Novas

AXUDAS A NOVOS EMPRENDEDORES DO INTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DA XUNTA DE GALICIA

O INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) CONVOCA AXUDAS PARA A CREACIÓN DE NOVAS EMPRESAS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA (Galicia Emprende)
As axudas van desde o 35% do investimento, no caso das pequenas empresas, e o 25% para as medianas, sempre que se realice un investimento entre os 25.000 e os 500.000 euros.
Nesta primeira convocatoria poderán presentarse as solicitudes desde hoxe ata o 20 de xuño. Na segunda convocatoria poderán presentarse desde o 30 de xuño ata o 29 de setembro e na terceira convocatoria desde o 10 de outubro ata o 30 de novembro de 2017.
Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
No suposto de que o solicitante sexa unha persoa física e non teña capacidade técnica ou económica, ou que por outros motivos non teña garantido o acceso e a disponibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, poderá dirixirse ás oficinas centrais do Igape en Santiago de Compostela ou a calquera das súas oficinas territoriais, para que lle presten asistencia e medios para cubrir o formulario electrónico, ou a través do número de teléfono 900 81 51 51. Deste xeito obterase o formulario de solicitude. Unha vez cuberto o formulario, obterase o formulario normalizado de solicitude.

DOG do 17 de abril de 2017: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170417/AnuncioO92-270317-0001_gl.pdf

SUBVENCIÓNS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA ÁS EMPRESAS PARA CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede subvencións ás empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos/as, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica que contraten por conta allea persoas traballadoras desempregadas de longa duración (aquelas persoas de 45 ou máis anos de idade, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, polo menos, 12 meses nos últimos 18 anteriores á súa contratación).

Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017.

+ info, arquivo adxunto







Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf 1053 Kb

SOLICITUDE DE PRESTACIÓN ECONÓMICA


APERTURA PRAZO SOLICITUDE SUBVENCIÓNS DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

Desde hoxe ata o vindeiro 21 de abril, as entidades sen ánimo de lucro poderán solicitar á Deputación da Coruña a subvención para realizar actividades e investimentos de promoción económica. O orzamento de gastos deberá ser como mínimo de 3.000 € e máximo de 30.000 €, podendo acadar unha subvención entre 600 € mínimo e 24.000 € máximo.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña: https://sede.dacoruna.gal

Para a súa tramitación, tanto as solicitudes como o resto da tramitación, as entidades deberán dispoñer de DNI electrónico ou certificado dixital e dun correo electrónico de contacto durante toda a tramitación do expediente.


APERTURA PRAZO SOLICITUDE SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DEPORTIVAS

O pasado 9 de marzo a Deputación da Coruña publicou no BOP a convocatoria das bases específicas dos programas de subvencións dirixidas ás entidades deportivas. Na data de hoxe, 22 de marzo, sae publicado os extractos de Resolucións de ditas bases, establecendo o prazo solicitude, que comezará o 23 de marzo e rematará o 25 de abril de 2017.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña www.dacoruna.gal, polo que as entidades interesadas, deberán dispoñer de DNI electrónico ou certificado dixita e dun único correo electrónico de contacto durante toda a tramitación do expediente.


LECER PRIMAVEIRA 2017

O Concello de O Pino abre o prazo de inscripción do Lecer Primaveira 2017, unha proposta dos departamentos de deportes e servizos sociais que forman parte dos programas de conciliación familiar do Concello. Dirixida a rapaces/zas de idades comprendidas entre 3 e 12 anos, o programa desenvolverase os días 10, 11, 12 e 17 de abril no Centro Escolar CPI Camiño de Santiago que colabora con nós en todos estos programas. O Prezo do programa será de 20 € para empadroados no Concello e de 40 € para no empadroados. Haberá actividades de todo tipo para os nosos cativos, que irán desde obradoiros, cociña, xogos, andainas,... todo moi relacionado co Camiño de Santiago desta volta. Consulta a información nas fichas e bases adxuntas. O prazo de inscripción estará aberto ate o 5 de abril e deberá formalizarse na Casa do Concello. Deberá xuntarse un mínimo de 10 participantes na actividade.
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (FICHAS DE INSCRICIÓN.pdf)FICHAS DE INSCRICIÓN.pdf20-03-2017148 Kb

Benestar en balnearios

Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (Benestar en balnearios.pdf)Benestar en balnearios.pdf 400 Kb

VIAXE A NEVE PRIMAVERA 2017

O Concello de O Pino organizará os días 24 e 25 de marzo unha excursión á neve a estación de esuí de Manzaneda para nenos de idades comprendidas entre 8 e 14 anos e adultos que os queiran acompañar. A saída farase desde a Praza do Concello o venres 24 de marzo e o regreso será o sábado 25 de marzo . Podes descargar aquí o programa de actividades e ver todas as opcións dispoñibles en caso de que haxa neve ou non, xa que a Estación de Esquí está preparada para todo tipo de actividades. As inscripcións estarán abertas ate o mércores 22 , pero terán que reservar praza antes do 21 ás 14 horas na casa do Concello.
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (VIAXE A NEVE.pdf)VIAXE A NEVE.pdf 118 Kb

AXUDAS Á PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO E AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da Orde do 7 de febrero de 2017, publica dous programas de axudas:

  1. Programa I. Promoción do emprego autónomo: Dirixido a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, que causasen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social entre o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017.

Contía da subvención: Desde 2.000 € ata 4.000 €.

Prazo de solicitude: Ata o 30 de setembro de 2017.

  2. Programa II. Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas: Dirixido ás persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade, e a segunda e terceira contratación que realicen nos tres primeiros anos dela.

Contía da subvención: Oscilarán entre un mínimo de 5.000 € e un máximo de 12.000 €.

Prazo de solicitude: As realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 13 de marzo de 2017, deberán presentarse ata o 12 de maio. As realizadas desde o 14/03/17, deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita a subvención. En todo caso, o prazo xeral para a presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese os dous meses sinalados anteriormente.

Convocatoria arquivo adxunto.

Estás en Novas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information