Desenvolvemento Local

NOVA DATA DO CURSO DE PRL EN EXPLOTACIÓNS AGROGANDEIRAS


O curso de Prevención de Riscos Laborais en explotacións agrogandeiras aprázase o seu comezo para o vindeiro 24 de novembro. As persoas interesadas poderán inscribirse a partir do 12 de novembro no concello.

EN MARCHA O CURSO DE NETWORKING E XESTIÓN DE COMUNIDADES SOCIAIS

O curso de Networking e Xestión de Comunidades Sociais comezou o 17 de setembro con 15 alumn@s en horario de 08:00 ata as 16:00 horas no Centro Sociocultural Luis Seoane (Arca). Transcurrido case un mes impartíronse os módulos formativos de Xestión estratéxica e RSC e  Creación e Xestión de Redes Sociais. Neste momento estáse a impartir o módulo de Ferramentas Marketing on Line que rematará o vindeiro día 23. A continuación os alumn@s recibirán formación sobre Dimensións de Marketing, Habilidades Sociais, Igualdade de oportunidades entre homes e mullers, Inserción Laboral, Sensibilización Ambiental e na Igualdade de Xénero, Oportunidades de desarrollo do entorno e Protocolos personal e eventos, estando previsto o seu remate para o 15 de decembro de 2014.

Este curso habilita aos alumn@s participantes  para desenvolverse profesionalmente como blogger, asesor de mercadotecnia e de mercados, ou relacións públicas, podendo desempeñar a súa actividade nunha empresa ou ben por conta propia. Ademais das súas boas perspectivas de empregabilidade futura, o "networker" é un perfil profesional extraordinariamente valorado nas sociedades desenvolvidas como elemento de dinamización social.

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN EXPLOTACIÓNS AGROGANDEIRAS

O concello de O Pino colabora co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, no curso de "Prevención de Riscos Laborais en explotacións agrogandeiras" cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través do programa de desenvolvemento rural sostible.
Inscrición ata o 15 de outubro  no enderezo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Teléfono de contacto: 986 78 35 82

Máis información na web do ISSGA: http://issga.xunta.es/

Pode descargar a solicitude de inscrición: http://issga.xunta.es/export/sites/default/recursos/descargas/Actividade/SOLICITUDE_SR._AGROGANDEIRO_E_FORESTAL.pdf

ou  recoller o modelo de solicitude na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello.

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MAQUINARIA FORESTAL

O concello de O Pino colabora co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, no curso de "Prevención de Riscos Laborais no Manexo de maquinaria forestal. Manexo práctico de motoserra e rozadoira" cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través do programa de desenvolvemento rural sostible.


Inscrición ata o 20 de outubro por fax ao 982224240 ou nos enderezos electrónicos:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Teléfono de contacto: 982.222.649 - 666.483.504

Máis información na web do ISSGA: http://issga.xunta.es/

As persoas interesadas poderán recoller o modelo de solicitude na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello.


INSCRICIÓN CLASES PREPARATORIAS GRADUADO EDUCACIÓN SECUNDARIA (ESO)

alt

CONVOCATORIA DA XUNTA DE AXUDAS AOS AUTÓNOMOS PARA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS

A Consellería de Traballo e Benestar publica no DOG a Orde do 30 de maio pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, confinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014. As solicitudes deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es/portada. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2014.

+ Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140612/AnuncioCA05-050614-0003_gl.pdf

CONVOCATORIA DA XUNTA DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS TRABALLADORAS

O Concello de O Pino informa de que a Consellería de Traballo e Benestar publica no DOG a Orde do 21 de maio da Consellería de Traballo e Benestar pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014. As solicitudes deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es/portada. O prazo pra a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2014.

+ información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140604/AnuncioCA05-230514-0001_gl.pdf

Curso de Carretillas Elevadoras

Curso de Carretillas Elevadoras

O curso poderá ser gratuíto para os traballadores en activo que estén dados de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social. Prazo de solicitude ata o vindeiro 29 de maio na Ocina de Desenvolvemento Local do Concello por orde de inscrición, non admitíndose máis de 15 alumnos/as.

Descarga aquí a ficha da oferta:



Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (curso-carretillas.pdf)Ficha do curso 369 Kb

CHARLA INFORMATIVA DA GARDA CIVIL SOBRE ROUBOS NO RURAL

 

O Equipo ROCA da Garda Civil, encargados de investigar os roubos en núcleos rurais, organiza o vindeiro 5 de maio ás 12 da mañá unha charla informativa na Casa da Cultura (Arca) sobre os roubos que se están producindo no Rural e de como evitalos e previlos.

 

É importante acudir porque o equipo dará moi bos consellos aos veciños e veciñas do noso concello.


Decálogo de medidas de seguridade para evitar roubos.





alt









Estás en Novas Desenvolvemento Local

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information