Desenvolvemento Local

APERTURA PRAZO SOLICITUDE SUBVENCIÓNS DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

Desde hoxe ata o vindeiro 21 de abril, as entidades sen ánimo de lucro poderán solicitar á Deputación da Coruña a subvención para realizar actividades e investimentos de promoción económica. O orzamento de gastos deberá ser como mínimo de 3.000 € e máximo de 30.000 €, podendo acadar unha subvención entre 600 € mínimo e 24.000 € máximo.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña: https://sede.dacoruna.gal

Para a súa tramitación, tanto as solicitudes como o resto da tramitación, as entidades deberán dispoñer de DNI electrónico ou certificado dixital e dun correo electrónico de contacto durante toda a tramitación do expediente.


APERTURA PRAZO SOLICITUDE SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DEPORTIVAS

O pasado 9 de marzo a Deputación da Coruña publicou no BOP a convocatoria das bases específicas dos programas de subvencións dirixidas ás entidades deportivas. Na data de hoxe, 22 de marzo, sae publicado os extractos de Resolucións de ditas bases, establecendo o prazo solicitude, que comezará o 23 de marzo e rematará o 25 de abril de 2017.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña www.dacoruna.gal, polo que as entidades interesadas, deberán dispoñer de DNI electrónico ou certificado dixita e dun único correo electrónico de contacto durante toda a tramitación do expediente.


AXUDAS Á PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO E AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da Orde do 7 de febrero de 2017, publica dous programas de axudas:

  1. Programa I. Promoción do emprego autónomo: Dirixido a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, que causasen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social entre o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017.

Contía da subvención: Desde 2.000 € ata 4.000 €.

Prazo de solicitude: Ata o 30 de setembro de 2017.

  2. Programa II. Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas: Dirixido ás persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade, e a segunda e terceira contratación que realicen nos tres primeiros anos dela.

Contía da subvención: Oscilarán entre un mínimo de 5.000 € e un máximo de 12.000 €.

Prazo de solicitude: As realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 13 de marzo de 2017, deberán presentarse ata o 12 de maio. As realizadas desde o 14/03/17, deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita a subvención. En todo caso, o prazo xeral para a presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese os dous meses sinalados anteriormente.

Convocatoria arquivo adxunto.

CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE

Mediante Resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicada no DOG do 7 de marzo, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación, para que as persoas que carecen das titulacións académicas requiridas poidan acceder á formación de ditos certificados.

O prazo de inscrición remata o venres 24 de marzo de 2017.

Lugar de realización das probas: Na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicarase o lugar (prevese que sexa na Fundación Semana Verde de Silleda).

Días de realización das probas:

  • Sábado 13 de maio:
  1. Nivel 2: 9:00 horas
  2. Nivel 3: 15:30 horas

Para máis info:

http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-competencias-clave


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (AnuncioG0424-010317-4_gl.pdf)AnuncioG0424-010317-4_gl.pdf 802 Kb
Descargar este adjunto (Impreso solicitude.pdf)Impreso solicitude.pdf 907 Kb

SUBVENCIÓNS PARA EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) concede subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares (persoas físicas e propietarias dun inmoble do sector residencial). Entre os equipamentos subvencionables están:


- Estufas de aire, cociñas calefactoras e xeradores de aire quente.
- Cambio de queimador en equipamentos existentes que non sexa de biomasa
- Caldeiras con sistema de alimentación automática.


CUANTÍA: A intensidade máxima da subvención será dun 50% do investimento elexible.


Os interesados/as en acollerse á subvención deberán dirixirse ás entidades colaboradoras (establecementos de venda dos equipamentos) que serán os que se encargarán da venda, tramitación e xustificación da solicitude e instalación dos equipos.

Consulta da listaxe de entidades colaboradoras: www.inega.gal

O prazo para solicitar comeza o 24 de marzo e remata o 23 de abril de 2017.

Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (Anuncio convocatoria.pdf)Anuncio convocatoria.pdf 1430 Kb
Descargar este adjunto (bando biomasa.pdf)bando biomasa.pdf 394 Kb

SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PARA AS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

A Deputación da Coruña, abre o prazo o vindeiro luns 6 de marzo para que as entidades sen ánimo de lucro (culturais e musicais) soliciten a subvención para a realización de actividades e investimentos.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña: www.dacoruna.gal

Para poder tramitar a solicitude a entidade deberá disponer dun único correo electrónico de contacto durante toda a tramitación do expediente e dispoñer de certificado dixital as persoas que ocupen a Presidencia e Secretaría da entidade.

