Carla Gómez, Martina Otero, Agustín Orechia e Rita Duro gañan no Pino o concurso "Falando de mulleres"



O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, inauguraron esta mañá a exposición cos traballos de redacción que enviou o alumnado do CPI Camiño de Santiago para participar no concurso "Falando de Mulleres" que organiza o Concello. Ao mesmo tempo, entregáronlles os premios ás gañadoras e gañador nas catro categorías establecidas.

Carla Gómez Seijas gañou na categoría de Infantil, levando como premio un lote de xoguetes educativos e contos coeducativos. No primeiro ciclo de infantil a gañadora foi Martina Otero García, que recibiu unha tablet; mentres que no segundo ciclo (4º, 5º e 6º de Primaria) gañou Agustín Orechia, quen recolleu unha cámara instantánea de mans do alcalde. A cámara instantánea para a gañadora na categoría de ESO foi para Rita Duro Asorey.

O alumnado tivo que escribirlle unha carta a unha muller que, segundo os criterios dos participantes, consideren relevante. Con todas as cartas recibidas, montouse unha exposición na entrada do centro sociocultural Luis Seoane, de Arca, que se poderá visitar ata o vindeiro venres, día 16 de marzo.

Podes ver o album de fotos do acto no no Facebook do Concello.
Estás en Novas Servizos Sociáis Carla Gómez, Martina Otero, Agustín Orechia e Rita Duro gañan no Pino o concurso "Falando de mulleres"

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information