Coñece O Pino

Situación

O Pino atópase practicamente no centro de Galicia, ó sursueste da Provincia da Coruña (coordenadas 42º54'17N- 8º21'45O). Ten unha extensión de 132’3 quilómetros cadrados, distribuídos en trece parroquias: Arca, Budiño, Castrofeito, Cebreiro, Cerceda, Gonzar, Lardeiros, Medín, Pastor, Pereira, O Pino, San Mamede e San Breixo de Ferreiros. O Pino forma parte da Comarca de Arzúa. Limita ó norte con Frades e Oroso, ó sur con Touro e Boqueixón, ó leste con Arzúa e ó oeste con Santiago de Compostela.


Ver O Pino en un mapa máis grande

Precisamente, é o primeiro municipio que o visitante encontra ó seguir a N-547 dende a capital de Galicia a Lugo, pasando perante o aeroporto internacional de Lavacolla. De feito, varias das pistas da terminal atópanse en territorio de O Pino. A capital municipal, O Pedrouzo, dista uns 18 quilómetros de Compostela.

Estás en Coñece O Pino

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information