Novas

CAMPAÑA DE ESQUÍ 2017

Aberto o prazo de inscripción para a Campaña de Esquí 2017 da Deputación Provincial da Coruña que se levará a cabo entre o 19 de febreiro e o 31 de marzo de 2017 (excepto semana do 27/02/2017) na Estación invernal de Leitariegos (León). 



O Concello de O Pino viaxará na quenda 4ª do 19 ó 24 do mes de marzo de 2017. Todos aqueles nenos/as empadroados no Concello de O Pino nados nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006 que desexen tomar parte nesta Campaña e viaxar a Estación de esquí de Leitariegos en León,  deberán presentar o tríptico informativo adxunto nas oficinas municipais, rellenando a ficha de preinscripción para poder participar na mesma. O prezo da Campaña é de 95 € que inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Leitariegos, León, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.


Tríptico: Descargar aquí



Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (Tripticoesqui2017.pdf)Tríptico esquí 2017 415 Kb

Cabalgata de Reis 2017


O xoves  5 será un día especial para os cativos/as do concello xa que contaremos coa visita de SSMM Os Reis Magos de Oriente, os cales farán un percorrido polas parroquias rematando a xornada no pavillón onde teremos inchables e varios obradoiros...

Outro ano máis  o Concello  colabora coa  campaña "Os Reis Magos cos celíacos" onde os caramelos que repartirán SS.MM. son aptos para celíacos.

DATA DE DOAZON DE SANGUE EN O PINO

A unidade móvil do Centro de Transfusión de Galicia, trasladarase o vindeiro venres 13 de xaneiro á praza do Concello en horario de 16:00 ás 21:00 horas.


Programa de Termalismo Socual IMSERSO

Lecer Nadal 2016


Aberto o prazo de inscrición para o programa Lecer Nadal 2016 do Concello de O Pino dirixido a escolares de entre 3 e 12 anos de idade (ambos incluido) e que se levará a cabo no Centro Escolar CPI Camiño de Santiago.

Os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro no Centro Escolar CPI Camiño de Santiago, levarase a cabo o programa no Camiño da Conciliación Laboral e Familiar, Lecer Nadal 2016. Con actividades que irán desde idiomas, música, obradoiros, inchables, visitas, xogos cooperativos e moito máis.

Inscríbete ate o 19 de decembro no Concello de O Pino en horario de 10.00 a 14 horas.






Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (diptico-1.pdf)Diptico_2016 504 Kb

MODERNIZACIÓN EQUIPAMENTO INFORMÁTICO NO CONCELLO

Mediante unha subvencón concedida pola Deputación da Coruña, solicitada a través do programa de subvencións dirixido aos concellos da provincia da Coruña para investimentos de promoción económica durante o ano 2016, o Concello de O Pino vai a renovar os equipos informáticos da Casa Consistorial.

A colaboración da Deputación da Coruña na adquisición destes equipos foi fundamental para facer fronte aos custos xerados.

Cos novos equipos preténdese unha maior axilidade nos trámites administrativos que se realizan diariamente redundando en beneficio dos administrados/as do noso município. 

Estás en Novas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information