Deportes

Iván Roade e Edymar Brea gañan a XV Carreira Popular de O Pino



Iván Roade, Edymar Brea, Iria Souto e José Pampín foron esta mañá catro dos protagonistas da XV Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino, que contou con máis de medio milleiro de atletas. Os dous primeiros foron os gañadores da categoría absoluta; Iria Souto, a atleta máis nova, con só 18 meses; e José Pampín, o máis veterano, con 72 anos. Na proba de canicross, que abreu a xornada, os gañadores foron Óscar Piñeiro e Mónica Touriño.

A categoría absoluta foi a máis numerosa, ao contar con máis de 340 participantes, e moi concorrida estivo tamén a categoría de Pitufos, nenas e nenos menores de 6 anos que percorreron unha distancia de 300 metros, espertando a admiración e moitos aplausos entre o público asistente.

O canicross foi a proba que abreu a xornada. Quince atletas, acompañados dos seus cans, fixeron un percorrido algo superior aos 3.000 metros, proclamándose vencedores Óscar Piñeiro e Mónica Touriño.

Na categoría absoluta, os tres primeiros postos en categoría masculina foron para Iván Roade, Amadeo Abal e Anxo Castro. En mulleres impúxose Edymar Daniely, seguida de Esther Rodríguez e Carla Castaño. Gustavo Platas, José Canda e Cristian Muiño foron os tres primeiros na categoría Master 1 masculina.

A pesar da choiva houbo un gran ambiente durante toda a mañá nas inmediacións do CPI Camiño de Santiago de Arca, onde se celebraron as probas, nun circuito habilitado que percorría parte do Camiño de Santiago, no que os corredores compartiron algúns metros cos peregrinos.

Na entrega de premios, celebrada nunha abarrotada casa da cultura, houbo trofeos para os tres primeiros de cada categoría, así como para os atletas locais e os primeiros clubes federados.

Clasificacións por categorías

Absoluta masculina: Ivan Roade Lago, Amadeo Abal Chaves e Anxo Castro Varela

Absoluta feminina: Sonia Ayude González, María Serramito Blanco e Laura Santín Santín

Junior sub-20 masculina: Arturo Ramos Rey, Jacobo Dopazo Ferreiro e Jacobo Eirís del Río

Junior sub-20 feminina: Patricie Viadel Turjanicová, Corinne Alsina Forján e Lucía Ordás López

Promesa sub-23 masculina: Borja Castro Hermida, Anxo Lema Saavedra e Daniel Antelo Neira

Promesa sub-23 feminina: Edymar Daniely Brea Abreu, Carla Castaño García e Sara Costa Faya

Master 1 masculino: Gustavo Platas Vidal, José Canda louzao e Luis Iglesias Raña

Master 1 feminino: Esther Rodríguez Díez, Marinela Mayo Caamaño e María del Carmen Rivas Iglesias

Master 2 masculino: ManuelOliver Pérez López, José Antonio Gómez Ríos e Javier Campos Suárez

Master 2 feminina: Natalia Lorenzo Pérez, Elena Miguens Otero e Silvia Mariño Rey

Master 3 masculina: Samuel Veiga IGlesias, Angel José Rodríguez López e Carlos Busto Lobato

Master 3 feminina: Esther Pedrosa, Mirian Ripoll Pernas e Celina Rodríguez Sobrino

Master 4 masculina: Xosé Luis Otero Cepeda, Manuel Calvo Gerardi e JesúsVázquez Rodríguez

Master 4 feminina: Elvira Tresguerras González

Xuvenil sub-18 masculino: Diego Alonso Campo, Iván Abeledo Varela e Daniel Castro Gómez

Xuvenil sub-18 feminino: Alejandra DomínguezMartis e Sabela Rey Miguens

Cadete sub-16 masculino: Pablo Rey Ansemil, Pablo Porteiro Canay e Alejandro Ventosa Bello

Infantil sub-14 masculino: Daniel Loureiro Mosquera, Fernando Franco García e Raúl Touceda Monteagudo

Infantil sub-14 feminino: Carla Magariños Lodeiro, Candela Pereira Seijo e Carolina Abuín Rodríguez

Alevín sub-12 masculino: Simón Fernández Ponte, Andrés Ramos Piñeiro e Alejandro Mira Veiras

Alevín sub-12 feminino: Nerea Martínez naveiro, Natalia Argibay Domínguez e Sara Noya Vidal

Benxamín sub-10 masculino: Juan Loureiro Mosquera, Alvarecho González Sánchez e Iván Fernández Mella

Benxamín sub-10 feminino: Sabela Raposo Fernández, Sira Ayaso parada e Carmen Salvado Diéguez

Fotos da carreira no Facebook do Concello.

