Deportes

O principal obxectivo da programación deportiva do Concello de O Pino, é fomentar e promocionar a actividade física dentro do municipio facéndoa accesible a todos os seus cidadáns. O deporte de base representa o buque insignia onde comeza o traballo do desenvolvemento motriz en idade escolar, a través das actividades ofertadas nas escolas deportivas municipais.

A oferta vai estructurada por tramos de idade, comezando por actividades como psicomotricidade para os máis cativos de educación infantil e pasando por patinaxe e fútbol sala (actividades estructuradas en niveis), hockey a patíns, aerobic infantil, badminton e escola de atletismo.

Éstas, complétanse cas competicións deportivas de fútbol sala, bádminton e atletismo que se suceden ó longo do ano escolar e que amplian o abanico de experiencias dos nosos escolares.

En canto ós adultos, as actividades tratan de chegar a todo tipo de usuarios, sexa cal sexa a súa idade ou tendencia, ofertando dende bailes de salón (actividade por parellas), aerobic, ximnasia de mantemento e pilates. A ximnasia levada ás parroquias completa o traballo dende o departamento de deportes e servizos sociais, que trata de cumplir o obxectivo de chegar ata todos os interesados en tomar parte desta programación.

Por encima de todo o anteriormente exposto, e como factor integrador de todos estes aspectos, debe estar de maneira permanente, a educación. O Concello de O Pino pretende aproveitar o deporte e a actividade física como instrumento de formación e valores, potenciando o desenvolvemento dos veciños e veciñas como persoas, cultivando o respecto á diferenza, facilitando ó mesmo tempo a creación de grupos a través dos cales a corporación local ten o compromiso de fomentar a solidariedade, a igualdade, a convivencia, o respecto e a tolerancia.  

Anualmente, no Concello de O Pino, teñen lugar unha serie de eventos deportivos de gran acollida, como a carreira pedestre que no ano 2012 xa vai pola súa 9 edición, a Festa do Deporte, o Campionato de Pesca, o BTT de mountain bike, as competicións deportivas escolares e a clausura das escolas deportivas municipais, entre outros, que fan deste municipio un centro activo de formación deportiva.

HORARIO ATENCIÓN Ó PÚBLICO
De luns a venres de 10:30 a 14:30 horas

TELÉFONO
981 51 10 02

EMAIL
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

LINKS DE  INTERESE
 

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information