Áreas de Actuación

Urbanismo e Medio Ambiente

alt

alt

alt

O Pino é un concello que nos últimos anos desenvolveu unha importante actividade urbanística. A calidade residencial que ofrece este municipio, limítrofe con Santiago de Compostela e Arzúa, e colindante co aeroporto de Lavacolla, ademáis dos seus servizos, fan del un núcleo altamente atractivo para aquelas persoas que desexen un lugar tranquilo e á vez cómodo para situar nel o seu domicilio.

A política urbanística do actual goberno de O Pino é a de realizar unha construcción ordenada, sempre seguindo estrictamente os parámetros delimitados no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), en vigor dende o 2003.

CONSULTA O PXOM DO CONCELLO DE O PINO

alt 

O obxectivo é ir debuxando as liñas dunha serie de conxuntos residenciais en diferentes partes do municipio, que configuren un exemplo de convivencia entre o medio natural e os inmobles, estéticamente pouco agresivos e con materiais coidados.

Ó mesmo tempo, o executivo municipal, presidido por Manuel Taboada, leva a cabo dende hai anos, unha política centrada en ir adaptando ós novos tempos todos os servizos dos veciños e veciñas de O Pino. Plans anuais para completar o abastecemento de auga, unha cada vez mellor recollida de residuos, a posta en marcha dun punto limpo, a urbanización ou adecuación de camiños/pistas e estradas de titularidade municipal, etc.

Non se trata tanto da materialización de obras faraónicas senón da mellora da calidade de vida dos que se decanten por O Pino. As comunicacións son un dos grandes eixos en torno ós que xiran as actuacións municipais, para conseguir máis e mellores accesos e vías de enlace internas.

Ordenanza Municipal de Tramitación de Actividades
(Acceder á súa publicación no BOP)
Con data 27 de xuño de 2012 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, a  aprobación definitiva da Ordenanza municipal de Tramitación de Actividades. Esta Ordenanza ten por obxecto a adopción de medidas de simplificación administrativa nos procedementos de autorización e control das actividades comerciais, industriais ou de servizos que se desenvolvan no Concello de O Pino.

Link: Ordenanza Municipal de Taxa por apertura e verificación de establecementos

HORARIO ATENCIÓN Ó PÚBLICO
De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas

TELÉFONO
981 51 10 02

LINKS DE INTERESE
alt 

 

Estás en Áreas de Actuación

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information