A XV Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino celébrase o 29 de abril



O Concello de O Pino organiza o vindeiro domingo 29 de abril a décimo quinta edición da súa Carreira Pedestre Popular, na que poderán participar todas as persoas afeccionadas ao atletismo dende bebés ata veteranos. Haberá tamén una proba de canicross (7 inscritos xa), na que os cans acompañarán aos participantes. Cando faltan dez días, xa se inscribiron máis de 156 atletas nesta proba, que forma parte do VI Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, e que se celebrará nun circuíto urbano habilitado en Arca, nas inmediacións do colexio público Camiño de Santiago.

A Delegación en Santiago da Federación Galega de Atletismo encargarase do control técnico da proba. A primeira categoría en competir será a de canicross popular, ás 10.00 horas, sobre un percorrido de 3.100 metros. Despois, ás 10.45 horas, tomarán a saída as categorías júnior, promesa, absoluta e máster; seguidos dos cadetes masculinos e xuvenís (11.35). Entre as 12.00 e as 12.30 sairán o resto de categorías (infantil, benxamín, prebenxamín e os pitufos, os menores de seis anos, que desde as 12.30 horas percorrerán unha distancia de 300 metros.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría (agás na categoría biberón), e para as tres primeiras mulleres e homes da carreira absoluta, así como para o participante máis novo e máis veterano. Haberá tamén premios en metálicos para os participantes nas carreiras júnior, promesa, sénior e máster, así como premios por clubes (sempre que estean federados).

Os interesados en participar na XV Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino deberán inscribirse antes das 23.59 horas do xoves 26 de abril na web de Emesports.

Enlaces de interese:

Inscrición na proba

Regulamento

Regulamento Canicross

III Trail Senda do Picón



O vindeiro domingo 05/11 celebrarase a terceira edición do Trail da Senda do Picón, unha proba que percorrerá algunhas das rutas máis fermosas e naturais do Concello de O Pino. A saída darase onde o cruceiro ubicado na Avenida da Igrexa de Arca ás 10.30 horas.


As inscricións estarán abertas no ligazón http://www.carreirasgalegas.com/carreira/iii-trail-senda-do-pic-n/136fcb7a-5a45-dd79-0cfc-39de9451594e ata o vindeiro xoves 2 de novembro ás 14:00 horas.


Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (Reglamento III Trail Senda.pdf)Reglamento III Trail Senda do Picón Concello de O Pino.pdf 229 Kb

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL 2017-2018

Arranca a programación deportiva municipal do Concello de O Pino do curso 2017/2018. As Escolas Deportivas Municipais e as Actividades Deportivas dirixidas á poboación adulta terán o seu protagonismo a partir do luns 2 de outubro, data marcada para o comenzo das mesmas.



Consulta os arquivos adxuntos a esta nova e descarga tanto as solicitudes de participación como os horarios e programación. Compre lembrar que calquera consulta poderala facer a través do em@il Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

VI Ruta BTT Concello de O Pino

Xa está en marcha a sexta edición da Ruta BTT do Concello de O Pino, unha marcha cicloturista non federada e non competitiva que se levará a cabo o domingo 24 de setembro e que percorrerá aas endas e camiños rurais do Concello. A saída da proba será ás 09.30 horas desde o Centro Escolar CPI Camiño de Santiago. O reparto de dorsais e agasallo técnico realizarase na Casa da Cultura a partir das 08.30 horas.


