Desenvolvemento Local

CONVOCATORIA PROCEDEMENTO AVALIACIÓN E ACREDITACIÓN COMPETENCIAS PROFESIONAIS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, publica no DOG a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a traves da experiencia laboral nas seguintes cualificacións profesionais:

- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 646 prazas.
– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2):
455 prazas.
– Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.
– Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
– Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
– Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.
– Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 250 prazas.
– Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 70 prazas.
- Aproveitamentos forestais (AGA343_2): 100 prazas.
– Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.

PUNTO DE INFORMACIÓN:
1. A Consellería de Economía, Emprego e Industria garantirá un servizo aberto e permanente
a todas as persoas interesadas en obteren unha acreditación oficial da súa competencia
profesional que lles facilite orientación e información xeral sobre o procedemento,
sobre documentación que deberán presentar, requisitos de acceso, lugares e datas de
presentación de solicitudes.
2. Nesta convocatoria, a información e orientación necesaria para aquelas persoas que
queiran participar no procedemento será facilitada nos seguintes puntos:
a) No Instituto Galego das Cualificacións.
b) Nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
c) Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
d) Nos centros propios de formación profesional para o emprego da Consellería de Economía,
Emprego e Industria.

PRAZO DE SOLICITUDES: Desde o 11 de xaneiro ata o 11 de febreiro de 2016, ambos inclusive.

Máis información no arquivo adxunto

Nadal Benéfico



Este ano o Concello de O Pino, vendo a gran acollida en anos anteriores, volve polo Nadal a organizar a recollida de alimentos non perecedoiros. 
É o III Nadal Benéfico coa colaboración de Servizos Sociais, Cáritas Parroquial de Arca - O Pino, Coro de Santa Euladia de Arca e a Banda de Música de  Arca. Na entrada da Casa da Cultura Luís Seoane haberá un espazo habilitado para a recollida de alimentos que despois se entregarán ás familias necesitadas do concello.
Programación: 
Domingo 6 de decembro ás 19:00 horas a obra de teatro “Tacóns Na Corda”
Domingo 13 de decembro ás 19:00 horas a obra de teatro “Vellos, Vellas e outras lerias”
O Venres 18  de decembro convidamos aos nenos/as do Cpi Camiño de Santiago a Casa da Cultura á presentación do libro“ Os Bolechas van O Pino a facer o Camiño de Santiago”
Tras a presentación teremos a visita de Papá Noel, onde recollerá ás cartas dos raparigos/as e fará entrega do libro.
Domingo 27 de decembro ás 20:00 horas Tradicional Concerto de Nadal da Banda de Arca na Casa da Cultura.
Luns 28 de decembro dende ás 16:30 horas teremos para todos os nenos/as que se acheguen á Casa da Cultura, coa colaboración da Asociación Xuvenil Feitizo, xogos, obradoiros, etc... totalmente de balde.
Para rematar esta xornada ás 18:30 horas teremos a Fanfarra de Soños cos Títeres " O Soñador de Historias"
Domingo 3 de xaneiro ás 19:00 horas Concerto do Coro Santa Eulalia de Arca que acompañado polo Coro de Forcarei farán o  concerto  " Cantos Populares en Familia"
Martes 5 de xaneiro desde pola mañá Os Reis Magos acompañados dos Paxes Reais percorrerán as 13 Parroquias do noso concello. Este día remata no Pavillón Municipal onde dende as 17:00 horas haberá hinchables e globoflexia, etc.. e a partir das 19:00 horas chegarán SS.MM. para recoller as últimas cartas  e escoitar a todos os nenos/as que se acheguen a eles.

PROXECTO REDEXIANA2: CURSO "ACTIVIDADES AUXILIARES EN AGRICULTURA"

A acción formativa ten unha duración total de 570 horas (330 horas de formación teórica, 40 horas de orientación laboral e 200 horas de formación práctica en entidades e empresa da provincia relacionadas co sector agrario), dirixida ás persoas desempregadas empadroadas no concello. Realizarase no Concello de Touro.

Esta acción formativa é promovida pola Deputación da Coruña e cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

Os contidos son os seguintes:

UC0517_1 Realizar operacións auxiliares para a preparación do terreo, sembra e plantación de cultivos agrícolas.
UC0518_1 Realizar operacións auxiliares para o rego, abonado e aplicación de tratamentos en cultivos agrícolas.
UC0519_1 Realizar operacións auxiliares nos coidados culturais ede recolección de cultivos e no mantemento das instalacións en explotaciones agrícolas.


