Xuventude

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2016


Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (campamentos_veran.pdf)Campamentos De Verán 2016 370 Kb

XVIII Concurso de Disfraces de Entroido do concello de O Pino

Domingo 7 de febreiro a partir das 17:00 horas na Praza do Concello.

Noraboa os gañadores do XVII Concurso de Carteis onde poden participar todos os nenos/as empadroados no concello de 3 a 17 anos.

Grazas a todos/as pola vosa participación.



Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (BASES_CONCURSO_entroido_2016.pdf)BASES_CONCURSO entroido 2016BASES_CONCURSO entroido 201628 Kb

VOLUNTARIADO XUVENIL 2015

ESCOLA DE VERÁN 2015


Aberto o prazo de inscrición para a Escola de Verán 2015, programa dirixido a nenos/as de idades comprendidas entre 3 e 12 anos cuias actividades se levarán a cabo no Centro Escolar CPI Camiño de Santiago e nas instalacións do Concello, polideportivo e piscina municipal.

A Escola de verán ofértase para os pais/nais do Concello que teñen dificultades para compaxinar a súa vida laboral e familiar.

O prazo de inscrición estará aberto para a quenda de xullo a partir do mércores 3 de xuño.

Descargue nesta nova as bases e as fichas de inscripción (ver adxuntos)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (BASES DA ESCOLA DE VERAN 2015.pdf)BASES DA ESCOLA DE VERAN 2015.pdf 449 Kb
Descargar este adjunto (FICHAS DE INSCRICIO-N O PINO COMPLETAS_2.pdf)FICHAS DE INSCRICIO-N O PINO COMPLETAS_2.pdf 2618 Kb

SORTEO CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN 2015

O vindeiro mércores ás 13 horas terá lugar na Casa do Concello o sorteo para determinar os 3 rapaces/zas do Concello que participarán nos Campamentos Deportivos da Deputación, nos cales concederon 3 prazas a este Concello.

O sorteo será público e poderán asistir os pais/nais ou titores/as dos 8 inscritos no Concello en prazo.


XVII Concurso de Disfraces de Entroido do concello de O Pino

Animación de paiasos a partir das 17:00 horas na Praza do Concello

En caso de choiva teremos carpa

Noraboa os alumnos/as da Aula de 3 anos do CPI Camiño de Santiago máis a Lucía Castro López de 4º de Primaria do CPI Camiño de Santiago por ser os gañadores do XVI Concurso de Debuxos de Entroido.

Grazas a todos/as pola vosa participación.


Bases do concurso



Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (bases_concurso.pdf)bases_concurso.pdf 1669 Kb

LECER NADAL 2014

O Concello de O Pino organizará do 22 de decembro de 2014 ao 7 de xaneiro de 2015 as actividades dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos baixo a denominación de Lecer Nadal 2014.

O Lecer Nadal forma parte dos programas de conciliación familiar e laboral do Concello de O Pino. 

As inscricións realizaranse na casa do Concello do 5 ao 17 de decembro.

As actividades ofertadas serán as seguintes:




BIBLIOPISCINA 2014

Comeza a funcionar a bibliopiscina na piscina municipal en horario de 17:00 a 20:00 de luns a venres. Os nenos/as poderán gozar de diversas actividades como a lectura de libros, actividades de pintura e outros obradoiros. A actividade é gratutíta e non fai falla inscrición previa. 



CAFÉ INGLÉS, OBRADOIRO

Estase a desenvolver de maneira gratuíta un obradoiro denominado "café inglés" no que os mozos/as interesados poden practicar conversación en inglés de maneira informal, a través de xogos e outras actividades lúdicas.

Esta actividade está dirixida por Linda, unha voluntaria europea da República Checa, que está a realizar diversas labores de dinamización turística e cultural en O Pino. 

As clases, que comezaron o pasado 8 de xulllo, desenvolveranse ata o mes de outubro na Casa da Cultura de Arca. Os horarios previstos incialmente son os martes de 18:00 a 19.30 e os mércores de 17.00 a 18:15. 

Os interesados en participar poden anotarse chamando ao Concello ou ben no mail Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .


Encontro de voluntarios/as ao abeiro do programa Servizo de Voluntariado Europeo (SVE)

 O día 17 de xuño o Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, xunto co Alcalde de O Pino, Manuel Taboada, presidiron un encontro celebrado no Centro Sociocultural de Arca, que reuniu aos 13 voluntarios/as que, ao abeiro do programa Servizo de Voluntariado Europeo (SVE), desenvolven as tarefas de información no Camiño e apoio ó peregrino.

Estes mozos e mozas, que participan nun SVE de grupo, coordinado pola entidade Abertal, presentaron nesta xornada o traballo desenvolvido ata o de agora nos distintos puntos do Camiño, tanto en Galicia coma noutras comunidades.

No Concello de O Pino, cóntase coa voluntaria Linda Dedkova, da República Checa que está a realizar unha gran labor de apoio na oficina de turismo de O Pino e no albergue público. Continuará prestando os seus servizos no noso municipio ata o mes de outubro.

O Alcalde de O Pino, Manuel Taboada, destacou ademais que no próximo mes de setembro, ao abeiro dun novo proxecto do Servizo de Voluntariado Europeo, coordinado polo propio Concello, contarase con outros dous voluntarios procedentes de Alemania, que tamén realizarán labores de información a peregrinos e actividades lúdico-culturais para os vecinos/as de O Pino.

  

Estás en Noticias Juventud

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information