Bandos Municipáis

PLAN RENOVE FIESTRAS 2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, concede subvencións para a renovación de fiestras.

O prazo de solicitude comeza o 1 de marzo e remata o 29 de setembro de 2017, ou ata o esgotamento do crédito.

Os interesados/as en beneficiarse desta subvención deberán dirixirse os establecementos de venda de carpintarías, os cales tramitarán a correspondente solicitude de subvención.

Enlace para consultar que establecementos de venda son entidades colaboradoras do Plan Renove Fiestras: http://entidadescolaboradoras.xunta.es/adhesion/consulta/

+ Info en arquivos adxuntos

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (Bando.pdf)Bando.pdf 413 Kb
Descargar este adjunto (Consell Economia, Emprego e Industria-Plan Renove FIESTRAS.pdf)Consell Economia, Emprego e Industria-Plan Renove FIESTRAS.pdf 1543 Kb

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS AS ASOCIACIÓNS MUNICIPAIS

Ábrese o prazo de solicitude de subvención para as entidades e asociacións culturais, deportivas ou de pais de alumnos, debidamente constituídas e rexistradas conforme a lexislación de aplicación.

O prazo para a presentación de solicitudes remata antes do vindeiro día 25 de xuño.

Poden ver as bases da convocatoria no arquivo que se achega. Tamén se publicarán no BOP e no taboleiro de edictos do Concello.


Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (BASES CONVOCATORIA ASOCIACIONS.JPG)BASES CONVOCATORIA ASOCIACIONS 121 Kb

PROGRAMA DE VACACIÓNS DA TERCEIRA IDADE 2014/15

D. MANUEL TABOADA VIGO, ALCALDE-PRESIDENTE DO

CONCELLO DE O PINO (A CORUÑA)

 INFORMA

 Co obxecto de preparar a próxima tempada de PROGRAMA DE VACACIÓNS TERCEIRA IDADE 2014/2015, convócase a todos/as interesados que reúna os seguintes requisitos:

 -         Estar empadroado e residir no Municipio

-         Ter como mínimo 65 anos cumpridos

-         Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións

-         Ser pensionista de viudedade con idade igual ou superior a 55 anos

-         Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.

-         O cónxuxe, non é preciso que reúna os seguintes requisitos de idade ou pensión.

-         Admitirase como acompañante a un fillo/a con discapacidade que teña un grado de minusvalía igual ou superior a 45% sempre que a viaxe a realice con seus pais, compartindo con eles habitación.

 Pregámoslle ós interesados en solicitar unha praza, o fagan  no DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO, antes do 6 DE XUÑO DO 2014, coa seguinte documentación.

 

DOCUMENTACIÓN PRECISA PARA SOLICITAR PRAZA

          FOTOCOPIA DO D.N.I. DO SOLICITANTE E DO CÓNXUXE

-         CARTILLA DE SS.SS. DO SOLICITANTE E DO CÓNXUXE

-         XUSTIFICANTE DA PENSIÓN

-         DECLARACIÓN DA RENDA

-         FOTOCOPIA DO CERTIFICADO DE MINUSVALÍA, SE PROCEDE

 

En  O Pino, a  14  de Abril de 2014

 

O ALCALDE

 

PROGRAMACIÓN ANUAL ACTIVIDADES 2013/14

XA TES A TÚA DISPOSICIÓN A NOVA PROGRAMACIÓN ANUAL DE ACTIVIDADES DO CONCELLO DE O PINO PARA O ANO 2013/2014.
PODES DESCARGALA NO SEGUINTE ARQUIVO AXUNTO.


TAMÉN PODES DESCARGAR OS FORMULARIOS PARA AS SOLICITUDES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS, DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E DOS CURSOS DE FORMACIÓN NOS ARQUIVOS QUE SE AXUNTAN.

REVISTA DE INFORMACIÓN MUNICIPAL

PODEDES CONSULTAR A NOVA EDICIÓN DA REVISTA DE INFORMACIÓN MUNICIPAL "FAÍSCA" DESCARGANDO O SEGUINTE ARQUIVO:
Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (fasica_2014.pdf)REVISTA FAISCA 2014 6722 Kb

CONVOCATORIA DE AXUDAS AOS UNIVERSITARIOS

ANUNCIO

A Xunta de Goberno Local, en sesión de data sete de xuño de dous mil trece, aprobou as bases que rexerán a convocatoria de axudas aos universitarios curso 2012-2013. Poden solicitar as mesmas os universitarios empadronados no Concello alomenos cun ano de antigüidade á data de solicitude e que teñan ingresos inferiores aos especificados nas bases. Poderán ser subvencionados todos os gastos relacionados directa ou indirectamente cos estudios universitarios. O prazo rematará o 10 de xullo. Da documentación a presentar e dos modelos de solicitude darase cumprida información nas oficinas municipais.

O Pino, 12 de xuño de 2013
Manuel Taboada Vigo
O ALCALDE

CONVOCATORIA DE AXUDAS ÁS ASOCIACIÓNS DO CONCELLO

ANUNCIO

A Xunta de Goberno Local de data sete de xuño de dous mil trece, acordou aprobar as bases para a convocatoria de axudas en materia de cultura, deporte e patrimonio histórico. Os beneficiarios das axudas serán as entidades e asociacións que domiciliadas no termo municipal e que exerzan as súas actividades no mesmo en beneficios dos seus habitantes. As petición dirixiranse ao Sr. Alcalde conforme o modelo de solicitude que se facilitará nas oficinas municipais e adxuntando a documentación esixida nas bases. O prazo de solicitude rematará o día 10 de xullo de 2013. Darase cumprida información nas oficinas municipais.

O Pino, 12 de xuño de 2013
Manuel Taboada Vigo
O ALCALDE

Estás en Noticias Bandos Municipales

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information