Coñece O Pino

Xeografía

Xeográficamente localizamos o concello na latitude 42º54’ Norte, e na lonxitude 8º21’5 Oeste. A súa latitude é de 287 metros sobre o nivel do mar. O seu relevo é suave, pouco accidentado, cunha variabilidade entre os 200 e os 450 metros. As cotas máis altas alcánzanse no Monte das Minas, de 452 metros e no castro de San Lourenzo de Pastor, con 412 metros. A capital municipal atópase a 289 metros sobre o nivel do mar.

Seguindo no capítulo natural, o Río Tambre é o que traza a división na parte norte do concello. O seu principal afluente é o Mera. Aparece tamén no mapa fluvial o Noa, que nace na parroquia de Pastor e desemboca no propio Tambre. En canto ó clima, é o propio da zona, oceánico e húmido. Acentúase lixeiramente a pluviosidade, que pode alcanzar os 2.000 milímetros anuais.


Estás en Coñece O Pino

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information