Novas

CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES/AS DESEMPREGADOS/AS MEDIANTE O PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Concello de O Pino,  a través do "Programa de Integración Laboral  mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes anualidade 2016" da Deputación da Coruña, contratará a 5 peóns xardineiros en situación de exclusión laboral (ver bases en documento adxunto) para mantemento e limpieza de espazos públicos naturais.

As persoas interesadas nestes postos de traballo, deberán estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, antes do vindeiro 23 de maio, data na que o Concello presentará a oferta solicitando candidatos para a súa selección.
Máis información en arquivos adxuntos

Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (bando.pdf)bando.pdf 436 Kb
Descargar este adjunto (bases selección.pdf)bases selección.pdf 1048 Kb

CURSOS DE FORMACIÓN GRATUÍTOS

O Concello de O Pino, vai realizar cursos de formación gratuítos, en colaboración coa Deputación da Coruña dirixidos ós desempregados e desempregadas do municipio.

Os cursos que se van a realizar son:
  • INFORMÁTICA (Iniciación)
  • INFORMÁTICA (Perfeccionamento)
  • MANIPULADOR DE ALIMENTOS
  • CARRETILLERO

As inscricións realizaranse presencialmente, por orden de inscrición,  na Oficina de Desenvolvemento Local ata o vindeiro 20 de maio.
Máis información en documentos adxuntos


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (bando cursos.pdf)bando cursos.pdf 329 Kb
Descargar este adjunto (IMPRESO SOLICITUDE.pdf)IMPRESO SOLICITUDE 203 Kb

APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES DE GRUPOS DA REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación Provincial publica no BOP de hoxe a apertura do prazo para que as asociacións sen ánimo de lucro podan solicitar actuacións dos grupos inscritos na Rede Cultural.

O prazo comezará o 22/04/2016 desde as 00:00 horas ata o 12/05/2016 ás 14:00 horas

O presidente da entidade deberá dispoñer de certificado dixital para tramitar a solicitude obrigatoriamente de xeito telemático a través da páxina web da Deputación: http://www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural/, na cal tamén poderá consultar os grupos inscritos que poderá solicitar.

Para máis información:

BOP do 22/01/2016: Bases reguladores

BOP do 21/04/2016: Anuncio prazo de solicitudes.



Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (ANUNCIO PRAZO SOLICITUDE.pdf)ANUNCIO PRAZO SOLICITUDE.pdf 63 Kb
Descargar este adjunto (BASES.pdf)BASES.pdf 195 Kb

XIII Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino

O domingo 1 de maio celebrarase a décimo terceira edición da carreira popular do concello, unha proba que despois de 12 edicións está a atraer cada día máis afección ao deporte do atletismo no Concello de O Pino.

As probas darán comenzo ás 10 horas coa disputada da tradicional proba de canicross, unha proba moi especial pioneira nas probas galegas en ruta desta especialidade. A proba absoluta será ás 10.45 horas e a partir de ahí iranse sucedendo as diferentes probas das categorías restantes.

As inscricións poderán realizarse na páxina web www.carreirasgalegas.com (enlace directo: http://www.carreirasgalegas.com/carreira/xiii-carreira-pedestre-concello-de-o-pino/000388ac-20c2-4a76-c090-39d67274ecb4 ) ata o mércores 27 de abril ás 23.59 horas. Consulta nesta nova o reglamento das probas.

Calquera dúbida poderana consultar no Departamentos de Deportes do Concello (Tf 981511002).


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (contador8.pdf)contador8.pdf 27 Kb

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2016


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (campamentos_veran.pdf)Campamentos De Verán 2016 370 Kb

CONVOCATORIA DE BECAS A UNIVERSITARIOS

Mediante anuncio publicado no BOP,  o Concello abre o prazo para solicitar as axudas aos universitarios curso 2015/2016 empadroados no municipio a lo menos cun ano de antigüidade e que teñan ingresos inferiores aos especificados nas bases. O prazo para presentar a solicitude rematará o 30 de abril de 2016.

Máis información en arquivos adxuntos
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (Bases bolsas.pdf)Bases bolsas.pdf 1069 Kb
Descargar este adjunto (Bop becas.pdf)Bop becas.pdf 57 Kb

CONVOCATORIA DE AXUDAS DIRIXIDAS ÁS ASOCIACIÓNS CULTURAIS, DEPORTIVAS E PATRIMONIO HISTÓRICO

Publicado no BOP o anuncio de convocatoria do Concello para solicitar as axudas dirixidas a entidades e asociacións municipais culturais, deportivas e de patrimonio histórico. O prazo para a presentación de solicitudes  rematará o 30 de abril de 2016.

Máis información en arquivos adxuntos

Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (Bases reguladoras.pdf)Bases reguladoras.pdf 716 Kb
Descargar este adjunto (Bop.pdf)Bop.pdf 57 Kb
Descargar este adjunto (Impresos de solicitude.pdf)Impresos de solicitude.pdf 70 Kb

Vai de Auga

O Concello de O Pino vendo a gran acollida que ten este programa de Vai de Auga en anos anteriores, informa de unha nova convocatoria para o mes de maio de 5 sesións no Balneario de Cuntis cun prezo de 70€ todo incluido.

Saída esta prevista para as 16:30 horas todos os mércores desde a Praza do Concello e de regreso aproximado ás 20:30 horas ao mesmo lugar.

Para anotarse chamar ao: 981511065 ou por correo electrónico a informació Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  

Data límite de inscrición ata o día 29 de abril.


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (VAI_DE_AUGA.pdf)VAI DE AUGA 259 Kb

CONVOCATORIA SOLICITUDE SUBVENCIÓN VIVENDAS CAMIÑO FRANCÉS

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica a convocatoria de solicitude de subvención dirixida a financiar actuación de rehabilitación de edificios e vivendas situadas nas parroquias polas que pasa o Camiño Francés (Arca, Castrofeito, Cerceda, San Breixo e San Mamede de Ferreiros, Gonzar, Medín, Pereira e San Vicente de O Pino).

BENEFICIARIOS: Comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.

CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS: 35% do custo subvencionable da actuación reflectido na cualificación definitiva e cun importe máximo de 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o día 30 de novembro de 2016.

Normativa: DOG núm.63 do 4 de abril de 2016, Resolución do 18 de marzo.

Ver convocatoria e anexos de solicitude en arquivos adxuntos:
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (Convocatoria subvenciónsG0423-220316-0002_gl.pdf)Convocatoria subvenciónsG0423-220316-0002_gl.pdf 844 Kb
Descargar este adjunto (Impresos solicitude.pdf)Impresos solicitude.pdf 1141 Kb
Estás en Novas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information