Voluntariado

IRMANDAMENTO CON POGGIO BUSTONE - ITALIA
No ano 2009, o alcalde Manuel Taboada e os concelleiros Manuel Canabal e Gerardo Pintor, viaxaron a Poggio Bustone (Rieti-Italia) para firmar o proxecto de irmandamento, posto en marcha dende a organización “Camiños de Europa”, no que xunto con O Pino, participou o Concello de Sobrado dos Monxes, e o Concello de Melide, apoiando esta iniciativa.

Este programa, baixo o lema “Cidadáns en Europa”, tivo como obxectivo un encontro entre as localidades de O Pino e Poggio Bustone, no que se celebrou un acordo institucional de irmandamento, dirixido a promover a integración cultural, económica, comercial e social entre os dous concellos.
Este irmandamento nace no marco do Camiño de Santiago e do Camiño de Francisco como elementos de integración cultural, con particular atención cara iniciativas culturais e turísticas, así como o fomento das relacións socio-culturais entre as poboacións de ambas localidades.

VOLUNTARIADO XACOBEO 2010
Un dos proxectos máis interesantes que se puxeron en marcha no noso concello, foi a realización dun Campo de Traballo, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Neste proxecto participaron un total de 20 rapaces chegados dende todos os puntos de España, que xunto con 7 monitores traballaron en tres eixos fundamentais: a limpeza da Ponte Romana de Ponte Puñide, información ós peregrinos no Camiño Francés ó seu paso por O Pino e a realización dun espectáculo teatral de danza-teatro denominado “Ultreiamundi”.

Dentro do Xacobeo 2010 tamén se levou a cabo o Voluntariado Local, no que mozos e mozas do Concello de O Pino, Santiago e Comarca, participaron de maneira voluntaria nas labores de información e apoio ós peregrinos en dous puntos fundamentais: a oficina de turismo e o albergue público de Arca.

Outro dos programas que se realizou no noso concello foi o “Eu Camiño”, tamén denominado voluntariado europeo, no que participaron un grupo de voluntarios internacionais chegados dende varios países (Italia, Polonia, Portugal, Rumanía, etc) que garantiron ós peregrinos a información e atención en diferentes idiomas ó longo do Camiño de Santiago.

O denominado “Voluntariado da Sabedoría” foi outra iniciativa na que participaron cinco persoas do concello de máis de 65 anos, que se encargaron de contar ós peregrinos as súas experiencias e vivencias a través de lendas, contos e historias que coñecen.  Esperaban ós peregrinos preto da Fonte e Capela de Santa Irene para invitalos a achegarse á fonte, contándolles que, segundo a lenda, as mulleres que se mollan na fonte permanecen fermosas o resto da súa vida.



Benvida do alcalde de O Pino (Nova ventá)
PROGRAMA DE INTERCAMBIO “WAYS OF SOLIDARITY” 2012

No ano 2012, o Concello de O Pino participou no proxecto “Ways of Solidarity”, posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Este proxecto europeo, subvencionado polo Programa Grundtvig dentro dos Programas de Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea, tivo como finalidade animar ós maiores de 50 anos a servir á comunidade e desenvolver o seu coñecemento dentro dun contexto intercultural.

Catro voluntarios procedentes de Irlanda, Philomena e Peter no mes de maio e  Pat e Khaterine no mes de outubro, chegaron a Santiago de Compostela para colaborar como voluntarios desenvolvendo actividades de información e benvida aos peregrinos na localidade de O Pino durante 4 semanas en dúas quendas diferentes.
As actividades que realizaron estes voluntarios foron:

  • Colaboraron no albergue de peregrinos de Arca, dando a benvida ós peregrinos e axudando ás hospitaleras a recibir e aloxar ós peregrinos.
  • Colaboraron na Oficina de información turística do Concello, axudando ó persoal técnico a dar información acerca de servizos dispoñibles, actividades culturais, patrimonio cultural.
  • Desenvolveron actividades interculturais, falando sobre o seu país de orixe e mostrando á xente cousas exclusivas da súa propia cultura, co obxectivo de romper estereotipos sobre cada país.

SERVIZO DE VOLUNTARIADO EUROPEO (SVE)
Dende o ano 2011, o Concello de O Pino conta coa acreditación a nivel europeo de entidade de envío, acollida e coordinación de voluntarios, ao abeiro do programa do Instituto de la Juventud (INJUVE), o Servicio de Voluntariado Europeo (SVE), sendo un dos poucos concellos galegos que contan con esta acreditación.

O Servizo de Voluntariado Europeo é unha experiencia de aprendizaxe no ámbito da educación non formal, na que os xóvenes de 18 a 30 anos melloran ou adquiren competencias para o seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional. A duración do programa, que cubre todos os gastos do voluntario, vai dende os dous meses ata un máximo dun ano, nun país da UE ou socio.

Todos aqueles mozos e mozas interesados en participar neste programa poden informarse nas oficina do Concello de O Pino.
 

LINK DE INTERESE
 

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information