Áreas de Actuación

Turismo

Dentro da área de turismo do Concello de O Pino trabállase co fin de asegurar a sostibilidade deste sector no noso municipio, que xira en torno a un eixo principal, o Camiño de Santiago.
Preténdese potenciar o valor cualitativo do territorio e asegurar a conservación dos seus recursos culturais e naturais. Cara este fin diriximos os nosos esforzos dende a corporación local, poñendo en marcha actuacións que  promovan o desenvolvemento integral do territorio de O Pino.

Trabállase cara o desenvolvemento e consolidación dos productos primarios do territorio, como son o turismo rural e o Camiño de Santiago, e cara a identificación e xeración de novos productos turísticos complementarios a estes, conformando así unha oferta de ocio integral.

O traballo que se está a desenvolver dende esta área permite determinar o potencial turístico de O Pino, de cara a posta en valor dos seus recursos patrimoniais para conseguir o firme propósito de recuperación da cultura e o patrimonio. O desenvolvemento dos productos turísticos primarios, a xeración dunha oferta complementaria coherente e innovadora, así como a conversión do turismo nun sector económico sostible, prestando especial atención ó factor medio ambiental, son as premisas básicas que presiden a proposta de dinamización de O Pino.

Dentro das actuacións de conservación do patrimonio, o Concello de O Pino, realizou unha completa catalogación dos recursos patrimoniais municipais, que están recollidos informáticamente nunha páxina web, na que os usuarios poden obter fotografías e información acerca de todos os bens culturais, naturais e etnográficos do municipio.

logo_opino

OUTROS LINKS DE INTERESE
Secretaría Xeral para O Turismo 

Inicio 

Estás en Áreas de Actuación

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information