SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS E CONTRATACIÓN TRABALLADORES POLAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

A Deputación da Coruña, abríu o prazo para solicitar as axudas ao fomento da iniciativa empresarial entre xóvenes emprendedores para a posta en marcha da súa idea de negocio e incentivos á contratación para a creación ou ampliación do cadro de persoal de pequeñas e medianas empresas e microempresas.

LIÑA 2. PEL-EMPRENDE

DESTINATARIOS:

Persoas físicas:

  • Mozos e mozas entre 25 e 35 anos que houberan iniciado a actividade económica con data de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos anterior ao 27 de xaneiro de 2017 e non ter exercido como autónomo/a nos tres meses anteriores á alta.
  • Estar empadroado nalgún concello da Provincia da Coruña.

Persoas xurídicas:

  • Cumprir os anteriores requisitos.
  • Ter o domicilio social e o da actividade nun municipio da provincia da Coruña.
  • Estar inscritos/as no rexistro público correspondente e estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria, Seguridade Social e Deputación da Coruña.

Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens o calquera ouro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, carentes de personalidade xurídica propia nin aquelas persoas dadas de alta no RETA como familiar colaborador dun empresario autónomo.

SUBVENCIÓNS E CONTÍAS: O importe máximo da subvención a conceder é de 20.000€ (excluído IVE), sendo o orzamento máximo de gastos de 40.000€ (excluído IVE).


LIÑA 3. PEL-PEMES

DESTINATARIOS: Dirixido a pequeñas e medianas empresas e microempresas en calquera das modalidades xurídicas existentes, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís que reúnas os seguintes requisitos:

  • Domicilio fiscal en calquera concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.
  • Estar inscrita no rexistro público correspondente.
  • Disponer dos medios técnicos axeitados para que o traballador/a desempeñe as súas tarefas.

OBXECTO: Contratar a persoas desempregadas inscritas como demandante na Oficina de Emprego por un período mínimo de 12 meses.

SUBVENCIÓNS E CONTÍAS: Será o 75% dos custos estimados de contratación según os distintos grupos de cotización e categorías profesionais. A axuda será como mínimo de 13.500 € e máximo 16.500 €.

PRAZO DE SOLICITUDE: Para as dúas liñas, do 27 de xaneiro ao 3 de marzo de 2017.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial de A Coruña: https://sede.dicoruna.es. Para presentar as solicitudes é imprescindible que o solicitante e o representante legal da entidade cando se trate de persoas xurídicas, dispoñan de sinatura electrónica.

Máis información sobre as convocatorias, pique en documentos adxuntos:




Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Acceder a esta URL (http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=16/01/2017)cambioBoletin.do 26 Kb
Acceder a esta URL (http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=26/01/2017)cambioBoletin.do 26 Kb
Estás en Novas Desenvolvemento Local SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS E CONTRATACIÓN TRABALLADORES POLAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information