Desenvolvemento Local

CONVOCATORIA DA XUNTA DE AXUDAS AOS AUTÓNOMOS PARA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS

A Consellería de Traballo e Benestar publica no DOG a Orde do 30 de maio pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, confinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014. As solicitudes deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es/portada. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2014.

+ Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140612/AnuncioCA05-050614-0003_gl.pdf

CONVOCATORIA DA XUNTA DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS TRABALLADORAS

O Concello de O Pino informa de que a Consellería de Traballo e Benestar publica no DOG a Orde do 21 de maio da Consellería de Traballo e Benestar pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014. As solicitudes deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es/portada. O prazo pra a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2014.

+ información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140604/AnuncioCA05-230514-0001_gl.pdf

Curso de Carretillas Elevadoras

Curso de Carretillas Elevadoras

O curso poderá ser gratuíto para os traballadores en activo que estén dados de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social. Prazo de solicitude ata o vindeiro 29 de maio na Ocina de Desenvolvemento Local do Concello por orde de inscrición, non admitíndose máis de 15 alumnos/as.

Descarga aquí a ficha da oferta:



Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (curso-carretillas.pdf)Ficha do curso 369 Kb

CHARLA INFORMATIVA DA GARDA CIVIL SOBRE ROUBOS NO RURAL

 

O Equipo ROCA da Garda Civil, encargados de investigar os roubos en núcleos rurais, organiza o vindeiro 5 de maio ás 12 da mañá unha charla informativa na Casa da Cultura (Arca) sobre os roubos que se están producindo no Rural e de como evitalos e previlos.

 

É importante acudir porque o equipo dará moi bos consellos aos veciños e veciñas do noso concello.


Decálogo de medidas de seguridade para evitar roubos.





alt









A DEPUTACIÓN CONVOCA 24 BOLSAS PARA REALIZAR PRÁCTICAS EN EMPRESAS ALEMÁS


A Deputación da Coruña convoca 24 bolsas para realizar prácticas en empresas alemás.
O Proxecto PRÁXIDE foi aprobado dentro da convocatoria do Programa Leonardo dá Vinci,  xestionado en España polo Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos (OAPEE), adscrito ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Os participantes realizarán as súas prácticas laborais en empresas alemás situadas no distrito
de Enzkreis, no Lander de Baden-Württemberg, con estancias de 12 semanas de duración,
incluíndo un período de preparación cultural, pedagóxica e lingüística.

Os interesados/as poderán presentar a solicitude ata ou 14/12/2014.

Para máis información pode picar na seguinte ligazón no que atopará ademais o impreso de solicitude:

http://proxectoseuropeos.dicoruna.es/index.php/proyecto-praxide-leonardo

CONVOCATORIA PROBAS DE AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS CLAVE


RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación da CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR



Comptencias clave que se convocan:

- Comunicación en lingua galega

 

- Comunicación en lingua castelá

 

- Comunicación en lingua estranxeira (inglés)

 

- Competencia matemática



No anexo IV desta resolución especifícanse as competencias clave requiri­das para acceder aos certificados de profesionalidade por familias profesionais



PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO


A participación nestas probas deberá formalizarse presentando solicitude segundo o modelo que se establece no anexo I desta resolución.

O prazo para presentala é a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 10 de abril de 2014.


Poderán presentarse preferiblemente por vía electrónica ou por calquera outro medio válido en dereito.

REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE

O lugar e datas das probas de avaliación en competencias clave serán expostos na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es/ e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar. O calendario da convocatoria inclúese no anexo II desta resolución.

 

NORMATIVA: ( DOG. Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014):
 http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140314/AnuncioCA05-070314-0001_gl.pdf


 




NOVO CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS


Celebrado o pasado día 14 un curso, programamos outro para o vindeiro 28 de marzo, debido a que hai xente que non pudo entrar non anterior por límite de aforo.

Os que queiran asistir ao curso, deberán pasar polo Concello para cumprimentar a solicitude, ou ben descargala no seguinte enlace:
http://www.concellodeopino.com/attachments/article/369/IMPRESO%20SOLICITUDES%20CURSOS2014.pdf

unha vez cumprimentada e asinada entragarana na Oficina de Desenvolvemento Local do concello antes do día 27 de marzo.

CONVOCATORIA DE AXUDAS LEADER ULLA TAMBRE MANDEO 2014-2015


Nova convocatoria de axudas Leader Ulla Tambre Mandeo 2014-2015

Xa está aberta a convocatoria de axudas do Programa Leader. Podes solicitar a subvención ata o próximo 31 de marzo do 2015.
 
Se vas investir en algún dos dez concellos do GDR (Comarca de Arzúa, Comarca de Melide, Curtis ou Vilasantar) pasa pola oficina do GDR: Antigo Centro de Saúde na Avda de Lugo, 41 - Pedrouzo - Arca (O Pino) Telef: 981.511.377

+ Info: http://ullatambremandeo.blogspot.com.es/

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS

O curso terá lugar o día 14 de marzo no Centro Sociocultural "Luis Seoane" en horario de 17:00 a 20:00 horas.

Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (CARTEL O PINO 2014.pdf)cartel 137 Kb
Estás en Novas Desenvolvemento Local

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information