O Concello de O Pino organiza o programa 'Vai de auga’ todos os mércores de maio



O Concello de O Pino convoca un ano máis o programa Vai de auga para facilitar aos veciños e veciñas do municipio maiores de idade poder coñecer de primeira man os beneficios da balneoterapia e recibir sesións no balneario de Cuntis. Este programa, promovido dende a Concellaría de Educación e Cultura, desenvolverase todos os mércores do mes de maio, con saída en autobús dende a praza do Concello ata o balneario de Cuntis, onde os participantes recibirán sesións. Os interesados en participar deberán inscribirse na biblioteca municipal ou na casa de cultura antes do 28 de abril, estar empadroados no Concello do Pino e realizar unha achega de 70 euros. Se precisan máis información poden chamar ao teléfono 981 511 065 o a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Durante o pasado ano, máis de trinta veciñas e veciños do Pino participaron neste programa.
Estás en Novas Cultura e Educación O Concello de O Pino organiza o programa 'Vai de auga’ todos os mércores de maio

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information