Desenvolvemento Local

SUBVENCIÓNS PARA A APERTURA DE NOVOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS

BENEFICIARIOS: Os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.


a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.


b) Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.


c) Estar dado de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II da orde de convocatoria. A data de alta no imposto de actividades económicas ten que estar comprendida entre o 1 de novembro de 2013 e o 30 de xuño de 2014, ambos incluídos, e considerarase para todos os efectos como data de inicio da actividade.


d) Que figure inscrito no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

 

INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES: Considéranse actuacións subvencionables sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de novembro de 2013 ata o 10 de novembro de 2014 a adquisición de:

 

1) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m². Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será subvencionable na superficie comercial dedicada á venda.

 
O  investimento máximo subvencionable será de 12.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.


2) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda. Quedan excluídos neste punto, os equipamentos informáticos, impresoras, televisións, monitores, sistemas de alarma ou similares.


O investimento máximo subvencionable será de 6.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.


3) Investimentos en tecnoloxías da información e da comunicación: terminais de punto de venda (TPV integrado), paquetes de software de xestión comercial e páxinas web comerciais.

As páxinas web deberán dispor de navegación por menús e conter como mínimo páxinas de presentación da empresa, detalle da actividade comercial realizada, localización do establecemento comercial, contacto e información dos produtos que oferta.


O investimento máximo subvencionable será de 2.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.


4. Non serán subvencionables os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

5. En ningún caso os solicitantes poderán superar polo conxunto de subvencións a que concorran o límite máximo de investimento subvencionable de 20.000 euros, IVE excluído.

 

 
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
:  Remata o 30 de xuño de 2014.


CONVOCATORIA DA ORDE:  http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140204/AnuncioCA04-280114-0001_gl.pdf

CONVOCATORIA DE SOLICITUDE DE GRUPOS DA REDE CULTURAL DE DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Xa está aberto o prazo para que as asociación sen ánimo de lucro podan solicitar as actuacións de grupos de bandas de música, bandas de gaitas, corais, orquestas, etc. O prazo remata o vindeiro día 26 de febreiro.

Para máis información clique no arquivo adxunto


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (rede cultural.JPG)rede cultural.JPG 89 Kb

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL


O abeiro da  Orde do 14 de xaneiro de 2014 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convócase, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación mediante a acreditación de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais. 

Ese recoñecemento e avaliación das competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, realízase mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación. O obxectivo é contribuír ao recoñecemento dos saberes das persoas traballadoras e o fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.

convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesional adquiridas a través da experiencia laboral para o ano 2014, na Comunidade Autónoma de Galicia, refírese ás unidades de competencia  das familias profesionais de: administración e xestión, artes gráficas, electricidade e electrónica, edificación e obra civil, fabricación mecánica, hostalaría e turismo, industrias alimentarias, informática e comunicacións, instalación e mantemento, madeira e moble, química, sanidade, servizos socioculturais e á comunidade e transporte e mantemento de vehículos.

Requisito, entre outros, para participar no procedemento:

Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar:

·       Xustificar polo menos 3 anos de experiencia laboral (cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total) nos últimos 10 para unidades de competencia de niveis II e III; para unidades de competencia de nivel I, deberanse xustificar cando menos 2 anos de experiencia laboral (cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total).

·      Xustificar, en canto á formación, polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III, nos últimos 10 anos. Nos casos en que os módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretenda acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos.


 

Prazo: O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 21 de febreiro de 2014

 

Para máis información: http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion-competencias-convocatoria-2014

AXUDAS MODERNIZACIÓN DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

 

 

 

Orde do 30 de decembro de 2013 da Consellería de Medio Rural e do Mar pola que se convocan para o ano 2014 as axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 (DOG nº 14 do 22 de xaneiro de 2014).

 

Obxecto:

 

Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2014 as seguintes liñas de axuda en réxime de concorrencia competitiva:


a) Plans de mellora nas explotacións agrarias

b) Primeira instalación de agricultores/as mozos ou mozas

c) Fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo

Beneficiarios:

Persoas titulares de explotacións agrarias ou que pretendan selo.

Requisitos:

a) As persoas físicas, xurídicas e comunidades de bens ademais de cumprir os requisitos establecidos nas letras a), b), c), d), e), f), g), letra i), para as persoas físicas, e letra j), no caso das comunidades de bens, do artigo 3.1 desta orde, deberán ocupar na explotación, polo menos, 1 UTA no momento da solicitude de axuda.

b) Deberán obter, polo menos, o 10 % da súa renda total de actividades agrarias ou complementarias. No caso de entidades xurídicas este aspecto xustificarase tendo en conta que ou ben o 50 % dos socios teñan unha renda agraria que sexa maior ou igual ao 10 % da súa renda total, segundo a declaración do IRPF, ou que a marxe neta obtida segundo o estudo de viabilidade sexa maior ou igual ao 10 % do resultado antes de impostos declarado no imposto de sociedades.

