Deportes

CLAUSURA ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2014/2015

O vindeiro venres 29 de maio terá lugar a partir das 11:00 horas da mañá e no polideportivo municipal de Arca ubicado a carón do Centro Escolar CPI Camiño de Santiago, a clasusura das escolas deportivas municipais 2014 / 2015.

A esta clausura están convidados todos os pais/nais dos alumnos asistentes ás mesmas e contaremos coa colaboración do Centro Escolar CPI Camiño de Santiago.

PROGRAMA DE ACTUACIONS
                    

ACTIVIDADES

(COMEZO AS 11:00 HORAS)

EXHIBICIÓN DE TENIS I e II
EXHIBICIÓN DE BALONCESTO I
PATINAXE NIVEL I:
“PAIASOS SOBRE RODAS” 
EXHIBICION DOS MAIS CATIVOS EN PSICOMOTRICIDADE  (GRUPOS 1 e 2)
EXHIBICIÓN DE BALONCESTO II
EXHIBICION FUTBOL SALA
PREBENXAMÍN
PATINAXE NIVEL II: “DIRTY DANCING”
EXHIBICION DOS RAPACES DA
ESCOLA DE ATLETISMO 
EXHIBICIÓN FÚTBOL SALA ALEVÍN e CADETE
PATINAXE NIVEL III:
LA LA LA LA- SHAKIRA ” 
EXHIBICION DE BADMINTON I
EXHIBICION DE AEROBIC INFANTIL 
EXHIBICION DE BADMINTON II
PATINAXENIVEL IV:  SHAKE IT OFF-TAYLOR SWIFT”
CLAUSURA E ENTREGA DE AGASALLOS



(POLIDEPORTIVO MUNICIPAL)

VENRES 29 DE MAIO DE 2015


Campeonato Provincial de Badminton


O vindeiro sábado 16 de maio celebrarase no Concello de Outes o Campionato Provincial de Badminton no cal tomarán parte 5 integrantes das Escolas Deportivas Municipais do Concello de O Pino.


Os partidos darán comenzo ás 10.30 horas no Polideportivo Municipal de Outes.


Adxuntamos normativa do evento. (ver adxunto)


Gracias.


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (NORMATIVAPROVINCIALBADMINTON2015.pdf)NORMATIVAPROVINCIALBADMINTON2015.pdf 176 Kb

Videos e resultados XII Carreira Pedestre Popular do Concello




Resultados

· Canicross: VER

· Absoluta: VER

· CadetesM - Xuveni?s: VER

· Infantil - CadeteF: VER

· Benxami?n - Alevi?n: VER

· Prebenxami?n: VER

· Pitufos: VER


Vídeos

· Canicross: Ver vídeo

· Cadetes: Ver vídeo

· Infantil: Ver vídeo

· Benxami?n: Ver vídeo

· Prebenxami?n: Ver vídeo

· Pitufos: Ver vídeo










Abrese o prazo de inscrición dos Campamentos Deportivos 2015

Aberto o prazo de inscrición dos Campamentos Deportivos da Deputación Provincial da Coruña que se celebrarán en verán no Colexio Calvo Sotelo da Coruña.


Nestes Campamentos os rapaces/zas en idade escolar empadroados no Concello de O Pino e nados/as entre 1998 e 2005 poderán tomar parte participando nas múltiples actividades deportivas e culturais organizadas durante os mesmos, así coma veladas nocturnas.


O Concello de O Pino tomará parte neste programa nas seguintes quendas:


GRUPO A:   nados/as entre 2001 e 2005:


QUENDA 1ª: do 28 de xuño ó 4 de xullo de 2015


GRUPO B:   nados/as entre 1998 e 2000:


QUENDA 4ª: do 19 ó 25 de xullo de 2015


Todos os interesados en participar nestes Campamentos deberán de pasar pola casa do Concello e inscribirse rellenando a solicitude ou ficha de inscrición que tamén poderán descargar no seguinte enlace, onde tamén está toda a información sobre os Campamentos:


http://www.dicoruna.es/deportes/actividades/campamentos-deportivos/


O prazo de inscrición rematará o venres 29 de maio ás 14 horas.


I COPA KARATE AVALON KAI CONCELLO DE O PINO

O Concello de O Pino acollerá o vindeiro sábado 9 de maio a I Copa de Kárate Avalon Kai. A competición organizada por Avalón Kai , dará comenzo ás 16.30 horas no polideportivo municipal de Lameiro disputarase nas categorías benxamín, alevín, infantil e xuvenil.


Esta será unha oportunidade de poder ver aos mellores especialistas destas categorías nun arte marcial tradicional moi arraigado na nosa comunidade.


