Desenvolvemento Local

SUBVENCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE FIESTRAS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede subvencións para a renovación de fiestras.

BENEFICIARIOS: As persoas físicas propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e comunidades ou mancomunidades de veciños.

CONTÍA: Máximo de 100 €/m2 de oco, cuns límites de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso. No caso de comunidades de propietarios ou edificios de vivendas, a axuda máxima será de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso co máximo de 50.000 € por edificio.

PRAZO DE SOLICITUDES: Comeza o 1 de marzo e ata o 30 de setembro de 2016 ou ata que se esgote o crédito.

TRAMITADOR DAS SOLICITUDES: As entidades colaboradoras do Plan Renove de fiestras son as encargadas de tramitalas.

Na páxina web da xunta: http://ceei.xunta.gal/portada
estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras do Plñan Renve de fiestras.

Ver información da convocatoria en arquivo adxunto:
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (CONVOCATORIA FIESTRAS.pdf)CONVOCATORIA FIESTRAS.pdf 744 Kb

CONVOCATORIA PARA INSCRICIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.
Para poder participar nas probas as persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
  1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
  2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
  3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, apartado 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
  4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2015/2016 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
Os prazos de matrícula serán:
  • Convocatoria de maio: do 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas na primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Ver convocatoria e impresos de solicitude en arquivos adxuntos:

CURSO ACTIVIDADES AUXILIARES EN AGRICULTURA - TOURO

RedeXiana2 :: PROGRAMA ACCION FORMATIVA

Este curso está enmarcado dentro do programa RedeXiana2 da Deputación da Coruña no que O Concello de O Pino está integrado. Realizárase no Concello de TOURO de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, cunha duración total de 570 horas, das cales 330 son teóricas + 40 de orientación laboral e 200 de prácticas en empresas. O curso comezará no mes de febreiro (data por concretar)

Trátase dunha acción convenidada coa Xunta de Galicia a través da cal as persoas que rematen axeitadamente a fomración terán acceso ao certificado de profesionalidade correspondente ao NIVEL 1 de cualificación. 

Os contidos do curso son;

  • Realizar operacións auxiliares para a preparación do terreo, sembra e plantación de cultivos agrícolas.
  • Realizar operacións auxiliares para o rego, abonado e aplicación de tratamentos en cultivos agrícolas.
  • Realizar operacións auxiliares nos coidados culturais e de recolección de cultivos e no mantemento das instalacións en explotacións agrícolas.

Ás persoas interesadas en participar esixiráselle o certificado de escolaridade ou equivalente.

O prazo de inscrición remata o luns 15 de febreiro. As persoas interesadas deberán aportar os seguintes documentos:

  1. Fotocopia de DNI ou do NIE no seu caso.
  2. Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada.
  3. Certificado ou volante de empadroamento no Concello de O Pino.
  4. Informe de Vida Laboral actualizado (emitido no mes no que se realiza a inscrición).
  5. Copia compulsada da titulación mínima requerida que lle da acceso á formación
A maiores da documentación mencionada, as persoas que se atopen ou posúan algunha situación especial deberán acreditar tal situación mediante a presentación de documentación adicional seguinte:

  • Inmigrante non comunitario: Tarxeta de residencia vixente con autorización para traballar.
  • Emigrante retornado/a: Baixa consular vixente (2 anos dende a súa emisión), expedida pola Oficina Consular española na que estivese inscrito/a
  • Minoría étnica: Informe de Servizos Sociais Municipais.
  • Discapacitado/a: Certificado de Minusvalía debidamente actualizado, expedido polo órgano competente.
  • Responsable de persoas dependentes: Informe de Servizos Sociais Municipais e Certificado de Convivencia
  • Problematicas socio- familiares: Informe de Servizos Sociais Municipais
  • Persoa que volve ao mercado laboral: Informe de Vida Laboral e Informe dos Servizos Sociais Municipais
  • Perceptor/a RISGA: Resolución de concesión da axuda.
  • Primeiro Emprego: Informe de Vida Laboral.
Para realizar a inscrición deberán dirixirse á Oficina de Desenvolvemento Local.