 

Prazo: 22 de febreiro do 2014

 

As solicitudes destas axudas tramitaranse de acordo coa presente orde e coas bases reguladoras da Orde do 13 de xuño de 2013.

 

Normativa:


Orde do 30 de decembro de 2013:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140122/AnuncioG0165-140114-0012_gl.html

Orde do 13 de xuño de 2013: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130621/AnuncioG0165-140613-0004_gl.html


 


Máis información na oficina agraria comarcal (Extensión Agraria de Arzúa) ou chamar ao teléfono: 981.500.062

 

 

 

 

AXUDAS DO IGAPE PARA CREACIÓN DE EMPRESAS

O IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) concede subvencións a fondo perdido para os proxectos de creación de empresas ou realización de investimentos en empresas novas promovidas por novos emprendedores

OBXECTIVO: Fomentar a aparición de proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento.

BENEFICIARIOS: As pequenas e medianas empresas, nas que non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei de xuño, de subvencións de Galicia e cumpran as seguintes condicións:

1.- Composición do capital, no caso de sociedades mercantís:

a. O seu capital terá que atoparse maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia á data de presentación da solicitude e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels. Cando se observase que se produce continuidade empresarial, por baixa recente (antigüidade menor a un ano) nunha actividade que é igual ou similar á que se propón como nova, ou por razóns que permiten concluír unha continuidade de empresa preexistente, poderase denegar motivadamente a axuda.

b. A participación no capital da empresa de persoas, físicas ou xurídicas, que si estean desenvolvendo outras actividades económicas na data de solicitude, non poderá exceder conxuntamente o 49%. Polo menos unha das persoas físicas cunha participación superior ao 20% no capital e sen outra actividade económica por conta propia á data de solicitude, deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta allea desde a alta de actividade da nova empresa (ou no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda desde o día da dita solicitude) e ata o fin do período de execución do proxecto.

2.- Antigüidade na actividade empresarial:

i) No caso de autónomos a data de alta censual non poderá ter unha antigüidade superior a un ano no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade (ou no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda desde o día da dita solicitude).

ii) No caso de sociedades, tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non poderán ter unha antigüidade superior a un ano no momento da solicitude de axuda.

3.- Contribución financeira exenta de axudas públicas:

Os beneficiarios deberán achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.
 
SECTORES INCENTIVABLES: Todos agás os seguintes:

a) As actividades de produción primaria dos produtos agrarios, e as actividades nos sectores da pesca e da acuicultura: CNAE 09: Divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases agás 01.61, 01.62 e 02.40), 10.2 (todas as clases) e Clase 46.38.
b) O sector da industria siderúrxica. CNAE 09: Grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52.
c) O sector de fibras sintéticas.
d) O sector do carbón e do aceiro. CNAE 09: División 05 (todos os grupos e clases).
e) O sector da construción naval. CNAE 09: Clase 30.11.

2. Nos subsectores de hostalaría, restauración e hospedaxe, unicamente serán subvencionables as actividades de restaurantes, e de hoteis de dúas estrelas ou superiores.
 
REQUISITOS: Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, entre eles:

a) Non teñan comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Presenten un custo subvencionable superior a 35.000 euros e non superior a 500.000 euros, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 euros, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.
c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.
GASTOS COMPUTABLES:

a) Investimentos realizados en:

i.- Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións.
ii.- Bens de equipamento: maquinaria de proceso, utensilios, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento ligados ao proxecto. Nos sectores do transporte e loxístico non serán subvencionables os elementos de transporte exterior.
iii.- Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.
iv.- Activos inmateriais vinculados á transferencia de tecnoloxía, tales como adquisición de dereitos de patentes, licencias, Know how e coñecemento técnicos non patentados, incluíndo aplicacións informáticas

b) Gastos de aprovisionamentos de materias primas, produtos terminados ou servizos de profesionais independentes necesarios para vender un produto ou servizo. Podendo representar ata o 10% do proxecto subvencionado total.

c) Gastos de investigación e desenvolvemento e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano.

d) Os gastos de aluguer de bens inmobles, ata un prazo máximo dun ano.

e) Os gastos do informe de auditor.

CONTÍA DA AXUDA: A intensidade de axuda concedida establécese entre un mínimo dun 15% dos gastos subvencionables e un máximo do 50%.

PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2014 e rematará o 30 de abril de 2014.

INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
+ Info: http://app.igape.es/.axudas/ver_pdf.asp?cod=3209
Corrección erros:
http://app.igape.es/.axudas/ver_pdf.asp?cod=3228

Formato plan de empresa: http://app.igape.es/.axudas/ver_pdf.asp?cod=3227

AXUDAS PARA MELLORA DA COMPETITIVIDADE DAS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS

Está aberto o prazo para acollerse ás axudas que a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia convoca para a mellora da competitividade do sector leiteiro. Son subvencións de ata 50.000 euros por Unidade de Traballo Agrario e que están dirixidas aos titulares de explotacións leiteiras que sexan agricultores profesionais ou cuxa explotación teña a cualificación de prioritaria. As solicitudes deberán presentarse antes do 7 de febreiro. Máis información na Extensión Agraria de Arzúa ou no teléfono 981 500 062.

Publicidade da convocatoria na seguinte ligazón:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140107/AnuncioG0165-231213-0004_gl.pdf
Corrección de erros: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140123/AnuncioG0165-200114-0009_gl.pdf

AMPLIACIÓN PRAZAO SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Ampliado o prazo de recepción de solicitudes no programa de subvencións da Deputación da Coruña para o ano 2014

O prazo de presentación rematará ás 14 horas do 10 de xaneiro para

entidades.

Máis información no seguinte ligazón:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/12/09/2013_0000015342.pdf

AXUDAS DO IGAPE PARA PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

Convocatoria de axudas a proxectos de equipamentos tecnolóxicos para empresas do sector servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 euros.

BENEFICIARIOS:
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pemes constituídas no momento de presentación das solicitudes e as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poida levar a cabo as actividades ou estean na situación que motiva a concesión da subvención.


SECTORES INCENTIVABLES: Os proxectos subvencionables deberá estar vinculados á consolidación ou posta en marcha, entre outras, das actividades do sector construción, transporte e almacenamento, servizos hostaleiros de aloxamento, servizos de información e comunicacións, actividades profesionais, científicas e técnicas, educación, actividades sanitarias e de servizos sociais, actividades artísticas, recreativas e de entretenemento.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

a) Bens de equipamento de carácter tecnolóxico en xeral ligados directamente ao servizo prestado pola peme.


b) Equipamentos para proceso de datos.


c) Software ligado ao servizo prestado pola empresa. Non será subvencionable calquera software que apoie procesos internos da empresa (como o propio ERP da empresa).

d) Activos fixos destinados ao almacenaxe e loxística (estanterías, sistemas de automatización, etiquetaxe e lectura de datos, elementos de transporte interior).


e) Mobiliario e elementos decorativos, limitados ao 20% do investimento subvencionable total.

 

CONTÍA: A subvención poderá chegar ata o 40% do gasto subvencionable para medianas empresas e ata o 50% para pequenas empresas.
PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 18 de febreiro de 2014.

O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro de 2014 para os proxectos que finalicen no 2014 e o 30 de xuño de 2015 para os proxectos que finalicen no ano 2015.
INFORMACIÓN:
- Nas oficinas territoriais do IGAPE

- No servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902.300.903 ou 981.54.11.47

- A través de www.igape.es ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   

NORMATIVA: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131202/AnuncioO92-261113-0004_gl.pdf
Ficha resumo: http://app.igape.es/.axudas/ficha.asp?cod=IGAP261

 

SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA 2014

SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA 2014

 

O xoves, 14 de novembro de 2013, publicáronse as convocatorias de axudas da Deputación Provincial, para entidades.

 

Este ano unicamente poderán cubrirse telemáticamente a través da plataforma SUBTEL da Deputación Provincial www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/acceso/login , para todas as fases do procedemento: solicitude, concesión e xustificación, incluíndo en cada unha delas, as notificacións, requirimentos de información e documentación e envíos de documentación. Serás imprescindibles dous requisitos para esta tramitación:

1.-  Certificado dixital ou DNI electrónico. Deberán dispor:

-       a persoa que ocupe a Presidencia da entidade

-       a persoa que ocupe a Secretaría da entidade

-       a persoa que represente á entidade ante a Deputación (se é distinta das dúas anteriores).

2.-  Correo electrónico. A entidade deberá dispor dun enderezo de correo electrónico que non poderá variar ao longo de toda a tramitación do expediente, xa que as comunicacións dirixiranse a ese enderezo.

 

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 20 de decembro ás 14.00 horas.

Máis información en www.dicoruna.es/subvencions/2014 ou na Oficina de Desenvolvemento Local deste concello.

OBRADOIRO DE EMPREGO "TAMBRE-ULLA"


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (BANDO O.E..JPG)BANDO O.E..JPG 95 Kb
Estás en Novas Desenvolvemento Local

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information