Podes consultar o regulamento adxunto a esta nova. As inscricións están habilitadas no ligazón http://emesports.es/event/vi-btt-concello-de-o-pino/




Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (REGULAMENTO VI BTT CONCELLO DE O PINO 2017.pdf)REGULAMENTO VI BTT CONCELLO DE O PINO 2017.pdf 71 Kb

II Torneo de Fútbol 7 Concello de O Pino



A vindeira fin de semana disputarase no Campo de Fútbol Municipal de Reboredo a segunda edición do torneo de fútbol 7 do Concello de O Pino.
Máis de 20 equipos vidos de toda Galicia daranse cita na localidade de Arca-Pedrouzo con case 350 deportistas de base disputando esta segunda edición que medra de 8 a 12 equipos por categoría.
Na xornada de sábado e a partires das 09.30 horas será o turno da categoría alevín; xa en xornada de domingo serán os máis pequechos da categoría benxamín os que tomarán o relevo.
Consulta os horarios da xornada adxuntos nesta nova.

CONCURSO PESCAPINO 2017


O Concello de O Pino organizará o vindeiro domingo 23 de xullo o Concurso de Pesca "PescaPino 2017", unha actividade dirixida a nenos/as de 4 a 13 anos. 
Celebrarase na área recreativa da Magdalena entre as 10.00 e as 13.00 horas. A Entrega de trofeos será ás 13.30 horas.

As inscricións realizaranse chamando ao teléfono 981 511 002 ou enviando un e-mail á dirección deportes@concellodeopino.com ata o vindeiro venres 21 de xullo ás 14.00 horas.

O Concello facilitará material para todos os participantes.


Medio Maratón Arzúa - O Pino . "O Gran Camiño"



Os Concellos de Arzúa e O Pino organizarán o domingo 9 de xullo de 2017 a I edición do Medio Maratón “O Gran Camiño”, proba que terá unha distancia aproximada de 21.097,50 metros (proba NON homologada). A proba dará comenzo ás 10:00 horas da mañá e transcorrirá polo “Camiño de Santiago íntegramente”

A saída estará ubicada na localidade de Arzúa, antepenúltimo punto do Camiño Francés a Santiago de Compostela. A meta estará ubicada na localidade de Arca-Pedrouzo e o circuito transcurrirá pola derradeira etapa do Camiño de Santiago.As inscrición permancerán abertas no ligazón http://emesports.es/event/i-edicion-do-medio-maraton-o-gran-camino/ desde o día 15 de xuño ate o 6 de xullo ás 14 horas con varios prezos e prazos de inscripción. Neste mesmo ligazón tamén poderedes consultar o reglamento do evento.

A entrega de dorsais/chip e bolsa de corredor realizarase con anterioridade na planta de deportes de El Corte Inglés Santiago (planta baixa) nos seguintes días e horarios:

  • Venres 07 de xullo de 16:00 a 22:00 horas.
  • Sábado 08 de xullo de 10:00 a 22:00 horas.


Participa con nós!!

XIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE O PINO


O domingo 30 de abril celebrarase a décimo cuarta edición da Carreira Popular do Concello de O Pino na localidade de Pedrouzo (Arca). Esta proba, que forma parte do V Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, terá probas para todas as cateogorías de competición dende os máis pequenos a veteranos e estará baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Gallega de Atletismo. Tamén haberá proba de canicross popular a partir das 10:00 horas da mañá.


As inscricións da proba estarán habilitadas na ligazón http://emesports.es/event/xiv-carreira-pedestre-popular-concello-de-o-pino-2017/ ate o mércores 26 de abril ás 23.59 horas.

VIAXE A NEVE PRIMAVERA 2017

O Concello de O Pino organizará os días 24 e 25 de marzo unha excursión á neve a estación de esuí de Manzaneda para nenos de idades comprendidas entre 8 e 14 anos e adultos que os queiran acompañar. A saída farase desde a Praza do Concello o venres 24 de marzo e o regreso será o sábado 25 de marzo . Podes descargar aquí o programa de actividades e ver todas as opcións dispoñibles en caso de que haxa neve ou non, xa que a Estación de Esquí está preparada para todo tipo de actividades. As inscripcións estarán abertas ate o mércores 22 , pero terán que reservar praza antes do 21 ás 14 horas na casa do Concello.
Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (VIAXE A NEVE.pdf)VIAXE A NEVE.pdf 118 Kb
Estás en Noticias Deportes

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information