Deportes

Fase Comarcal de Campo a través escolar


O vindeiro venres celebrarase a fase comarcal de campo a través no circuito da área recreativa da MAGDALENA en Castrofeito- (Concello de O Pino).

Nesta xornada reuniranse case 500 deportistas vidos de moitos Concellos da comarca para tentar clasificarse para a Fase Zonal que se disputará no mes de xaneiro en Santiago de Compostela.

O horario e distancias das probas serán os seguinte:



As inscripcións teñen que enviarse ata o martes día 9 de decembro a dirección de correo electrónico This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it . O prazo no centro escoalr CPI Camiño de Santiago rematou o pasado venres 5 de decembro e máis de 100 deportistas do Concello de O Pino participarán nesta xornada.

 

Tódolos participantes teñen que estar  inscritos, na dirección  de internet,  www.deporteescolargalego.org. Para a fase zonal, que terá lugar en Santiago o  18  de Xaneiro, clasificaranse os mellores equipos de cada categoría,( o número será segundo a participación) e os atletas clasificados nos postos 1 ao 8, se non pertencen a estes equipos.

 


 Para a  puntuación por equipos, puntuan os 4 primeiros clasificados nas categorías benxamín , alevín e infantil e os 3 primeiros en cadete.



XORNADA DE PESCA DEPORTIVA- 4 DE OUTUBRO

I XORNADA DE PESCA DEPORTIVA

SÁBADO 4 DE OUTUBRO

ÁREA RECREATIVA DA MAGDALENA

10:00 h.- Ponencia “Auga, contaminación e denuncias”
               Por Alberto Torres (Recoñecido xornalista) (Na carpa da Lagoa 
da Magdalena)

              
10:15 h.- Ponencia “Pesca e Deporte”
               Por Pepe Casal (Recoñecido periodista e preparador físico de Pau Gasol) (Na carpa da Lagoa da Magdalena)

 10:30 h.- Ponencia “Conservación dos ríos” Por Fernando Cobo (Biólogo) (Na carpa da Lagoa da Magdalena)

11:00 h.- Actividade práctica PARA OS CATIVOS. (No Río Mera)
               “Ríos, biodiversidade e conservación” Por dous biólogos da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con

11:00 h.- Actividade PARA OS MAIORES. (Na Lagoa da Magdalena)
               Obradoiro de Artesanía de Pesca, a cargo dos Artesáns de Pesca Julio Seijas, Oscar Gayoso, Eloi Saavedra e Paco Porto (moscas para troita, reo, salmón e reclamos para pesca no mar)

13:00 h.- Pesca técnica na Lagoa da Magdalena.
               Metodoloxía protocolaria da captura e solta dos peixes

14:30 h.- Xantar gratuíto (picnic) na Lagoa da Magdalena.

15:30 h.- Confección dun peixe artificial por Manolo García (Artesán)

17:00 h.- Clínic de lance a cargo de David Arcay (Campión Mundial de Salmónidos Mosca en Eslovenia 2012)
              
18:00 h.- Pesca técnica na Lagoa da Magdalena

20:00 h.- Clausura a Xornada Manuel Taboada Vigo, Alcalde de O Pino


INSCRICIÓNS NO CONCELLO DE O PINO ATA O XOVES 2 DE OUTUBRO: 981 51 10 02

TODAS AS ACTIVIDADES SON GRATUÍTAS


Descarga o PDF coa información aquí


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (I XORNADA DE PESCA DEPORTIVA.pdf)I XORNADA DE PESCA DEPORTIVA 144 Kb

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL 2014/2015



O vindeiro luns abrirase o prazo de inscrición das Escolas e Actividades Deportivas municipais para o curso 2014/2015.


A programación deportiva englobará tanto as Escolas Deportivas Municipais dirixidas a nenos/as en idade escolar, como as actividades deportivas de adultos.



















NORMAS DE INSCRIPCIÓN

INFORMACION E INSCRICIONS DAS ACTIVIDADES DA PROGRAMACION DEPORTIVA (fai clik para máis información)


DESCARGUE AQUÍ AS SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN


Ximnasia por parroquias 2014/15 para maiores


NOVOS HORARIOS

XIMNASIA POR PARROQUIAS 2014/2015

“O PINO MAIORES EN POSITIVO II “

Data de comenzo: mércores 1 outubro

Duración da actividade: 1 outubro 2014 a 30 xuño 2015




INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS: CONCELLARÍA DE MULLER E BENESTAR SOCIAL.
Teléfono: 981 511002.

ESCOLA DE VERÁN 2014 EN XULLO, AGOSTO E SETEMBRO


O Concello de O Pino abre o prazo de inscrición do programa, "O Pino, No Camiño da conciliación laboral e familiar" máis coñecido como Escola de Verán 2014.


Este programa presenta múltiples actividades lúdicas e formativas para os nenos/as de idades comprendidas entre 3 e 12 anos.


Descargue aquí as bases da Escola de Verán 2014.




Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (BASES DA ESCOLA DE VERAN 2014.pdf)BASES DA ESCOLA DE VERAN 2014.pdf 48 Kb

RETRASASE A APERTURA DA PISCINA MUNICIPAL PARA O SÁBADO 5 DE XULLO

Debido a climatoloxía prevista para os vindeiros días a apertura da piscina municipal terá lugar o vindeiro sábado 5 de xullo en horario de 12:00 a 20:00 horas. Os cursos da piscina darán comenzo o luns 7 de xullo.


III Ruta BTT do Concello de O Pino

Aberto o prazo de inscrición da II Ruta BTT do Concello de O Pino que terá lugar o domingo 15 de xuño. 

Descargue aquí o reglamento do evento.

As inscricións online poderán facelas na web www.emesports.es

Presencialmente poderán facerse no Concello de O Pino, motos carballeiro, bicicletas oliveira e cafe bar o Camiñante.

Recibe un cordial saúdo e o noso agradecemento pola túa colaboración.



Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (Regulamento III BTT Concello de O Pino.pdf)Regulamento III BTT Concello de O Pino 45 Kb

TRACK DA III RUTA BTT DO CONCELLO DE O PINO

"O vindeiro domingo 15 de xuño celebrarase a III edición da ruta BTT do Concello de O Pino, unha marcha cicloturista que terá a súa saída na localidade de Arca-O Pedrouzo e que percorrerá un total de casi 42 km polos lugares máis emblemáticos do Concello.

Os máis de 180 cicloturistas inscritos na III edición poderán consultar o track da marcha no seguinte enlace:


http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7025771


Agardamos que desfruten da III edición da Ruta BTT do Concello de O Pino".



XI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO 2014

Cartel O Pino 2014


   O domingo 4 de maio celebrarase na localidade de Arca-O Pedrouzo a décimo primeira edición da carreira pedestre popular do Concello de O Pino, un evento que nesta edición formará parte do circuito de carreiras populares da Diputación da Coruña.

   As inscricións, regulamento e toda a información relativa á proba podena consultar no seguinte enlace:

http://www.carreirasgalegas.com/carreira/xi-carreira-pedestre-popular-concello-de-o-pino/2f477083-e5a5-6d66-edce-39c7136694b4

E tamén nesta web:

www.fgatletismo.es/santiago


Estás en News Sports

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information