SUBVENCIÓNS PARA EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) concede subvencións para a instalación de equipamentos que utilicen biomasa como combustible.

Os conceptos subvencionables son:
  • Custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extración de cinzas)
  • Resto de accesorios da instalación
  • Custo de sistema de almacenamento e alimentación do combustible
  • Custo de montaxe e conexionado
  • IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IV
CONTÍA: A intensidade máxima de axuda será do 50%, calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación

O prazo de solicitude comeza o 1 de febreiro e finaliza o 1 de marzo de 2016. As entidades colaboradoras adheridas ao programa, e dicir, os establecementos de venda, serán as encargadas de realizar a venda, tramitar a solicitude e instalar os equipos.

Información sobre as entidades colaboradoras adheridas: 

http://www.inega.es/subvencions/subvencions/Energiasrenovables/2016/ficha_renovables2016_0002.html

Normativa en arquivo adxunto

SUBVENCIÓNS PARA RENOVACIÓN DE CUBERTAS E REHABILITACIÓN DAS FACHADAS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, concede subvencións para a renovación de cubertas con tella cerámica e rehabilitación con granito das fachadas.

A contía da subvención será do 40% dos custos totais subvencionables (55 € por m2,  no caso de cubertas) e no caso das fachadas cun máximo de 12.000 € por vivenda unifamiliar illada e de 40.000 € por edificio de vivendas en bloque.

O prazo de solicitudes comeza o 20 de xaneiro ata o 20 de abril de 2016, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

Información na Dirección Xeral de Enerxía e Minas a través de:

http://economiaeindustria.xunta.es ou ben nos teléfonos: 981 95 70 92 ou 981 95 72 59.


Máis información das convocatorias nos arquivos adxuntos

CURSOS CARNÉ APLICADOR PRODUTOS FITOSANITARIOS

Según o disposto no RD 1311/12 dende o  26 de novembro do 2015 o carnet Básico de aplicador de produtos fitosanitarios é obrigatorio para os agricultores que realizan tratamentos fitosanitarios na propia explotación. Tamén se expedirán para o persoal auxiliar da distribución que manipule produtos fitosanitarios.


A través do Plan de formación continua no agro galego 2016, a Xunta organiza accións formativas no agro como son os cursos de usuarios profesionales de produtos fitosanitarios, entre eles están:

1.- Cursos de NIVEL BÁSICO para obter o carné de aplicador de produtos fitosanitarios.

2.- Cursos para RENOVACIÓN do carné de NIVEL BÁSICO de aplicador de produtos fitosanitarios.


Os interesados na realización de calquera deles poden pasar pola Oficina Agraria Comarcal de Arzúa para solicitalos, anexando copia do D.N.I. en ámbolos dous casos, e nos casos de renovación, a maiores, fotocopia do carnet de nivel básico caducado e as taxas de renovación.


Para coñecer a demanda de estes cursos e a súa posterior planificación, anotarse na Oficina Agraria de Arzúa antes do 27 de xaneiro de 2016.



OFICINA AGRARIA COMARCAL DE ARZÚA

Tel.: 981 500 062

CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS DEPUTACIÓN PARA ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

A Deputación Provincial da Coruña convoca subvencións dirixidas ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de actividades e investimentos de promoción económica, culturais, deportivas, servizos sociais e entidades asociativas agrarias labregas durante o ano 2016.

As subvencións deberán tramitarse obrigatoriamente de xeito telemáticos, a través da páxina web da Deputación da Coruña:https://www.dicoruna.es/subvencions/

Para poder tramitar as subvencións, as entidades deberán dispoñer dun enderezo de correo electrónica e certificado dixital ou DNI electrónico da Presidencia e Secretaría da propia entidade.

O prazo para a presentación de solicitudes remata ás 14:00 horas do 15 de xaneiro de 2016.