XII Carreira Pedestre Popular



En marcha a XII edición da carreira do Concello de O Pino.


O domingo 3 de maio celebrarase a décimo segunda edición da Carreira Popular do Concello de O Pino. As probas disputaranse na localidade Arca-Pedrouzo e comenzarán ás 10:00 horas pola proba de canicross.

As inscricións estarán abertas ata o mércores 29 de abril ás 22 horas e realizaranse na seguinte ligazón:

http://www.carreirasgalegas.com/carreira/xii-carreira-pedestre-popular-concello-de-o-pino-iii-circuito-provincial-de-carreiras-populares-deputaci-n-provincial-de-a-coru%C3%B1a/2898c9dd-5f34-c088-cab3-39cdfffc8ca5


Nesta edición, a proba formará parte do III Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Podes consultar o reglamento das probas nesta web:

REGULAMENTO: DESCARGA





Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (XII CARREIRA PEDESTRE POPULAR O PINO 2015.pdf)XII CARREIRA PEDESTRE POPULAR O PINO 2015.pdf 339 Kb

PRESENTACION DA MEDIASAN DO CAMIÑO 2015



Hoxe presentouse no Centro Comercial Compostela a MediaSan do Camiño 2015, Medio Maratón que unirá o domingo 12 de abril os Concellos de O Pino (Arca) e Santiago de Compostela (Praza do Obradoiro). 

En dita presentación estiveron presentes o director de relaciones externas de El Corte Inglés Pati Blanco, o técnico deportivo do Concello de O Pino Iván Sanmartín, a concelleira de deportes de Santiago María José Corral e o Alcalde do Concello de O Pino Manuel Taboada Vigo. Ademais destas autoridades estivo o atleta santiagués do clube USC Javier Fernández Feijoo o cal apadriñou o Medio Maratón MediaSan do Camiño 2015.

Todos os presentes coincidiron en destacar a beleza e a dureza do percorrido, pero destacaron por riba de todo o simbolismo do percorrido da proba e a beleza da saída ubicada na localidade de Arca (O Pino) e da meta ubicada na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. 

MediaSan e das poucas probas que une dous Concellos nunha proba lineal polo camiño de Santiago e esto faina especial para os atletas segundo afirmaron os presentes.

As inscricións permanecerán abertas ata o 6 de abril ás 00:00 horas. Toda a información sobre a proba poderase consultar na web www.mediasandocamino.com e directamente desde esta páxina web www.concellodeopino.com


O equipo de categoría alevín do Concello de O Pino campeón comarcal de fútbol sala

O equipo de categoría alevín do Concello de O Pino campeón comarcal de fútbol sala

O pasado venres celebrouse en Santiago de Compostela a final da fase comarcal de deporte en idade escolar na cal tomaba parte o equipo da categoría alevín das escolas deportivas municipais do Concello de O Pino.

A final disputabase entre os conxuntos de Lamas de Abade e o Concello de O Pino, acadando a victoria por 0-2 os deportistas locais dirixidos polo adestrador Rubén Martínez Caamaño e proclamándose campións comarcais.


II TROFEO DE CICLISMO CONCELLO DE O PINO


O vindeiro domingo 8 de marzo celebrarase no Concello de O Pino o II Trofeo de Ciclismo O Pino 2015.

A proba partirá da localidade de Arca-Pedrouzo e conectará os Concellos de O Pino e Arzúa sobre un duro, esixente e vistoso percorrido de máis de 70 km de circuito.

Agárdanse máis de 100 ciclistas nesta segunda edición. 

Consulte o regulamento do Trofeo (ver adxunto)

Máis información na web http://ccasociaciongalegadeciclistas.com

Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (Reglamento II Trofeo Ciclista Concello de O Pino.pdf)Reglamento II Trofeo Ciclista Concello de O Pino.pdf 33 Kb

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

O vindeiro sábado 7 de febreiro disputarase no circuito da praia de Cabío en A Pobra do Caramiñal, O Campionato Provincial de Campo a través escolar.

Nesta competición tomarán parte os atletas das Escolas Deportivas Municipais Xoel Blanco Parga e Jorge Vázquez Corral.

As probas darán comenzo ás 11.15 horas nun fermoso entorno no Concello da Pobra do Caramiñal.

Descargue aquí a normativa da competición


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (NORMATIVA-PROVINCIAL-CAMPO-A-TRAVES-2015-1.pdf)NORMATIVA-PROVINCIAL-CAMPO-A-TRAVES-2015-1.pdf 553 Kb
Estás en Novas Deportes

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information