As axudas a conceder oscilarán entre un mínimo de 600,00 € e un máximo de 30.000,00 €.

O prazo de solicitude finaliza o 7 de abril.

En arquivos adxuntos, poderá obter información sobre as bases reguladoras xerais e específicas das convocatorias

SOLICITUDE ESPECTÁCULOS DA REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Mediante o programa ALIERCE enmarcado dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña, as entidades sen ánimo de lucro poderán solicitar espectáculos de grupos de música, danza e teatro non profesionais. Poderase solicitar só una contratación e en ningún caso serán artistas ou grupos non profesionais radicados no propio termo municipal.

O prazo de solicitude comezará o vindeiro día 23 de febreiro ás 00.00 horas e rematará o 10 de marzo ás 14:00 horas.

As solicitudes deberán presentarse telemáticamente a través da páxina web da Deputación. http://www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural

sendo preciso que a entidade dispoña de sinatura electrónica.

A Deputación da Coruña financiará o 70% do importe do espectáculo.

Bases reguladoras en arquivo adxunto


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (BASES REGULADORAS.pdf)BASES REGULADORAS.pdf 129 Kb

INFORMACIÓN SOBRE AS RECLAMACIÓNS QUE PODEN PRESENTAR OS VECIÑOS QUE TIVERON CORTES DE LUZ


Os vecinos e veciñas do Concello de O Pino que resultaron afectados polos cortes no subministro eléctrico ocasionados por mor dos temporais acaecidos en días pasados, poderán presentar reclamacións por escrito á compañía subministradora.

Coa reclamación deberán achegar a seguinte documentación:

  • DNI.
  • Datos da compañía subministradora (reflexada na factura da luz).
  • Titular, enderezo e núm. de contrato.
  • Días ou horas nos que se suspendeu o subministro da luz.
  • Reportaxe fotográfica dos danos producidos.
  • Facturas, ou na súa ausencia, valoración económica ou un informe técnico dos danos e a súa reparación.

Para maior comodidade facilitámoslle dous modelos, un do Instituto Galego de Consumo (IGC) e outro para reclamar á compañía subministradora.

Primeiro deberá presentarse a reclamación á compañía subministradora, transcurrido 1 mes sin que haxa recibido resposta, presentarase ao IGC.

Os interesados/as en presentar a reclamación poderán acudir ás oficinas municipais para prestarlles axuda na cumprimentación da mesma.


CURSOS DE SOCORRISMO ACUÁTICO

No marco do Plan de Emprego Local, a Deputación da Coruña convoca dúas accións formativas dirixidas ás persoas desempregadas, en concreto do Concello de O Pino admitirán 5 inscricións, cuio prazo rematará o vindeiro 14 de febrero ás 14:00 horas.

Os certificados de profesionalidade das accións que se van a impartir son:


AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 HORAS (340 formación teórica e 80 formación práctica)

AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 370 HORAS (290 formación teórica e 80 formación práctica)

A formación consta de formación teórica, que se desenvolverá nas instalación da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) en A Coruña, rúa Gambrinus nº 151, nave 3, de luns a venres en horario de tarde (15:30 a 21:30) e a formación práctica realizaránse nas praias de concellos da provincia.

Os interesados/as en solicitar a inscrición deberán dirixirse ao Concello a área de Desenvolvemento Local, co formulario de inscrición cumprimentado (si é posible) e informe médico.


CONVOCATORIA PROBAS OBTENCIÓN TÍTULO DE BACHAREL

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos, que non estean a cursar ensinanzas de bacharelato en ninguna das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2016/17.

Prazo de solicitude: do 24 de febreiro ata o 10 de marzo de 2017.

+ info nos arquivos adxuntos

Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (AnuncioG0164-020217-0002_gl.pdf)AnuncioG0164-020217-0002_gl.pdf 807 Kb
Descargar este adjunto (SOLICITUDE INSCRICIÓN PROBA.pdf)SOLICITUDE INSCRICIÓN PROBA.pdf 867 Kb
Estás en Novas Desenvolvemento Local

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information