Áreas de Actuación

Cultura


Os actos lúdico-culturais representan anacos de ocio, de sorrisos, de emocións, de formación e de ilusións compartidos por toda a familia. De aí que a programación cultural do Concello de O Pino se caracterice cada vez máis por abranguer máis áreas e por adaptarse ás novas necesidades que van xurdindo na sociedade.

Esta programación vai dende os títeres-bonecos que tantas risas e escintileo de ollos causan nos cativos ata concertos, representacións teatrais, excursións, cursos de formación, exposicións, etc.

O obxectivo é sempre o mesmo pero sen perder a súa vixencia: facer pobo, fomentar a unión, aprender constantemente e gozar do tempo de lecer. A función de todas estas actividades é tan fundamental, que o goberno municipal segue apostando forte por este campo, consciente do seu papel clave dentro do Concello, da importancia cada vez maior que  posúe.

En constante movemento, o eido cultural presenta cada día en O Pino novas alternativas. Quizais este sexa un dos elementos que posibilitan que xornada tras xornada, vexamos como cada vez máis veciños/as se achegan curiosos, participan nas propostas e incluso proporcionan suxerencias para crear novas actividades.

Dende o Concello de O Pino sempre temos en conta datas sinaladas no calendario e procuramos celebralas sempre cos veciños e veciñas do noso municipio. Desta maneira tamén aproveitamos para xuntarnos e compartir estas datas: Nadal, Entroido, o San Xoán, o Magosto, etc

HORARIO ATENCIÓN Ó PÚBLICO
De luns a venres de 10:00 a 13:30 horas

TELÉFONO
Casa da Cultura: 981 51 10 65
Biblioteca: 981 51 04 49

EMAIL
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Estás en Áreas de Actuación

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information