Novas

NORMAS Y CONDICIONES DE LAS RESERVAS DEL PABELLÓN POLIDEPORTIVO PARA GRUPOS DE PEREGRINOS


NORMAS Y CONDICIONES DE LAS RESERVAS DEL PABELLÓN POLIDEPORTIVO PARA GRUPOS DE PEREGRINOS

 

1. El pabellón polideportivo municipal, NO realiza reservas para pernoctar.


2. Sólo se facilita para pernoctación de peregrinos durante los meses de julio y agosto siempre y cuando estén completas las plazas de los alojamientos que se encuentran en el Ayuntamiento de O Pino.


3. Sólo se admitirán grupos de más de 30 personas.


4. El precio de la taxa por utilización del polideportivo, aprobado en el BOP de la Provincia, es de 4€ por persona.


5. Se deberán respetar las siguientes normas de utilización de las instalaciones. El incumplimiento de las mismas será responsabilidad de los grupos que hayan reservado el pabellón polideportivo:


- El pabellón polideportivo debe quedar libre antes de las 8:00 de la mañana.

- Está prohibido cocinar y comer dentro del pabellón.

- No se pueden fregar platos, ropa, etc, dentro de los vestuarios del pabellón, ya que atascan y ensucian los baños.

- Las colchonetas deben quedar recogidas y el pabellón limpio, tal y como lo encuentran los peregrinos a su llegada.

O CONCELLO DE O PINO POTENCIARÁ O TURISMO DENTRO DO GRUPO "ÁREA SANTIAGO"

DEZANOVE CONCELLOS, ENTRE ELES O CONCELLO DE O PINO, CREAN "ÁREA SANTIAGO" PARA POTENCIAR O TURISMO

Os alcades de A Estrada, Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Lalín, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces asinaron no Pazo de Raxoi o día 27 de maio, o protocolo de colaboración co que nace formalmente Área Santiago, un grupo de traballo para potenciar conxuntamente o sector turístico na zona. Os concellos suman unha poboación de 270.000 persoas, practicamente o 10% da poboación de Galicia.

Coa sinatura formalízase a existencia dun Grupo de Traballo de varios concellos, impulsado dende o Concello de Santiago, que comezou a reunirse informalmente a comezos do mes de marzo. Dende entón o grupo aumentou o seu número ata os dezanove concellos actuais, que celebraron a sinatura cunha selección de produtos grastonómicos característicos das súas zonas. Á sinatura asistiu o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo.

 O Grupo nace xa cun borrador de cronograma de actuacións para a o periodo 2013 – 2014, definido nas reunións previas en base aos traballos que se están realizando nas tres comisións técnicas creadas a partires da análise dos recursos turísticos cos que se conta: A pesca e o turismo fluvial, Gastronomía e Paquetes. Posteriormente, iranse creando novas comisións para estudar outras temáticas de interese evidente para a Área de Santiago, como a dos Camiños de Santiago ou o aproveitamento das múltiples rutas de sendeirismo que hai na zona.

 O Grupo Área Santiago tamén estableceu que un dos primeiros proxectos que desenvolverá será: “A pesca como recurso turístico”. Pártese de dous feitos: por unha banda o territorio do grupo está fondamente marcado por dous dos ríos máis importantes de Galicia, o Ulla e o Tambre, así como polos seus afluentes; por outra banda, a pesca ten demostrado noutros territorios, como Canadá, Irlanda, ou países do leste de Europa, que pode ser un recurso turístico con gran atractivo.

Outra das iniciativas que se consideran prioritarias é a elaboración dun mapa de recursos turísticos, que sirva para poder informar sintética e visualmente dos atractivos que se atopan nos diferentes Concellos do grupo, que en moitos casos son descoñecidos tanto para os visitantes, como para os propios residentes nos Concellos e mesmo para o propio sector turístico.

Tamén se está traballando na actualización de eventos de interese turístico da Área Santiago na axenda da web www.santiagoturismo.com, que no ano 2012 sumou máis de medio millón de visitas e preto de tres millóns de páxinas vistas. Estes eventos de interese turístico estanse actualizando ademais a través da conta en Twitter @santiagoturismo, empregando o hashtag #muycercadeSantiago. 
 