Enlace directo ás convocatorias das subvencións BOP 25 de novembro de 2016: http://bop.dicoruna.es/bopportal/ultimoBoletin.do;jsessionid=CAE48694FF7812C811CBCB530528FA79



Enlace Bases Reguladoras común para todas as entidades BOP 18 de novembro de 2016:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/11/18/2015_0000011148.pdf

Tamén poderán descargar as convocatorias nos arquivos que se xuntan:

CONVOCATORIA PROCEDEMENTO AVALIACIÓN E ACREDITACIÓN COMPETENCIAS PROFESIONAIS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, publica no DOG a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a traves da experiencia laboral nas seguintes cualificacións profesionais:

- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 646 prazas.
– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2):
455 prazas.
– Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.
– Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
– Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
– Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.
– Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 250 prazas.
– Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 70 prazas.
- Aproveitamentos forestais (AGA343_2): 100 prazas.
– Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.

PUNTO DE INFORMACIÓN:
1. A Consellería de Economía, Emprego e Industria garantirá un servizo aberto e permanente
a todas as persoas interesadas en obteren unha acreditación oficial da súa competencia
profesional que lles facilite orientación e información xeral sobre o procedemento,
sobre documentación que deberán presentar, requisitos de acceso, lugares e datas de
presentación de solicitudes.
2. Nesta convocatoria, a información e orientación necesaria para aquelas persoas que
queiran participar no procedemento será facilitada nos seguintes puntos:
a) No Instituto Galego das Cualificacións.
b) Nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
c) Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
d) Nos centros propios de formación profesional para o emprego da Consellería de Economía,
Emprego e Industria.

PRAZO DE SOLICITUDES: Desde o 11 de xaneiro ata o 11 de febreiro de 2016, ambos inclusive.

Máis información no arquivo adxunto

Nadal Benéfico



Este ano o Concello de O Pino, vendo a gran acollida en anos anteriores, volve polo Nadal a organizar a recollida de alimentos non perecedoiros. 
É o III Nadal Benéfico coa colaboración de Servizos Sociais, Cáritas Parroquial de Arca - O Pino, Coro de Santa Euladia de Arca e a Banda de Música de  Arca. Na entrada da Casa da Cultura Luís Seoane haberá un espazo habilitado para a recollida de alimentos que despois se entregarán ás familias necesitadas do concello.
Programación: 
Domingo 6 de decembro ás 19:00 horas a obra de teatro “Tacóns Na Corda”
Domingo 13 de decembro ás 19:00 horas a obra de teatro “Vellos, Vellas e outras lerias”
O Venres 18  de decembro convidamos aos nenos/as do Cpi Camiño de Santiago a Casa da Cultura á presentación do libro“ Os Bolechas van O Pino a facer o Camiño de Santiago”
Tras a presentación teremos a visita de Papá Noel, onde recollerá ás cartas dos raparigos/as e fará entrega do libro.
Domingo 27 de decembro ás 20:00 horas Tradicional Concerto de Nadal da Banda de Arca na Casa da Cultura.
Luns 28 de decembro dende ás 16:30 horas teremos para todos os nenos/as que se acheguen á Casa da Cultura, coa colaboración da Asociación Xuvenil Feitizo, xogos, obradoiros, etc... totalmente de balde.
Para rematar esta xornada ás 18:30 horas teremos a Fanfarra de Soños cos Títeres " O Soñador de Historias"
Domingo 3 de xaneiro ás 19:00 horas Concerto do Coro Santa Eulalia de Arca que acompañado polo Coro de Forcarei farán o  concerto  " Cantos Populares en Familia"
Martes 5 de xaneiro desde pola mañá Os Reis Magos acompañados dos Paxes Reais percorrerán as 13 Parroquias do noso concello. Este día remata no Pavillón Municipal onde dende as 17:00 horas haberá hinchables e globoflexia, etc.. e a partir das 19:00 horas chegarán SS.MM. para recoller as últimas cartas  e escoitar a todos os nenos/as que se acheguen a eles.

Estás en Novas Desenvolvemento Local

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information