Educación


O Concello de O Pino non conta con competencias directas en materia educativa, aínda que é o responsable do mantemento dos centros de educación primaria e está presente no consello escolar do CPI Camiño de Santiago. Un dos obxectivos do goberno municipal é establecer unha coordinación adecuada entre os axentes educativos e os representantes políticos, para poder dar resposta ás demandas e necesidades que se presenten neste contexto.

As actuacións en materia educacional pasan por mellorar a calidade da ensinanza e favorecer o acceso á formanción en igualdade de oportunidades. Para iso, os esforzos céntranse en mellorar paulatinamente a calidade dos equipamentos, mediante a planificada execución de obras destinadas á adecuación e mellora dos centros de educación.

Ademais, baixo o eixo dunha idea integral de acción socioeducativa, plantéxanse en O Pino un abano de programas educativos municipais executados en accións concretas para fomentar valores nos máis pequenos como o coñecemento da língua, o respecto polo medio ambiente, etc, que se levan a cabo en colaboración con outras áreas municipais.

 


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information