Desenvolvemento Local

CURSO OPERADOR DE CARRETILLA ELEVADORA

alt
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (IMPRESO SOLICITUDE.pdf)IMPRESO SOLICITUDE.pdf 395 Kb

CURSO DE ADAPTACIÓN AO SOCORRISMO CONVOCADO POLA ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

A ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA convoca hoxe no DOG un curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais destinados aos Licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e Técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas

Solicitude: O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es ; non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

Prazo: Ata o vindeiro 18 de maio.



Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (AnuncioO3C2-030517-0001_gl.pdf)AnuncioO3C2-030517-0001_gl.pdf 494 Kb

CURSO MANIPULADOR DE ALIMENTOS





Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (IMPRESO SOLICITUDE.pdf)IMPRESO SOLICITUDE.pdf 387 Kb

PLAN RENOVE DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, concede subvencións para a renovación de instalacións eléctricas común en edificios de vivendas.

Contía: Máximo de 150 € por contador, cun límite máximo de 3.000 € por instalación non podendo superar o 25% do total do custo da instalación.

Prazo de solicitude: Ata o 1 de setembro.

Presentación de solicitudes: As empresas instaladoras adheridas a este plan, son as encargadas de tramitar a solicitude. A listaxe de entidades aparece no seguinte enlace: https://entidadescolaboradoras.xunta.gal/electricas/consulta/


+ información en arquivos adxuntos


AXUDAS A NOVOS EMPRENDEDORES DO INTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DA XUNTA DE GALICIA

O INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) CONVOCA AXUDAS PARA A CREACIÓN DE NOVAS EMPRESAS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA (Galicia Emprende)
As axudas van desde o 35% do investimento, no caso das pequenas empresas, e o 25% para as medianas, sempre que se realice un investimento entre os 25.000 e os 500.000 euros.
Nesta primeira convocatoria poderán presentarse as solicitudes desde hoxe ata o 20 de xuño. Na segunda convocatoria poderán presentarse desde o 30 de xuño ata o 29 de setembro e na terceira convocatoria desde o 10 de outubro ata o 30 de novembro de 2017.
Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
No suposto de que o solicitante sexa unha persoa física e non teña capacidade técnica ou económica, ou que por outros motivos non teña garantido o acceso e a disponibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, poderá dirixirse ás oficinas centrais do Igape en Santiago de Compostela ou a calquera das súas oficinas territoriais, para que lle presten asistencia e medios para cubrir o formulario electrónico, ou a través do número de teléfono 900 81 51 51. Deste xeito obterase o formulario de solicitude. Unha vez cuberto o formulario, obterase o formulario normalizado de solicitude.

DOG do 17 de abril de 2017: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170417/AnuncioO92-270317-0001_gl.pdf

SUBVENCIÓNS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA ÁS EMPRESAS PARA CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede subvencións ás empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos/as, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica que contraten por conta allea persoas traballadoras desempregadas de longa duración (aquelas persoas de 45 ou máis anos de idade, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, polo menos, 12 meses nos últimos 18 anteriores á súa contratación).

Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017.

+ info, arquivo adxunto







Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf 1053 Kb

APERTURA PRAZO SOLICITUDE SUBVENCIÓNS DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

Desde hoxe ata o vindeiro 21 de abril, as entidades sen ánimo de lucro poderán solicitar á Deputación da Coruña a subvención para realizar actividades e investimentos de promoción económica. O orzamento de gastos deberá ser como mínimo de 3.000 € e máximo de 30.000 €, podendo acadar unha subvención entre 600 € mínimo e 24.000 € máximo.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña: https://sede.dacoruna.gal

Para a súa tramitación, tanto as solicitudes como o resto da tramitación, as entidades deberán dispoñer de DNI electrónico ou certificado dixital e dun correo electrónico de contacto durante toda a tramitación do expediente.


APERTURA PRAZO SOLICITUDE SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DEPORTIVAS

O pasado 9 de marzo a Deputación da Coruña publicou no BOP a convocatoria das bases específicas dos programas de subvencións dirixidas ás entidades deportivas. Na data de hoxe, 22 de marzo, sae publicado os extractos de Resolucións de ditas bases, establecendo o prazo solicitude, que comezará o 23 de marzo e rematará o 25 de abril de 2017.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña www.dacoruna.gal, polo que as entidades interesadas, deberán dispoñer de DNI electrónico ou certificado dixita e dun único correo electrónico de contacto durante toda a tramitación do expediente.


AXUDAS Á PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO E AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da Orde do 7 de febrero de 2017, publica dous programas de axudas:

  1. Programa I. Promoción do emprego autónomo: Dirixido a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, que causasen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social entre o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017.

Contía da subvención: Desde 2.000 € ata 4.000 €.

Prazo de solicitude: Ata o 30 de setembro de 2017.

  2. Programa II. Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas: Dirixido ás persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade, e a segunda e terceira contratación que realicen nos tres primeiros anos dela.

Contía da subvención: Oscilarán entre un mínimo de 5.000 € e un máximo de 12.000 €.

Prazo de solicitude: As realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 13 de marzo de 2017, deberán presentarse ata o 12 de maio. As realizadas desde o 14/03/17, deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita a subvención. En todo caso, o prazo xeral para a presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese os dous meses sinalados anteriormente.

Convocatoria arquivo adxunto.

CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE

Mediante Resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicada no DOG do 7 de marzo, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación, para que as persoas que carecen das titulacións académicas requiridas poidan acceder á formación de ditos certificados.

O prazo de inscrición remata o venres 24 de marzo de 2017.

Lugar de realización das probas: Na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicarase o lugar (prevese que sexa na Fundación Semana Verde de Silleda).

Días de realización das probas:

  • Sábado 13 de maio:
  1. Nivel 2: 9:00 horas
  2. Nivel 3: 15:30 horas

Para máis info:

http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-competencias-clave


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (AnuncioG0424-010317-4_gl.pdf)AnuncioG0424-010317-4_gl.pdf 802 Kb
Descargar este adjunto (Impreso solicitude.pdf)Impreso solicitude.pdf 907 Kb
Estás en Novas Desenvolvemento Local

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information