL: https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/acceso/login



Dano cerebral adquirido. Charla informativa

A traballadora social da Asociación Sarela Olalla Domínguez vai impartir unha charla informativa sobre o "Dano cerebral adquirido" o venres 23 de febreiro, a partir das 18.00 horas, no Centro Sociocultural Luis Seoane de Arca. Falará sobre ictus, traumatismos e outras causas que provocan dano cerebral, ao tempo que nos dará consellos sobre a prevención, a atención e a rehabilitación que precisan as persoas que os sofren. O dano cerebral adquirido é unha das principais causas de discapacidade e dependencia en persoas adultas. Sarela, Asociación de Dano Cerebral Adquirido, ten unha grande experiencia na atención a persoas que pasan por esta situación.? Máis información en www.sarela.org


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (20180223_Sarela_Charla_O_Pino.pdf)Charla Sarela sobre Dano Cerebral Adquirido 161 Kb

Entroido 2018. Concurso de disfraces

O Departamento de Cultura do Concello de O Pino organiza o XX Concurso de Disfraces para celebrar o Entroido 2018. Celebrase o domingo 11 de febreiro na Praza do Concello. A inscrición ábrese ás 16.30 horas e o concurso comenzó ás 17.30. Se queres participar, consulta as bases que figuran no documento adxunto.


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (20180211_BASES_ENTROIDO.pdf)Bases Concurso Disfraces Entroido 2018Bases do Concurso de Disfraces do Entroido 2018. Concello de O Pino273 Kb

Campaña de Inverno 2018


O Concello de O Pino colaborará na Campaña de Inverno 2018 da Deputación da Coruña. Dita campaña vai dirixida a rapaces/zas nados/as nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007 e levarase a cabo na Estación de Esquí de Cabeza de Manzaneda, con actividades dirixidas por monitores especializados, transporte e manutención incluida.
 
Desta volta ao Concello de O Pino adxudicáronselle 3 prazas na 5ª quenda que se levará a cabo dende o 09/03/2017 ate o 12/03/2017.
 
Para poder participar na mesma, tod@s @s interesados deberán presentar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada na Casa do Concello con data límite o 19 de xaneiro ás 14 horas.
Dita ficha poderán solicitada no Concello directamente, ou descargala nesta web (ver arquivo adxunto).
 
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (TRIPTICO_CAMPANA_DE_INVERNO_2018-1.pdf)Ver tríptico 447 Kb

REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN 2018 - APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN

Mediante convocatoria da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña para o ano 2018, aqueles grupos non profesionais de música, danza e teatro poderán solicitar a inscrición telemática no programa  ALIERCE ata o vindeiro día 27 de decembro ás 14:00 horas  na súa plataforma informática: https://www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural

Para a súa tramitación deberán disponer de DNI electrónico ou certificado dixital.

Enlace convocatoria: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/12/14/2017_0000010617.pdf

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/12/14/2017_0000010617.html

O cofinanciamento é o seguinte:

Entidade: 30% do importe do espectáculo

Deputación: 70% do importe do espectáculo

Os participantes neste programa deberán realizar as actuacións fóra do termo municipal en que estean radicados.

Lecer Nadal 2017


Os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018 levarase a cabo no Centro Escolar CPI Camiño de Santiago, o programa LECER NADAL que entra dentro das actividades de conciliación da vida familiar e laboral do Concello de O Pino.

Este programa vai dirixido a rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos e realizarase en horario de 09:00 a 14:00 horas. No mesmo os asistentes poderán desfrutar de obradoiros, xogos cooperativos, reciclaxe, manualidades e moito máis!!.

Xa te podes inscribir e consultar toda a información aquí e inscribirte na casa do Concello de O Pino.


#NADALLUDICO #NADALENFAMILIA




Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (fichasinscricion.pdf)FICHAS DE INSCRICIÓN.pdf 138 Kb
Estás en Novas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information