Áreas de Actuación

Servizos Sociais

alt

alt

alt

Este departamento é un servizo ó alcance de toda a poboación, cuxo obxectivo é promover unha mellor calidade de vida. Calquera veciño de O Pino que o precise e reúna as condicións pódese beneficiar das súas prestacións sociais e económicas, ben de forma individual ou colectiva.

Desenvólvense diversos programas e facilítase o acceso a recursos sociais existentes en diversas áreas: familia, infancia, xuventude, persoas maiores, persoas con discapacidade, emigrantes e inmigrantes, prevención e inserción social, etc.

PROGRAMAS

  • Programas de orientación, asesoramento e información.
  • Axuda no fogar.
  • Xantar na Casa http://www.igualdadebenestar.org
  • Prevención da marxinación e inserción social. Ambas mediante o apoio técnico e axudas económicas.
  • Programa de alimentos en Colaboración coa Cruz Vermella.
  • Envellecemento Activo Maiores (obradoiros de memoria, ximnasia por parroquias, informática de maiores, ...)
  • Programa de saúde (termalismo).
  • Turismo Social.
  • Programa de Inserción Social.
  • Servizo de Teleasistencia.
  • Coordinación de Preescolar na casa.
  • Programa de novas tecnoloxías.
  • Programa de Educación Familiar.
  • Programas de Conciliación da Vida Laboral e Familiar (Nadal Lúdico, Lecer Verán, Lecer primavera, ...) 
  • Programas de Igualdade e en Contra da Violencia de Xénero.
  • Programas de reducción do abandono escolar.
  • Orientación psicolóxica (familias, pais, individual, ...)

TRAMITACIÓN DE AXUDAS

  • Trámite de axudas económicas: integración do menor, inserción social, persoas maiores, etc.
  • Tramitación de pensións non contributivas: xubilación e invalidez.
  • Tramitación de prestacións por fillos discapacitados.
  • Tramitación de prestacións por fillo a cargo menor de 3 anos.
  • Tramitación de recoñecemento de minusvalías.
  • Tramitación e renovación de títulos de familias numerosas e carnet familiar.
  • Tramitación Lei de Dependencia.
  • RISGA (Renda de Integración Social de Galicia).
  • Tramitación de ingresos en centros especializados e residencias: terceira idade, menores, minusválidos, mulleres, etc.
  • Subsidios de mobilidade e compensación de gastos de transporte.Tarxetas de estacionamento para minusválidos.
  • Campamentos de verán para minsuválidos.
  • Complementos para titulares de pensións non contributivas para vivenda alugada.
  • Tramitación do Bono social do Transporte Metropolitano de Galicia. (TMG Social)
  • Tramitación do Bono social de electricidade e telefonía.
  • Apoio a colectivos de risco de exclusión para a TDT.
  • Transporte adaptado: 065.

HORARIO ATENCIÓN Ó PÚBLICO
De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas

TELÉFONO
981 51 10 02

LINKS DE INTERESE

www.familiasgalegas.org

alt 

Estás en Áreas de Actuación

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information