Urbanismo

DATA DE DOAZON DE SANGUE EN O PINO

A unidade móvil do Centro de Transfusión de Galicia, trasladarase o vindeiro venres 13 de xaneiro á praza do Concello en horario de 16:00 ás 21:00 horas.


COMEZAN AS OBRAS DE ARRANXO DA ESTRADA DE SANTISO(CASTROFEITO)- PARAÑOA (BUDIÑO)- LÍMITE OROSO.

Deron comezo as obras dos traballos para o arranxo das estradas que van de Santiso (Castrofeito) a Parañoa (Budiño) e a pista que une Parañoa co límite de Oroso. 

O total do investimento acada os 85.571,47€.



CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2014

 
 Aberto o prazo de inscripción para os Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña 2014. O Concello de O Pino irá na quenda 1ª do 29 de xuño ao 5 de xullo. Para inscribirse deberán presentar rellenado a ficha de inscripción adxunta a esta nova nas dependencias municipais antes do 19 de maio incluido. 
Os campamento irán dirixidos a nenos/as de nados entre o ano 2000 e 2004.

Máis información en http://www.dicoruna.es/deportes/actividades/campamentos-V.0.1-2014
Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (Ficha de inscrición.pdf)Ficha de inscrición 53 Kb

SUSPENSION DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DEPORTIVAS NO CONCELLO NO DÍA DE HOXE XOVES

AVISO DO CONCELLO


NO DÍA DE HOXE XOVES SUSPENDENSE DE NOVO AS ACTIVIADES DEPORTIVAS DE ESCOLARES E ADULTOS SEGUNDO A ALERTA DECRETADA POLA XUNTA DE GALICIA.

Facemos ECO do anuncio:

Alerta laranxa por vento e costeiros.


Durante a xornada de hoxe, as catro provincias galegas permanecerán en alerta laranxa por vento, con refachos que poderán acadar os 130 km/h. Así mesmo hai decretada tamén alerta laranxa costeira en todo o litoral por ondas que acadarán os sete metros de altura.

Por mor deste fenómeno adverso, a Comisión Escolar de Alertas determinou a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia; e recomendou o seguimento das condicións meteorolóxicas por se o risco aumentase e houbese que decretar a suspensión da actividade docente.

Recomendacións á poboación
Desde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior querese insistir á poboación da importancia de seguir as medidas de protección como vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras ou circular con precaución nas estradas, especialmente se utilizan vehículos lixeiros como bicicletas ou ciclomotores.

Nas zonas de litoral aconséllase permanecer alonxado de praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns ou todas aquelas zonas susceptibles de seren afectadas por un golpe de mar. E igualmente, revisar os amarres das embarcacións e evitar realizar prácticas deportivas e náuticas.

Así mesmo, aconséllase consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias-112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica, recomendacións e con enlaces de interese.

MODIFICACIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO- CAMIÑO DO NORTE

A XUNTA MODIFICARÁ A TRAZA DO CAMIÑO DO NORTE

Mediante resolución do 9 de agosto de 2013 da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que se incoa o procedemento de delimitación do Camiño de Santiago, do Norte, Ruta da Costa, a  Consellaría propón unha nova traza do Camiño. Esta nova traza entra no Concello de O Pino polo lugar de San Gregorio na parroquia de Gonzar, continuando pola proximidade do núcleo de Amarelle, pasando pola capela de San Andrés e entroncando a continuación coa N-634 dirección Santiago de Compostela.

O Camiño continúa pola marxe da citada estrada nacional ata o lugar de Santiso, onde se desvía pola zona da Capela de Santiso para volver a incorporarse a estrada nacional ata introducirse no termo municipal de Santiago.

Isto supón unha nova proxección para o sector turístico do noso concello, abrindo novas posibilidades de emprego e negocio noutras parroquias do municipio.


CONSTRUCIÓN DUN LOCAL SOCIAL EN CASTROFEITO

NO 2014 CONSTRUIRASE UN NOVO LOCAL SOCIAL EN CASTROFEITO

Dentro dos investimentos do próximo ano 2014, tense prevista a construción dun local social na parroquia de Castrofeito, no lugar de Santiso.

Esta obra contará cun investimento que ronda os 202.000€, e terá unha superficie de 200 metros cadrados.


Maqueta Local Social Castrofeito

CEMITERIOS PARROQUIAIS

AMPLIACIÓN E CONSTRUCIÓN DE NOVOS CEMITERIOS PARROQUIAIS

O Arcebispado de Santiago obtivo neste 2013 a licenza para as obras en dúas parroquias do Concello para a ampliación e construción dos seus cemiterios.

En Santa Eulalia de Arca acometeranse as obras de ampliación do  cemiterio existente, dentro do recinto actual coa construción de novos nichos.  A licenza desta obra foi concedida neste mes de setembro.

Na parroquia de San Miguel de Cerceda, o Arcebispado xa ten a licenza, dende o mes de xuño, para a construción dun novo cemiterio dotado de nichos e outras instalacións complementarias.

Ambos proxectos contan coas autorizacións sanitarias e ambientais requiridas previa á  concesión da licenza. 

A REDE DE GAS CIDADE EN ARCA

A REDE DE GAS CIDADE XA FUNCIONA EN ARCA

No presente ano 2013 Repsol Butano S.A. culminou o complexo expediente que se tramitou para a construción e instalación da Rede de Gas Cidade no núcleo urbano de Arca.

Foron acometidas e finalizadas as obras de colocación de depósitos e escavación e reposición de gabias polas cales discorren os condutos que transportan o gas ata o pé dos edificios.

O servizo xa é unha realidade para os veciños e veciñas que o requiran.


Estás en News Town Planning

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information