Novas

CONVOCATORIA PARA INSCRICIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.
Para poder participar nas probas as persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
  1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
  2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
  3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, apartado 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
  4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2015/2016 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
Os prazos de matrícula serán:
  • Convocatoria de maio: do 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas na primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Ver convocatoria e impresos de solicitude en arquivos adxuntos:

SOLICITUDE DE PRESTACIÓN ECONÓMICA PAGAMENTO ÚNICO POR FILLOS/AS A CARGO MENORES DE 3 ANOS


MANUEL TABOADA VIGO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE O PINO

INFORMA


ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRESTACIÓN ECONÓMICA PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS/OS A CARGO, MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2016


BENEFICIARIOS

-Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nados entre o 2.1.2013 e o 1.1.2016, incluídos) e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria.

-No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

TIPO DE AXUDA E CUANTÍA

  1. Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  2. Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  3. Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.


SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN

-As solicitudes e documentación estarán disponibles na guía de procedementos e servizos que está no enderezo

http://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos. Así mesmo, poderán solicitar a información e obter a solicitude dirixíndose aos Servizos Sociais do Concello antes do remate de prazo.

LUGAR E PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para presentación de solicitudes remata o 7 de marzo de 2016.

-As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica, a través de sede electrónica de Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para a presentación das solicitudes será necesario o D.N.I. electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

-Opcionalmente tamén poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da LRX-PAC.

-A documentación complementaria poderase presentar electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal, tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares ou rexistros establecidos no artigo 38.4 de lei LRX-PAC

O Pino, 27 de xaneiro de 2016

O Alcalde,



CURSO ACTIVIDADES AUXILIARES EN AGRICULTURA - TOURO

RedeXiana2 :: PROGRAMA ACCION FORMATIVA

Este curso está enmarcado dentro do programa RedeXiana2 da Deputación da Coruña no que O Concello de O Pino está integrado. Realizárase no Concello de TOURO de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, cunha duración total de 570 horas, das cales 330 son teóricas + 40 de orientación laboral e 200 de prácticas en empresas. O curso comezará no mes de febreiro (data por concretar)

Trátase dunha acción convenidada coa Xunta de Galicia a través da cal as persoas que rematen axeitadamente a fomración terán acceso ao certificado de profesionalidade correspondente ao NIVEL 1 de cualificación. 

Os contidos do curso son;

  • Realizar operacións auxiliares para a preparación do terreo, sembra e plantación de cultivos agrícolas.
  • Realizar operacións auxiliares para o rego, abonado e aplicación de tratamentos en cultivos agrícolas.
  • Realizar operacións auxiliares nos coidados culturais e de recolección de cultivos e no mantemento das instalacións en explotacións agrícolas.

Ás persoas interesadas en participar esixiráselle o certificado de escolaridade ou equivalente.

O prazo de inscrición remata o luns 15 de febreiro. As persoas interesadas deberán aportar os seguintes documentos:

  1. Fotocopia de DNI ou do NIE no seu caso.
  2. Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada.
  3. Certificado ou volante de empadroamento no Concello de O Pino.
  4. Informe de Vida Laboral actualizado (emitido no mes no que se realiza a inscrición).
  5. Copia compulsada da titulación mínima requerida que lle da acceso á formación
A maiores da documentación mencionada, as persoas que se atopen ou posúan algunha situación especial deberán acreditar tal situación mediante a presentación de documentación adicional seguinte:

  • Inmigrante non comunitario: Tarxeta de residencia vixente con autorización para traballar.
  • Emigrante retornado/a: Baixa consular vixente (2 anos dende a súa emisión), expedida pola Oficina Consular española na que estivese inscrito/a
  • Minoría étnica: Informe de Servizos Sociais Municipais.
  • Discapacitado/a: Certificado de Minusvalía debidamente actualizado, expedido polo órgano competente.
  • Responsable de persoas dependentes: Informe de Servizos Sociais Municipais e Certificado de Convivencia
  • Problematicas socio- familiares: Informe de Servizos Sociais Municipais
  • Persoa que volve ao mercado laboral: Informe de Vida Laboral e Informe dos Servizos Sociais Municipais
  • Perceptor/a RISGA: Resolución de concesión da axuda.
  • Primeiro Emprego: Informe de Vida Laboral.
Para realizar a inscrición deberán dirixirse á Oficina de Desenvolvemento Local.

SUBVENCIÓNS PARA EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) concede subvencións para a instalación de equipamentos que utilicen biomasa como combustible.

Os conceptos subvencionables son:
  • Custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extración de cinzas)
  • Resto de accesorios da instalación
  • Custo de sistema de almacenamento e alimentación do combustible
  • Custo de montaxe e conexionado
  • IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IV
CONTÍA: A intensidade máxima de axuda será do 50%, calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación

O prazo de solicitude comeza o 1 de febreiro e finaliza o 1 de marzo de 2016. As entidades colaboradoras adheridas ao programa, e dicir, os establecementos de venda, serán as encargadas de realizar a venda, tramitar a solicitude e instalar os equipos.

