Deportes

III Ruta BTT do Concello de O Pino

Aberto o prazo de inscrición da II Ruta BTT do Concello de O Pino que terá lugar o domingo 15 de xuño. 

Descargue aquí o reglamento do evento.

As inscricións online poderán facelas na web www.emesports.es

Presencialmente poderán facerse no Concello de O Pino, motos carballeiro, bicicletas oliveira e cafe bar o Camiñante.

Recibe un cordial saúdo e o noso agradecemento pola túa colaboración.



Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (Regulamento III BTT Concello de O Pino.pdf)Regulamento III BTT Concello de O Pino 45 Kb

TRACK DA III RUTA BTT DO CONCELLO DE O PINO

"O vindeiro domingo 15 de xuño celebrarase a III edición da ruta BTT do Concello de O Pino, unha marcha cicloturista que terá a súa saída na localidade de Arca-O Pedrouzo e que percorrerá un total de casi 42 km polos lugares máis emblemáticos do Concello.

Os máis de 180 cicloturistas inscritos na III edición poderán consultar o track da marcha no seguinte enlace:


http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7025771


Agardamos que desfruten da III edición da Ruta BTT do Concello de O Pino".



XI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO 2014

Cartel O Pino 2014


   O domingo 4 de maio celebrarase na localidade de Arca-O Pedrouzo a décimo primeira edición da carreira pedestre popular do Concello de O Pino, un evento que nesta edición formará parte do circuito de carreiras populares da Diputación da Coruña.

   As inscricións, regulamento e toda a información relativa á proba podena consultar no seguinte enlace:

http://www.carreirasgalegas.com/carreira/xi-carreira-pedestre-popular-concello-de-o-pino/2f477083-e5a5-6d66-edce-39c7136694b4

E tamén nesta web:

www.fgatletismo.es/santiago


A MEDIASAN DO CAMIÑO


Os Concellos de O Pino e Santiago de Compostela organizarán o domingo 13 de Abril de 2014 o I Medio Maratón “MediaSan do Camiño” que terá unha distancia aproximada de 21.097,50 metros. A proba dará comenzo ás 10:30 horas. 
 
Circuito 
A saída estará situada na localidade de Arca-O Pedrouzo, derradeiro punto do Camiño de Santiago. 
A meta estará ubicada no Estadio Multiusos de San Lázaro, rematando a proba dentro da súa Pista de Atletismo. 

Control técnico da proba 
 A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta. 
 
Peche de control da carreira: O peche de control da proba realizarase ás 13:00 horas (2 horas e 30 minutos despois da súa saída). Pasado este tempo correspondente, o participante que siga en carreira deberá retirarse do circuito oficial de competición. 
 
Inscricións 
A inscrición estará aberta desde o 27/02/2014 ás 00:00 horas ata o 11/04/2014 ás 14:00 horas. Non se aceptarán inscricións fora do prazo establecido. 
 
Entrega de dorsal/chip e bolsa de corredor 
 A entrega de dorsais/chip e bolsa de corredor realizarase na planta de deportes do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés - Hipercor) nos seguintes días e horarios: 
• Venres 11 de abril de 10:00 a 22:00 horas. 
• Sábado 12 de abril de 10:00 a 22:00 horas. 
De xeito excepcional permitirase a recollida do dorsal/chip e bolsa de corredor o día da proba entre ás 08:30 e as 09:30 horas no Estadio Municipal Multiusos de San Lázaro. 

Categorías 
Junior 1995-1996 
Promesa 1992-1993-1994 
Senior Desde 1991 e anteriores ata veteranos 
Veteranos 1 De 35 a 39 anos cumpridos o día da proba 
Veteranos 2 De 40 a 44 anos cumpridos o día da proba 
Veteranos 3 De 45 a 49 anos cumpridos o día da proba 
Veteranos 4 De 50 a 54 anos cumpridos o día da proba 
Veteranos 5 De 55 a 59 anos cumpridos o día da proba 
Veteranos 6 De 60 a 64 anos cumpridos o día da proba 
Veteranos 7 Máis de 65 
 
Sistema de cronometraxe 
O cronometraxe realizarase mediante sistema de dorsal/chip. Haberá varios puntos de control ó longo do percorrido. Os participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control, serán descualificados. 
 
Avituallamentos: Estableceranse puntos de avituallamento durante o percorrido nos puntos kilométricos 5, 10, 15 e na liña de Meta para favorecer a hidratación dos participantes. 
 
Servicios médicos: A proba dispondrá dos servicios médicos regulamentarios así como de ambulancias. 
 
