Axudas e Subvencións

SUBVENCIÓNS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS SITUADAS NO CAMIÑO FRANCÉS

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, publicou no Diario Oficial de Galicia do 28 de decembro de 2015 a Orde pola que se abre o prazo para solicitar as axudas para a rehabilitación de vivendas situadas nas parroquias polas que pasa o Camiño Francés: Arca, Castrofeito, Cerceda, San Breixo e San Mamede de Ferreiros, Pereira e San Vicente de O Pino.

As axudas acadarán ata o 35% do orzamento das obras de rehabilitación, cun límite máximo de 11.000 euros.

Para participar neste programa, as persoas interesadas deberán solicitar ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta de Galicia a cualificación provisional das actuacións de rehabilitación e unha vez sea concedida poderán solicitar a cualificación definitiva.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata que a Dirección Xeral do IGVS o peche mediante resolución que publicará no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do IGVS.

Máis información no arquivo adxunto:

Aberto o prazo para inscribirse no programa LECER NADAL 2015 para escolares de entre 3 e 12 anos




Os programas de conciliación laboral e familiar do Concello de O Pino terán de novo protagonismo nas vacacións de Nadal dos escolares do Concello.

O centro escolar CPI Camiño de Santiago acollerá as actividades e obradoiros programados entre o 21 de decembro e o 5 de xaneiro en horario de 9 a 14 horas, unha nova acción do Concello de O Pino que busca axudar as familias na educación do tempo de ocio dos cativos na época navideña.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de decembro e poderase facer nas dependencias municipais (Casa do Concello).

Descarga aquí as fichas de inscrición (adxunto)
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (FICHAS_incripcion_opino.pdf)FICHAS_incripcion_opino.pdf 488 Kb

CONVOCATORIA DE AXUDAS DE CULTURA, DEPORTES E PATRIMONIO

Aberto o prazo para solicitar ao concello as axudas dirixidas a entidades e asociacións municipais culturais, deportivas e de patrimonio, que rematará o 10 de abril de 2015.

Publicación do anuncio no BOP: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/03/23/2015_0000003251.pdf

Pode ver as bases da convocatoria no arquivo adxunto.
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (BASES.pdf)BASES.pdf 184 Kb

CONVOCATORIA DE BECAS UNIVERSITARIAS DO CURSO 2014-2015

CONVOCATORIA DE BECAS UNIVERSITARIOS

A Xunta de Goberno Local, en sesión do catro de marzo de dous mil quince, aprobou a convocatoria e as bases
que rexerán a convocatoria de axudas aos universitarios curso 2014-2015. Poden solicitar as mesmas os universitarios empadroados no Concello a lo menos cun ano de antigüedade á data da solicitude e que teñan ingresos inferiores aos especificados nas bases. Poderán ser subvencionados todos os gastos relacionados directa ou indirectamente cos estudios universitarios. O prazo rematará o 10 de abril de 2015. Da documentación a presentar e dos modelos de solicitude darase cumprida información nas oficinas municipais.

O Pino, a 16 de marzo de 2015.
O ALCALDE
Manuel Taboada Vigo

CONVOCATORIA SOLICITUDE SUBVENCIÓN PARA A “RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA” e “ REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS

CONVOCANTE SUBVENCIÓN: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

BENEFICIARIOS: Os particulares ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificio de vivenda colectiva.

Ø    RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA: A actuación subvencionable será a renovación de cubertas existentes de vivendas ou edificios de vivenda colectiva, así como nas súas edificacións anexas, por unha cuberta de tella cerámica.

Gastos subvencionables: custos de materiais das novas cubertas de tella cerámica, desmontaxe das cubertas existentes, montaxe das novas cubertas de tella cerámica, licenzas e custos de proxectos de arquitectura ou enxeñaría.

CONTÍA: Máximo de 55€ po m2 de cuberta, cun tope máximo do 30% dos custos totais subvencionables.

Ø     REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS: Os tipos de fachadas ou envolventes térmicas subvencionables son fachadas pegadas de granito, fachadas trasventiladas de granito e fachadas de perpiaño.

Gastos subvencionables: custos de memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios, ou proxectos de arquitectura ou enxeñaría na parte correspondente ás actuacións que se van subvencionar, custo de licenzas, desmontaxe do material da fachada ou envolvente existente, materiais como o granito, morteiros e adhesivos, ancoraxes e sistemas de ancoraxe e o material illante, man de obra civil e instalacións auxiliares necesarias para a montaxe da nova envolvente de granito.

CONTIA:  110 € por m2 no caso de fachadas pegadas de granito, 140 € no caso de fachadas trasventiladas de granito e 130 € no caso de fachadas de perpiaño de granito. En todo caso, a contía da subvención será do 30€ dos custos totais subvencionables cun máximo de 12.000 € por vivenda familiar unifamiliar illada e 40.000 € por edificio de vivendas en bloque.

