Deportes

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS DO CONCELLO NO DÍA DE HOXE

Debido os fenómenos meteorolóxicos adversos que a Xunta de Galicia notificou para a tarde deste martes 4 de febreiro, a Comisión Escolar de Alertas determinou a suspensión de toda actividade docente, transporte escolar, actividades no exterior e extraescolares para este martes nos centros educativos situados nos municipios das zonas de predicción meteorológica de A Mariña; asimesmo, acordou a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos situados nos municipios das provincias de A Coruña e Pontevedra, así como nas zonas de montaña de Lugo e Ourense, a causa da alerta laranxa.

Nesta tarde de martes quedan suspendidas por precaución seguindo as indicacións desta alerta, todas as actividades culturais e deportivas do Concello de O Pino, sexan estas de adultos ou escolares (aerobic, ximnasia por parroquias, fútbol sala, tenis, inglés lúdico...).



SORTEO CAMPAÑA DE ESQUÍ 2014

Mañá xoves ás 12.30 horas realizarase o sorteo perante a secretaria do Concello para decidir os nenos/as que tomarán parte na Campaña de Esquí da Deputación que se levará a cabo na quenda do 14/03/2014 o 16/03/2014 na Estación de San Isidro en León.

Todos os pasi/nais que desexen asistir ó sorteo poderán facelo nas dependencias municipais mañá xoves 30 de xaneiro ás 12.30 horas.

XORNADA INTERCOMARCAL DE BADMINTON SÁBADO


O vindeiro sábado disputarase no polideportivo municipal do Concello de O Pino ubicado a carón do Centro Escolar CPI Camiño de Santiago a xornada intermunicipal do deporte do Badminton na cal os asistentes terán a oportunidade de practicar e familiarizarse coa normativa de competición deste deporte.

Todos os nenos/as que desexen tomar parte nesta xornada deberán comunicalo o Departamento de Deportes do Concello de O Pino no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou directamente na actividade cuio horario é os mércores e venres de 15:30 a 16:30 horas.




CAMPAÑA DE ESQUÍ 2014. QUENDA CONCELLO DE O PINO

A Deputación da Coruña dentro da súa campaña de promoción do deporte e da cultura pon en marcha este ano unha campaña de esquí na estación de esquí de San Isidro, na provincia de León, para que ata un máximo de 500 rapaces da provincia de A Coruña nados nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003 poidan gozar dunha fin de semana de estadía na neve. O programa realizarase no marco dun convenio de colaboración coa Deputación de León, que a cambio poderá traer a douscentos rapaces desta provincia a participar nos campamentos de verán que organiza a institución coruñesa no centro Calvo Sotelo.
O obxectivo deste programa, segundo explicou o presidente Diego Calvo, é fomentar que os nenos da provincia poidan familiarizarse cos deportes da neve mentres que os rapaces de León farán o mesmo coas prácticas náuticas.

Ao Concello de O Pino concedéronselle 3 prazas nas seguintes datas:

QUENDA 4:    Do 14/03/2014 ó 16/03/2014

PREZO:         36 €/participante

Todos os rapaces/zas nados nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003 empadroados no Concello interesados/as en participar deberán recoller e presentar antes do martes 28 de xaneiro ás 14:00 horas a ficha de inscrición solicitando a participación nas CAMPAÑA DE ESQUÍ 2014 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

No caso de superar o número de solicitudes as prazas concedidas (3) realizarase un sorteo perante a secretaria do Concello para determinar os alumnos que viaxarán finalmente.

Máis información en http://www.dicoruna.es/deportes/actividades/esqui-2014


FASE ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

alt

   O pasado venres celebrouse na localidade de Touro a Fase Comarcal de Campo a Través Escolar. Nela tomaron parte 8 atletas da Escola de Atletismo municipal dos cales obtiveron a clasificación para a Fase Zonal do vindeiro sábado 18/01 no Parque da Alameda de Santiago:

- Rubén Ferreiro Rial en cadetes (xa clasificado en Santiago de Compostela);
- Iria Castro Hermida en alevín femenino, acadando o 2º posto da clasificación xeral da xornada;
- Fernando Franco García e Xoel Blanco Parga en benxamín masculino.

Consulte aquí o horario da xornada do sábado 18 de xaneiro:


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Acceder a esta URL (http://www.atletismogalego.com/HS180114.pdf)HS180114.pdfRegulamento e horario da competición77 Kb

CAMPUS DEPORTIVO DE NADAL 2013

alt

CURSO DE TENIS PARA ADULTOS

alt

PISCINA MUNICIPAL 2013

  

  O martes 2 de xullo abrirá a tempada da piscina municipal do verán. A piscina municipal abrirá as súas portas de luns a domingo en horario de 12 a 20 horas.
Os bonos para empadroados, entradas diarias e cursos reflexanse acontinuación:

TARIFAS

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

Ø      Entrada diaria: 3,60 €


Ø      Bono individual:


v     Residentes:


Adultos:                                           12,00 € (0,60 € diarios)


Nenos/as ata 16 anos incluidos:       6,00 € (0,30 € diarios)


v     Non residentes:


Adultos:                                           24,00 € (1,20 € diarios)


Nenos/as ata 16 anos incluidos:     12,00 € (0,60 € diarios)


Ø      Bono familiar:


Bono pai e nai:..  15, 00 € (parella 0,75 € diarios)


Cota 1º fillo:......   6,00 € (0,30 € diarios)


Cota 2º fillo:......   3,00 € (0,15 € diarios)


Cota 3º fillo: (ou máis)          0 €


              Nenos  menores de 2 anos entrada gratis


 CURSOS DE NATACION


(E obrigatorio estar aboado)


Cursos en xeral ATA UN MÁXIMO DE 2 DIAS A SEMANA


Nenos ata 16 anos:      3,00 € / mes


Adultos: ....................   9,00 € / mes


Os cursos serán de luns a xoves de 12:30 a 13:15. A organización dos grupos dependerán tanto da idade como do nivel dos participantes.


