A XV Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino celébrase o 29 de abril



O Concello de O Pino organiza o vindeiro domingo 29 de abril a décimo quinta edición da súa Carreira Pedestre Popular, na que poderán participar todas as persoas afeccionadas ao atletismo dende bebés ata veteranos. Haberá tamén una proba de canicross (7 inscritos xa), na que os cans acompañarán aos participantes. Cando faltan dez días, xa se inscribiron máis de 156 atletas nesta proba, que forma parte do VI Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, e que se celebrará nun circuíto urbano habilitado en Arca, nas inmediacións do colexio público Camiño de Santiago.

A Delegación en Santiago da Federación Galega de Atletismo encargarase do control técnico da proba. A primeira categoría en competir será a de canicross popular, ás 10.00 horas, sobre un percorrido de 3.100 metros. Despois, ás 10.45 horas, tomarán a saída as categorías júnior, promesa, absoluta e máster; seguidos dos cadetes masculinos e xuvenís (11.35). Entre as 12.00 e as 12.30 sairán o resto de categorías (infantil, benxamín, prebenxamín e os pitufos, os menores de seis anos, que desde as 12.30 horas percorrerán unha distancia de 300 metros.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría (agás na categoría biberón), e para as tres primeiras mulleres e homes da carreira absoluta, así como para o participante máis novo e máis veterano. Haberá tamén premios en metálicos para os participantes nas carreiras júnior, promesa, sénior e máster, así como premios por clubes (sempre que estean federados).

Os interesados en participar na XV Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino deberán inscribirse antes das 23.59 horas do xoves 26 de abril na web de Emesports.

Enlaces de interese:

Inscrición na proba

Regulamento

Regulamento Canicross

Estás en Noticias Deportes A XV Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino celébrase o 29 de abril

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information