 

PRAZO: Ata que se esgoten os fondos económicos, en todo caso rematará o 13 de xuño. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

Só serán subvencionables os gastos realizados e efectivamente pagados con anterioridade ao 14 de novembro de 2015.

Máis información na páxina web da consellería:

http://economiaeindustria.xunta.es/recursos/axudas-e-subvencions/todas bou nos teléfonos: 981.95 70 92 ou 981 95 72 59

NORMATIVA: DOG nº 50  do venres 13 de marzo de 2015 . 


Convocatoria dos programas para a promoción do emprego autónomo

Normal.dotm 0 0 1 297 1695 Evelb 14 3 2081 12.0 0 false 21 18 pt 18 pt 0 0 false false false

Convocatoria dos programas para a promoción do emprego autónomo

A Consellería de Traballo e Benestar publicou no DOG do 27 de maio a convocatoria de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo.


Persoas beneficiarias: Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas xoves desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia

 

Tipos de axudas

-  Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

-  Subvención financeira.

 

Bases do programa:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140527/AnuncioCA05-190514-0016_gl.pdf

No mesmo DOG dita Consellería tamén publica a convocatoria de axudas do Programa para a promoción do emprego autónomo de xoves menores de 30 anos, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

 

Persoas beneficiarias: Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas xoves desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

 

Tipos de axudas:

-  Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil: 1.200 euros

-  Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia: de 5.000 ata 12.600 euros dependendo da contía de investimento e dos colectivos solicitantes.

-  Subvención financeira: de 5.000 ata 10.000 euros dependendo  das características da persoa desempregada.


Bases do programa:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140527/AnuncioCA05-190514-0017_gl.pdf

 

Normal.dotm 0 0 1 13 76 Evelb 1 1 93 12.0 0 false 21 18 pt 18 pt 0 0 false false false

Prazo de presentación para calquera dos programas: Do 28 de maio ao 30 de setembro de 2014.

SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO

 

 

Aberto o prazo para pedir as subvencións da Deputación a entidades sen fin de lucro para actividades deportivas, culturais, de promoción económica e servizos sociais

 

 

O Concello de O Pino informa que, dende este martes 15 de xaneiro e ata o vindeiro 22 de febreiro, está aberto o prazo de solicitude das axudas da Deputación da Coruña a actividades deportivas, culturais, de promoción económica e servizos sociais destinadas a entidades sen fins de lucro. As bases están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 17 de decembro do 2012.


http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=17/12/2012

As solicitudes de subvención para o exercicio 2013 unicamente se poderán presentar a través da páxina web da Deputación
www.dicoruna.es  na pestana ‘Subvencións’ e acceder ao apartado ‘Subvencións 2013’. O prazo de presentación comezará o 15 de xaneiro e estará aberto ata o 22 de febreiro.

O proceso para presentar as solicitudes de subvencións é moi sinxelo e totalmente gratuíto. So será preciso rexistrarse como usuario na web subministrando un enderezo de correo e un contrasinal nun proceso que leva uns minutos e, unha vez rexistrado, cubrir os formularios de solicitude de subvención e achegar a documentación correspondente.

En canto á documentación requirida, os solicitantes que posúan certificado dixital da FMNT ou DNI electrónico poderán achegala vía web en formato PDF, sendo o proceso similar a incluír un arquivo adxunto nun correo electrónico.

Os solicitantes que non posúan certificado dixital ou DNI electrónico tamén terán a opción de entregar a documentación de forma presencial nas oficinas de rexistro xeral da Deputación, en Correos ou nas oficinas de rexistro dos concellos, neste caso terán que facer sempre referencia ao número de solicitude telemática correspondente.

Por último, haberá que confirmar a solicitude de subvención antes do fin do prazo de presentación de solicitudes xa sexa desde a páxina web mediante sinatura electrónica (para o que é preciso o DNI electrónico ou un certificado dixital da FMNT) ou, en caso de carecer de sinatura electrónica, poderán confirmarse as solicitudes imprimindo o resgardo da solicitude desde a páxina web, asinándoo e entregándoo no rexistro xeral da Deputación, nunha oficina de Correos ou na oficina de rexistro dos concellos da provincia da Coruña.

Dende o Concello poderáse tramitar as solicitudes dirixíndose a Oficina de Desenvolvemento Local sempre que achegan a documentación precisa nas bases da convocatoria publicada no BOP do 17 de decembro de 2012.

As solicitudes para seren válidas terán que formularse de xeito telemático.

 

Estás en Novas Axudas e Subvencións

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information