SUBVENCIÓNS DA XUNTA DE GALICIA PARA A RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA E REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia concede subvención ás persoas físicas ou as comunidades de propietarios para renovación de cubertas con tella cerámica e rehabilitación con granito das fachadas, sempre que a actuación se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva da súa titularidade.

No caso de renovación de cubertas con tella cerámica, a contía da axuda será do 40% dos custos totais subvencionables, máximo de 55 € por m2 de cuberta.

No caso de rehabilitación con granito das fachadas, será tamén do 40% dos custos subvencionables cun máximo de 12.000 € por vivenda unifamiliar illada e 40.000 € por edificio de vivendas en bloque.

Tramitación da solicitude: As solicitudes deberán cumprimentarse e validarse a través da páxina web: https://appsdxem.xunta.gal/renovetella/web/acceso.php no caso de solicitar para renovación de cubertas con tella cerámica, ou ben, https://appsdxem.xunta.gal/renovegranito no caso de solicitar para rehabilitación con granito das fachadas.

Unha vez validada a solicitude, a aplicación informática reflectirá o estado de “Reservada”, indicando o prazo de cinco días hábiles para a súa presentación.

As persoas físicas, si non disponen de DNI electrónico ou certificado dixital poderán enviala solicitude en soporte papel (sempre que estén validadas na aplicación)

As comunicades de propietarios será obrigatorio a súa presentación por vía electrónica.

Máis información no teléfono da Consellería de Economía, Emprego e Industria: 981 95 70 92.

Auncios das convocatorias en documentos adxuntos


Estás en Noticias Ayudas y Subvenciones SUBVENCIÓNS DA XUNTA DE GALICIA PARA A RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA E REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information