Outros servicios 
 A organización porá a disposición dos participantes avituallamento de meta, gardarroupa na zona de saída que trasladará á zona de meta todo o depositado nel, servicio de duchas e autobuses para facilitar o traslado dos atletas desde o punto de meta á zona de SAIDA. 
 
OS AUTOBUSES SAIRÁN DESDE O ESTADIO MULTIUSOS DE SAN LÁZARO CUNHA FRECUENCIA DE 15 MINUTOS A PARTIR DAS 09.00 HORAS DA MAÑÁ EN DIRECCIÓN A ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAIDA SERÁ AS 10.00 HORAS.

I TROFEO DE CICLISMO CONDELLO DE O PINO

O vindeiro sábado 29 de marzo celebrarase no Concello de O Pino (saída e meta diante do CPI Camiño de Santiago) o I Trofeo de Ciclismo Concello de O Pino.

Esta proba disputarase nas categorías Máster e Senior e será organizado pola Asociación Galega de Ciclistas.
A proba dará comenzo ás 16 horas da tarde e percorrerá varios puntos do Concello indicados no rutómetro da proba adxunto a esta noticia. Tamén se adxuntan o perfil e reglamento da mesma.

O prezo das inscricións será de 10 € por participante federado e as inscricións realizaranse de xeito previo á proba no Centro Sociocultural Luis Seoane entre as 14:00 horas e as 15:30 horas da tarde.

Máis información en https://es-la.facebook.com/pages/Federaci%C3%B3n-Galega-de-Ciclismo/100682000025314




VENRES 14 DE FEBREIRO. SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

AVISO

 


Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;} Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}

O CONCELLO DE O PINO INFORMA QUE NO DÍA DE HOXE VENRES 14 DE FEBREIRO QUEDAN SUSPENDIDAS AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS DEBIDO A ALERTA LARANXA DECRETADA POLA XUNTA DE GALICIA.

Desculpen as molestias

/* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}

HOXE VENRES 7 DE FEBREIRO SUSPÉNDENSE DE NOVO AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS

Na tarde de hoxe, venres 7 de febreiro, suspéndense de novo as actividades deportivas (escolas deportivas municipais, pilates, ximnasia nas parrroquias,...) e culturais (inglés lúdico,...) do Concello de O Pino debido a alerta meteoróloxica que plasmamos a continuación:

Alerta meteorolóxica para o venres 7 de febreiro
Xov, 06/02/2014 - 12:47

A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos da provincia da Coruña e na Mariña lucense a partir das 18 horas deste venres 7 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de vento de máis de 100 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.

Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas, e no caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (laranxa) e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse no enlace web http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf .



SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS DO CONCELLO NO DÍA DE HOXE

Debido os fenómenos meteorolóxicos adversos que a Xunta de Galicia notificou para a tarde deste martes 4 de febreiro, a Comisión Escolar de Alertas determinou a suspensión de toda actividade docente, transporte escolar, actividades no exterior e extraescolares para este martes nos centros educativos situados nos municipios das zonas de predicción meteorológica de A Mariña; asimesmo, acordou a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos situados nos municipios das provincias de A Coruña e Pontevedra, así como nas zonas de montaña de Lugo e Ourense, a causa da alerta laranxa.

Nesta tarde de martes quedan suspendidas por precaución seguindo as indicacións desta alerta, todas as actividades culturais e deportivas do Concello de O Pino, sexan estas de adultos ou escolares (aerobic, ximnasia por parroquias, fútbol sala, tenis, inglés lúdico...).



SORTEO CAMPAÑA DE ESQUÍ 2014

Mañá xoves ás 12.30 horas realizarase o sorteo perante a secretaria do Concello para decidir os nenos/as que tomarán parte na Campaña de Esquí da Deputación que se levará a cabo na quenda do 14/03/2014 o 16/03/2014 na Estación de San Isidro en León.

Todos os pasi/nais que desexen asistir ó sorteo poderán facelo nas dependencias municipais mañá xoves 30 de xaneiro ás 12.30 horas.

XORNADA INTERCOMARCAL DE BADMINTON SÁBADO


O vindeiro sábado disputarase no polideportivo municipal do Concello de O Pino ubicado a carón do Centro Escolar CPI Camiño de Santiago a xornada intermunicipal do deporte do Badminton na cal os asistentes terán a oportunidade de practicar e familiarizarse coa normativa de competición deste deporte.

Todos os nenos/as que desexen tomar parte nesta xornada deberán comunicalo o Departamento de Deportes do Concello de O Pino no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou directamente na actividade cuio horario é os mércores e venres de 15:30 a 16:30 horas.




Estás en Novas Deportes

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information