II RUTA BTT CONCELLO DE O PINO

alt

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

Regulamento

 

  1. O Concello de O Pino organiza o domingo 16 de xuño o 2º BTT CONCELLO DE O PINO, unha marcha cicloturista cuia saída terá lugar ás 10:00 horas diante do Centro Escolar CPI Camiño de Santiago ubicado na localidade de Arca-Pedrouzo (a 3 km do aeroporto de Santiago N-547). O percorrido e o track da marcha será publicado con antelación á mesma na web www.concellodeopino.com e na web www.championchipnorte.com.

 

  1. A entrega de dorsais realizarase no Centro Sociocultural Luis Seoane a partir das 09:00 horas do domingo 16 de xuño. A saída da proba darase ás 10:00 horas na rúa do Concello fronte o centro escolar CPI Camiño de Santiago.

 

  1. Nesta proba non federada e non competitiva poderán participar todos aqueles deportistas con 18 anos cumpridos ou menores de 16 e 17 anos con autorización paterna/materna que acepten e cumpran as condicións reglamentarias da competición e que se inscriban no xeito e prazo precisos.
  2. As inscricións online poderán realizalas a través da web www.championchipnorte.com no apartado de EVENTOS. Para elo os participantes que non sexan usuarios deberán rexistrarse na páxina (proceso indicado na mesma).  Presenciamente poderán realizar as súas inscricións no Concello de O Pino sito na localidade de Arca-Pedrouzo, e nos establecementos Motos Carballeiro (Basquiños Nº 50,Santiago), Bicicletas Oliveira (Sánchez Freire Nº 83, Santiago), Cafe Bar Caminante (San Lázaro, Santiago) e O'Rey Bicis (Entrerríos Nº 8, Bertamiráns).         O prezo de inscrición será de 5 € que deberán ingresarse na conta de NOVA GALICIA BANCO 2080 0337 11 3110000078 (titular: Concello de O Pino) poñendo no CONCEPTO o nome e apelidos do atleta participante na proba. Ningún atleta poderá participar na marcha se non realiza o ingreso da cota de inscrición no número de conta indicado. O prazo de inscrición rematará o mércores 12 de xuño ás 22 horas. NON SE ADMITIRAN BAIXO NINGUN CONCEPTO INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA. Calqueira dúbida ou problema relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse os teléfonos 982 816 884 e 981 511 002.
  1. Os ciclistas percibirán un dorsal que se colocará no manillar da bicicleta e un chip de control que se colocará nunha tobillera e que terán que devolver unha vez conclúa a proba. Todo ciclista que entre na meta sen algún destes elementos será automáticamente descalificado.
  1. A participación na proba incluirá avituallamento líquido e sólido, tanto no punto intermedio do circuito, como na zona de meta, servizo de lavado de bicicletas na zona próxima a SAIDA, seguro de RC e de accidentes deportivos, servizo de duchas e vestiarios no polideportivo municipal e no campo de fútbol de Reboredo e agasallo cortesía da organización.
  1. O emprego de casco será obrigatorio; non levar este elemento de protección suporá a descalificación e retirada inmediata do circuito.
  1. Todos os participantes deberán respetar o entorno polo cal transcorre a marcha, tendo en conta que haberá zonas nas cales poidan atoparse con outros usuarios que non tomen parte da marcha debendo deste xeito, extremar as precaucións.
  1. Haberá servizo de ambulancia e persoal de voluntariado colocado ó longo do percorrido. Un vehículo abrirá en todo momento á marcha.
  1. Compre lembrar que cada participante será responsable do seu propio material e das averías que poida ter ó longo do percorrido. En caso de avería deberá dirixirse o punto de control máis próximo ou á zona cuberta polo persoal voluntariado.
  1. O feito de inscribirse na proba suporá a TOTAL aceptación deste regulamento.

