Xuventude

OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL
O Concello de O Pino conta cunha OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), que é un servizo dirixido e orientado á xuventude, a través do cal se informa e asesora á mocidade do concello sobre diversas áreas: cursos de formación, bolsas e axudas, vivenda, campamentos, concursos e programas da DX de Xuventude, etc...
Ademais tramítase o Carné Xove para todos os mozos e mozas do Concello.

ACTIVIDADES PARA A XUVENTUDE
Co fin de fomentar a participación e a dinamización xuvenil, dende o concello, cada ano póñense en marcha unha serie de actividades enfocadas exclusivamente para a xuventude do municipio, que van dende as actividades de turismo de aventura ata cursos de formación.
altalt
ACTIVIDADES DE AVENTURA    
Durante todo o ano o Concello de O Pino, oferta unha serie de actividades de aventura ó aire libre co fin de fomentar o compañeirismo, un ocio saudable entre os xóvenes e unha educación non formal, a través da realización de distintas actividades de aventura: barranquismo, rafting, paintball, clínic de augas bravas, rutas en kaiak, xogos multiaventura, rutas de sendeirismo, etc.

alt

alt



alt
CURSOS DE FORMACIÓN
Os cursos de formación que se poñen en marcha, e que están pensados especialmente para a xuventude  van dende cursos de cociña básica, cursos intensivos de inglés para viaxar, cursos de monitor de tempo libre, etc.





LINKS DE INTERESE
alt 

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information