Información sobre as entidades colaboradoras adheridas: 

http://www.inega.es/subvencions/subvencions/Energiasrenovables/2016/ficha_renovables2016_0002.html

Normativa en arquivo adxunto

XVIII Concurso de Disfraces de Entroido do concello de O Pino

Domingo 7 de febreiro a partir das 17:00 horas na Praza do Concello.

Noraboa os gañadores do XVII Concurso de Carteis onde poden participar todos os nenos/as empadroados no concello de 3 a 17 anos.

Grazas a todos/as pola vosa participación.



Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (BASES_CONCURSO_entroido_2016.pdf)BASES_CONCURSO entroido 2016BASES_CONCURSO entroido 201628 Kb

SUBVENCIÓNS PARA RENOVACIÓN DE CUBERTAS E REHABILITACIÓN DAS FACHADAS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, concede subvencións para a renovación de cubertas con tella cerámica e rehabilitación con granito das fachadas.

A contía da subvención será do 40% dos custos totais subvencionables (55 € por m2,  no caso de cubertas) e no caso das fachadas cun máximo de 12.000 € por vivenda unifamiliar illada e de 40.000 € por edificio de vivendas en bloque.

O prazo de solicitudes comeza o 20 de xaneiro ata o 20 de abril de 2016, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

Información na Dirección Xeral de Enerxía e Minas a través de:

http://economiaeindustria.xunta.es ou ben nos teléfonos: 981 95 70 92 ou 981 95 72 59.


Máis información das convocatorias nos arquivos adxuntos

CURSOS CARNÉ APLICADOR PRODUTOS FITOSANITARIOS

Según o disposto no RD 1311/12 dende o  26 de novembro do 2015 o carnet Básico de aplicador de produtos fitosanitarios é obrigatorio para os agricultores que realizan tratamentos fitosanitarios na propia explotación. Tamén se expedirán para o persoal auxiliar da distribución que manipule produtos fitosanitarios.


A través do Plan de formación continua no agro galego 2016, a Xunta organiza accións formativas no agro como son os cursos de usuarios profesionales de produtos fitosanitarios, entre eles están:

1.- Cursos de NIVEL BÁSICO para obter o carné de aplicador de produtos fitosanitarios.

2.- Cursos para RENOVACIÓN do carné de NIVEL BÁSICO de aplicador de produtos fitosanitarios.


Os interesados na realización de calquera deles poden pasar pola Oficina Agraria Comarcal de Arzúa para solicitalos, anexando copia do D.N.I. en ámbolos dous casos, e nos casos de renovación, a maiores, fotocopia do carnet de nivel básico caducado e as taxas de renovación.


Para coñecer a demanda de estes cursos e a súa posterior planificación, anotarse na Oficina Agraria de Arzúa antes do 27 de xaneiro de 2016.



OFICINA AGRARIA COMARCAL DE ARZÚA

Tel.: 981 500 062

CAMPAÑA DE ESQUÍ 2016

Aberto o prazo de inscrición para a Campaña de Esquí 2016 da Deputación da Coruña. 

A Campaña de Esquí 2016 irá dirixida a rapaces e rapazas nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005, residentes e empadroados no Concello de O Pino.

Os participantes gozarán de cinco días na estación invernal de Leitariegos (León), ademais de poder desfrutar dos cursos de esquí.


Ao Concello de O Pino corresponderalle a cantidade de 3 prazas na queda 5 do 6/03/2015 ao 11/03/2016



INSCRICIÓNS


Para poder participar, deberás rellenar a ficha de inscrición que poderás descargar e presentar no Concello (Departamento de Deportes) no seguinte enlace:


https://www.dicoruna.es/files/2714/5251/9220/triptico20nieve202016.pdf 



A data límite para presentala será o venres 22 de xaneiro de 2016 ás 14:30 horas.


Máis información en https://www.dicoruna.es/deportes/campana-esqui/ 

CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS DEPUTACIÓN PARA ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

A Deputación Provincial da Coruña convoca subvencións dirixidas ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de actividades e investimentos de promoción económica, culturais, deportivas, servizos sociais e entidades asociativas agrarias labregas durante o ano 2016.

As subvencións deberán tramitarse obrigatoriamente de xeito telemáticos, a través da páxina web da Deputación da Coruña:https://www.dicoruna.es/subvencions/

Para poder tramitar as subvencións, as entidades deberán dispoñer dun enderezo de correo electrónica e certificado dixital ou DNI electrónico da Presidencia e Secretaría da propia entidade.

O prazo para a presentación de solicitudes remata ás 14:00 horas do 15 de xaneiro de 2016.

Enlace directo ás convocatorias das subvencións BOP 25 de novembro de 2016: http://bop.dicoruna.es/bopportal/ultimoBoletin.do;jsessionid=CAE48694FF7812C811CBCB530528FA79



Enlace Bases Reguladoras común para todas as entidades BOP 18 de novembro de 2016:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/11/18/2015_0000011148.pdf

Tamén poderán descargar as convocatorias nos arquivos que se xuntan:

Estás en Novas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information