CARNE XOVE


Todos os xoves que acrediten estar en posesión do carné xove, terán un desconto dun 25%.


A partir desta data poderán retirar os bonos na Casa do Concello, tódalas mañás de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.


/* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}



ESCOLA DE VERAN 2013

Aberto o prazo de inscripción da Escola de Verán 2013.

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

BASES DA ESCOLA DE VERAN DO CONCELLO DE O PINO

 

1.       A Escola de Verán é unha proposta do Concello de O Pino a través do seu Departamento de Deportes que pretende non só ocupar o tempo de lecer dos nosos cativos, senón permitir ás familias compaxinar a vida familiar e laboral.

 2.       A Escola de Verán está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 12 anos (ambos inclusive).

 3.       O servizo desenvolverase nos meses de xullo e agosto no Centro CPI Camiño de Santiago ubicado na localidade de Arca-Pedrouzo e nos arredores do mesmo.

 4.       Poderán utilizar este servizo os nenos e nenas empadroados ou non no Concello de O Pino.

 -        As nenas e nenos empadroados no Concello de O Pino terán unha subvención do 50% do custo da actividade.

-        As familias numerosas terán a maiores un desconto dun 20% a partires do 2º fillo.

        5.     O HORARIO DO SERVIZO será de 09:00 horas a 14:00 horas,:

Iniciase o programa, distribuíndo o tempo en xogos, obradoiros, actividades deportivas, lectura,…  Desenvolverase en diferentes recintos (CPI Camiño de Santiago, Casa da Cultura, piscina, parque infantil…).

As nenas e nenos terán que ser recollidos entre as 13:30 a as 14:00 horas.

 Se poderá  solicitar o servizo de almorzo e/ou xantar, pero ditas prestacións non se levaran a cabo a menos que participen un mínimo de seis usuarios. O horario será o seguinte: 

 ·          De 07:30 a 09:00 h: servizo madrugadores que inclúe o almorzo no centro.

 .         De 14:00 a 15:30 h: servizo de xantar.

 

  1. As QUENDAS quedan distribuídas do seguinte xeito (DE LUNS A VENRES)

 -        Do 1 ao 15 de xullo de 2013

-        Do 16 ao 31 de xullo do 2013

-        Do 1 ao 15 de agosto do 2013

-        Do 16 ao 31 de agosto do 2013

 

7.       O NUMERO DE PRAZAS que se oferta é de 50 participantes por quenda. No caso de haber máis solicitudes que prazas poderase ampliar esta cifra. Para que o servizo se leve a cabo deberá haber un número mínimo de solicitudes por quenda.

      8.       FORMALIZACION DA SOLICITUDE

A petición de admisión no servizo realizarase cubrindo a ficha de inscrición e aportando a documentación que se require en dita solicitude que poderán recoller nas dependencias do Concello de O Pino sita en Arca – Pedrouzo, tf 981 511 002, en horario de 10:00 a 14:00 horas, onde se lle indicará a forma de pago.

 -          O prazo de inscrición para as quendas do mes de xullo será do 10 ó 28 de xuño do 2013.

-          O prazo de inscrición para as quendas do mes de agosto será do 10 ó 25 de xullo do 2013

-          O prazo de inscrición para o  mes de setembro será do 10 ó 25 de xullo do 2013

 

       ESCOLA DE VERAN – TARIFAS POR QUENDA (15 DIAS)

Poderase participar por quenda ou por días soltos. O custo da actividade por quendas será o seguinte:

ESCOLA DE VERAN –XULLO, AGOSTO

    (de luns a venres)

HORARIO

ACTIVIDADES

PREZO EMPADROADOS*

PREZO POR DIA EMPADROADOS*

De 7:30 a 9:00 h

Servizo madrugadores

18,00€

4,00 €

De 9:00 a 14:00 h

Actividades

28,00 €

6,00 €

De 14:00 a 15:00 h

Servizo xantar

35,00 €

8,00 €

(* desconto 50% xa incluido)

1ª quenda: do 1 ao 15 de xullo de 2012. Prazo de inscrición do 17 ao 28 de xuño do 2013.

2ª quenda: do 16 ao 31 de xullo de 2012. Prazo de inscrición do 17 ao 28 de xuño do 2013.

3ª quenda: do 1 ao 15 de agosto do 2012. Prazo de inscrición do 1 ao 15 de xullo do 2013.

4ª quenda: do 16 ao 31 de agosto do 2012. Prazo de inscrición do 1 ao 15 de xullo do 2013.

ESCOLA DE VERAN –SETEMBRO

    (de luns a venres)

 HORARIO

ACTIVIDADES

PREZO EMPADROADOS*

PREZO POR DIA EMPADROADOS*

De 7:30 a 9:00 h

Servizo madrugadores

16,00€

4,00 €

De 9:00 a 14:00 h

Actividades

28,00 €

6,00 €

De 14:00 a 15:00 h

Servizo xantar

30,00 €

8,00 €

(* desconto 50% xa incluido)

* Estes servizos levarasen a cabo se hai un mínimo de dez participantes

/* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}

TRACK CORREXIDO BTT CONCELLO DE O PINO

Subimos de novo o track da II Ruta BTT do Concello de O Pino que se celebrará o vindeiro domingo 16 de xuño. Poden descargalo no seguinte enlace:



Estás en Novas Deportes

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information