Trátase dunha acción conveniada coa Consellería de Traballo e Benestar a través da cal as persoas que rematen axeitadamente a formación terán acceso ao certificado de profesionalidade correspondente ao NIVEL 1 de cualificación.

Ás persoas interesadas en participar esixiráselle o certificado de escolaridade ou equivalente e non se lles esixirán outros requisitos académicos nin profesionais.

Está por determinar a data de inicio debido a que estase a desenvolver o proceso de acreditación provisional das instalacións por parte da Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar.

O PRAZO DE INSCRICIÓN FINALIZA O MÉRCORES 30 DE SETEMBRO, na Oficina de Desenvolvemeto Local.


No momento da inscrición deberán aportar a documentación que se relaciona no documento adxunto:

Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (Documentación a entregar.pdf)Documentación a entregar.pdf 108 Kb

CONVOCATORIA UTILIZACIÓN SERVIZOS CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE CALVO SOTELO CURSO 2015-2016

A Deputación da Coruña, publica no BOP de hoxe 22 de xuño a covocatoria de axudas para a utilización de servizos no Centro docente Calvo Sotelo durante o curso 2015-2016 para realizar estudos de Ciclos Formativos de Formación Profesional. Os alumnos/as poderán solicitar as axudas para os seguintes servizos: servizo de internado, servizo de media pensión e servizo de tique comedor día.

O prazo para solicitar as axudas comeza o 1 de xullo e rematará o 30 de xullo de 2015.

Para acceder a convocatoria pique no seguinte enlace: 
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/06/22/2015_0000006639.pdf

FORMACIÓN SOBRE A ENTREVISTA DE TRABALLO

Financiada pola Deputación da Coruña, os días 22, 24 e 26 de xuño vaise impartir en Arca formación sobre como conseguir unha entrevista de traballo con éxito. As persoas interesadas poderán inscribirse presencialmente na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello ou ben, chamando ao teléfono: 981 511 002 antes do vindeiro 19 de xuño.

BASES OBRADOIRO DE EMPREGO "ULLA-TAMBRE"

Ver arquivo adxunto
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (bases obradoiro emprego Ulla-Tambre.pdf)bases obradoiro emprego Ulla-Tambre.pdf 8253 Kb

OBRADOIRO DE EMPREGO "ULLA-TAMBRE"

APERTURA PRAZO SOLICITUDE DE GRUPOS DA REDE CULTURAL

Aberto o prazo dende o 31 de marzo ata o vindeiro 20 de abril, ámbolos dous incluídos, para solicitar á Deputación da Coruña actuacións dos grupos inscritos na Rede Cultural.

Poderá ver as bases no seguinte enlace: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2014/12/05/2014_0000013193.pdf

AS SOLICITUDES DEBERÁN PRESENTARSE OBRIGATORIAMENTE DE XEITO TELEMÁTICO A TRAVES DA PÁXINA WEB DA DEPUTACIÓN:
 



alt src=http://concellodeopino.com/images/stories/rde%20cult.jpg

APERTURA PRAZO SOLICITUDE PROBAS AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS CLAVE

A Consellería de Traballo e Benestar mediante resolución do 26 de febrero de 2015, convoca as probas de avaliación en competencias clave para poder acceder ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional para o emprego. (DOG, 16 de marzo de 2015).

Os destinatarios destas probas son aquelas persoas que non poden acceder á formación dos certificados profesionais por non ter a formación académica requirida.

Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
• Comunicación en Lingua Galega.
• Comunicación en Lingua Castelá.
• Comunicación en Lingua Estranxeira (inglés).
• Competencia Matemática.
Calendario do procedemento

Datas

Prazo de presentación de solicitudes

Desde o día seguinte da publicación desta resolución no Diario Ofi­cial de Galicia ata o 10 de abril de 2015

Publicación da lista provisional de admitidos

7 de maio de 2015

Presentación de alegacións

Ata o 12 de maio de 2015

Publicación da lista definitiva de admitidos

20 de maio de 2015

Realización das probas:

Competencias clave de nivel 2

Competencias clave de nivel 3

Os dous niveis o día 23 de maio de 2015

Publicación dos resultados provisionais das probas

6 de xuño de 2015

Presentación de reclamacións

Ata o 10 de xuño de 2015

Publicación dos resultados definitivos das probas

20 de xuño de 2015


Presentación de solicitudes e prazo
Enlace da convocatoria e na que se pode descargar a solicitude:

1.  A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude se­gundo o modelo do anexo I desta resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualifica­cións. 

2. O prazo para presentala é a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 10 de abril de 2015.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150316/AnuncioCA05-050315-0008_gl.pdf


Estás en Novas Desenvolvemento Local

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information