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}

LEMBRASE QUE ESTA E UNHA MARCHA CICLOTURISTA NON

UNHA CARREIRA OU COMPETICION, POLO CAL PREGASE

REALIZALO CIRCUITO CON PRECAUCION E SEN ASUMIR

RISCOS INNECESARIOS



PROGRAMA DE PRIMAVERA

alt

LETRAS GALEGAS 2013

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2013


Abrese o prazo para os Campamentos Deportivos da Deputación de A Coruña

alt
   Abrese o prazo no Concello de O Pino para solicitar a participación nos Campamentos Deportivos da  Deputación da Coruña. Os interesados poderán facer a súa inscrición no Concello de O Pino ata o xoves 16 de maio.

Estes campamentos celébraranse no Centro Calvo Sotelo en tres quendas dunha semana entre o 30 de xuño e o 20 de xullo. Os destinatarios desta actividade son rapaces dos 94 concellos da provincia nados entre o ano 1999 e o 2003.

A QUENDA DO CONCELLO DE O PINO SERA Do 7 ó 13 de xullo. Deberán solicitar e rellenar a ficha de inscrición nas dependencias do Concello de O Pino en horario de 10.30 a 14.30 horas.

A cota de inscrición é de 85 euros e inclúe o transporte interno, a estadía e manutención na residencia e o gasto das actividades programadas, así como o material propio das actividades coma raquetas de tenis, balóns e chalecos salvavidas que se entregarán a cada participante durante a celebración do campamento.

Os campamentos deportivos inclúen as actividades deportivas preferentes que, nesta ocasión, serán a equitación, paseos a cabalo, kaiaks, orientación, piragüismo, paseos en barco, tenis, voleipraia, fútbol 7, baloncesto, volei, batuka, capoeira e hip-hop. Ademais, os rapaces participarán nunha pernocta en tendas de campaña dunha noite e o inglés formará parte do programa como novidade.

O programa do campamento inclúe as visitas a centros de interese cultural da comarca e da cidade da Coruña e as veladas nocturnas con actividades e xogos que teñan como obxectivo fomentar a comunicación, a convivencia e o respecto entre os demais.


PRAZO INSCRICIÓN PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 e 3

DESTINATARIOS/AS: As persoas interesadas en realizar acción formativas con certificado de profesionalidade para persoas traballadoras desempregadas - AFD - e que non teñan a ESO, 2º BUP, Ciclo medio, FPI, CELGA 3 para cursos de nivel 2, ou si non teñen BUP, Ciclo superior, FPII e CELGA 4 para cursos de nivel 3.

O prazo de solicitude de inscrición para realizar as probas remata o vindeiro 3 de maio de 2013.

A realización das probas terán lugar no recinto feiral de Silleda, en Silleda (Pontevedra) durante os días 22 e 23 de xuño de 2013.


INFORMACIÓN: Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) do Concello.

NORMATIVA: RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación.

Para mais información, descargar documento adxunto da convocatoria.







Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (Convocatoria probas avaliación competencias clave.pdf)Convocatoria probas avaliación competencias clave.pdf 649 Kb

X CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO 05 de maio




O domingo 5 de maio terá lugar na localidade de Arca-Pedrouzo a Décima edición da Carreira Pedestre Popular do Concello de O Pino.
As probas que se celebrarán en xornada de domingo, darán comenzo ás 10:00 horas pola proba de canicross. A proba absoluta das categorías junior/promesa, senior e veteranos terá lugar ás 11 horas e a continuación sucederanse as probas de escolares.

As inscricións das probas escolares poderán realizalas no seguinte enlace:

http://www.fgatletismo.es/inscripciones/inscripcion_20130505.html

As inscricións das probas de adultos poderán realizalas no seguinte enlace:

http://www.turesultado.es/CalendarioInscripcion.aspx

O prazo de inscrición rematará o mércores 1 de maio ás 22.00 horas da noite.
Toda a infrmación sobre a proba poderán consultala na web www.fgatletismo.es/santiago.
TF de información: 981 511 002.

PROXECTO REDEXIANA2 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Ler máis...

Estás en Novas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information