Desenvolvemento Local

AXUDAS DO IGAPE PARA PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

Convocatoria de axudas a proxectos de equipamentos tecnolóxicos para empresas do sector servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 euros.

BENEFICIARIOS:
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pemes constituídas no momento de presentación das solicitudes e as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poida levar a cabo as actividades ou estean na situación que motiva a concesión da subvención.


SECTORES INCENTIVABLES: Os proxectos subvencionables deberá estar vinculados á consolidación ou posta en marcha, entre outras, das actividades do sector construción, transporte e almacenamento, servizos hostaleiros de aloxamento, servizos de información e comunicacións, actividades profesionais, científicas e técnicas, educación, actividades sanitarias e de servizos sociais, actividades artísticas, recreativas e de entretenemento.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

a) Bens de equipamento de carácter tecnolóxico en xeral ligados directamente ao servizo prestado pola peme.


b) Equipamentos para proceso de datos.


c) Software ligado ao servizo prestado pola empresa. Non será subvencionable calquera software que apoie procesos internos da empresa (como o propio ERP da empresa).

d) Activos fixos destinados ao almacenaxe e loxística (estanterías, sistemas de automatización, etiquetaxe e lectura de datos, elementos de transporte interior).


e) Mobiliario e elementos decorativos, limitados ao 20% do investimento subvencionable total.

 

CONTÍA: A subvención poderá chegar ata o 40% do gasto subvencionable para medianas empresas e ata o 50% para pequenas empresas.
PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 18 de febreiro de 2014.

O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro de 2014 para os proxectos que finalicen no 2014 e o 30 de xuño de 2015 para os proxectos que finalicen no ano 2015.
INFORMACIÓN:
- Nas oficinas territoriais do IGAPE

- No servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902.300.903 ou 981.54.11.47

- A través de www.igape.es ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   

NORMATIVA: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131202/AnuncioO92-261113-0004_gl.pdf
Ficha resumo: http://app.igape.es/.axudas/ficha.asp?cod=IGAP261

 

SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA 2014

SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA 2014

 

O xoves, 14 de novembro de 2013, publicáronse as convocatorias de axudas da Deputación Provincial, para entidades.

 

Este ano unicamente poderán cubrirse telemáticamente a través da plataforma SUBTEL da Deputación Provincial www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/acceso/login , para todas as fases do procedemento: solicitude, concesión e xustificación, incluíndo en cada unha delas, as notificacións, requirimentos de información e documentación e envíos de documentación. Serás imprescindibles dous requisitos para esta tramitación:

1.-  Certificado dixital ou DNI electrónico. Deberán dispor:

-       a persoa que ocupe a Presidencia da entidade

-       a persoa que ocupe a Secretaría da entidade

-       a persoa que represente á entidade ante a Deputación (se é distinta das dúas anteriores).

2.-  Correo electrónico. A entidade deberá dispor dun enderezo de correo electrónico que non poderá variar ao longo de toda a tramitación do expediente, xa que as comunicacións dirixiranse a ese enderezo.

 

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 20 de decembro ás 14.00 horas.

Máis información en www.dicoruna.es/subvencions/2014 ou na Oficina de Desenvolvemento Local deste concello.

OBRADOIRO DE EMPREGO "TAMBRE-ULLA"


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (BANDO O.E..JPG)BANDO O.E..JPG 95 Kb

APERTURA DE PRAZO ACTUALIZACIÓN MERITOS OU INCORPORACIÓN CANDIDATOS NO SEAGA

?

EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S. A.

ANUNCIO polo que se fai pública a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novos candidatos a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

No seguinte enlace poderá obter máis información:
 
http://www.epseaga.com/ofertas_emprego.php


Para máis información sobre o anuncio  pique no arquivo adxunto

Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Acceder a esta URL (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130930/AnuncioE3H1-240913-0005_gl.pdf)AnuncioE3H1-240913-0005_gl.pdf 413 Kb

AXUDAS PARA A RENOVACION DE MAQUINARIA AGRICOLA

CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR

ORDE do 16 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para a renovación do parque de maquinaria agrícola da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2013.

Ver arquivo adxunto
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Acceder a esta URL (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130926/AnuncioG0165-180913-0003_gl.pdf)AnuncioG0165-180913-0003_gl.pdf 999 Kb

CURSO DE CARRETILLERO

COMEZARASE CANDO SE COMPLETE O GRUPO

Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (CURSO CARRETILLAS ELEVADORAS.JPG)CURSO CARRETILLAS ELEVADORAS.JPG 116 Kb

CURSO DE PODA

COMEZARASE CANDO SE COMPLETE O GRUPO
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (CURSO PODA.JPG)CURSO PODA.JPG 28 Kb

CURSO DE INFORMÁTICA - ANULADO (06/03/2014)

COMEZARASE CANDO SE COMPLETE O GRUPO

06/03/2014: O curso queda anulado por falta de alumnos/as
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (bando curso informatica.JPG)bando curso informatica.JPG 51 Kb

CURSO DE INTERNET BÁSICO E CORREO ELECTRÓNICO - ANULADO (06/03/2014)

COMEZARASE CANDO SE COMPLETE O GRUPO

06/03/2014: O curso queda anulado por falta de alumnos/as
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (bando curso internet basico e correo electronico.JPG)bando curso internet basico e correo electronico.JPG 54 Kb

CLASES PREPARATORIAS DE GRADUADO EN E.S.O.

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o vindeiro 27 de setembro na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello. Abrir o arquivo para máis información.
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (Curso clases Graduado Educación Secundaria.pdf)Curso clases Graduado Educación Secundaria.pdf 332 Kb
Estás en Novas Desenvolvemento Local

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information