Deportes

VIAXE A NEVE PRIMAVERA 2017

O Concello de O Pino organizará os días 24 e 25 de marzo unha excursión á neve a estación de esuí de Manzaneda para nenos de idades comprendidas entre 8 e 14 anos e adultos que os queiran acompañar. A saída farase desde a Praza do Concello o venres 24 de marzo e o regreso será o sábado 25 de marzo . Podes descargar aquí o programa de actividades e ver todas as opcións dispoñibles en caso de que haxa neve ou non, xa que a Estación de Esquí está preparada para todo tipo de actividades. As inscripcións estarán abertas ate o mércores 22 , pero terán que reservar praza antes do 21 ás 14 horas na casa do Concello.
Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (VIAXE A NEVE.pdf)VIAXE A NEVE.pdf 118 Kb

CAMPAÑA DE ESQUÍ 2017

Aberto o prazo de inscripción para a Campaña de Esquí 2017 da Deputación Provincial da Coruña que se levará a cabo entre o 19 de febreiro e o 31 de marzo de 2017 (excepto semana do 27/02/2017) na Estación invernal de Leitariegos (León). 



O Concello de O Pino viaxará na quenda 4ª do 19 ó 24 do mes de marzo de 2017. Todos aqueles nenos/as empadroados no Concello de O Pino nados nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006 que desexen tomar parte nesta Campaña e viaxar a Estación de esquí de Leitariegos en León,  deberán presentar o tríptico informativo adxunto nas oficinas municipais, rellenando a ficha de preinscripción para poder participar na mesma. O prezo da Campaña é de 95 € que inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Leitariegos, León, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.


Tríptico: Descargar aquí



Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (Tripticoesqui2017.pdf)Tríptico esquí 2017 415 Kb

Lecer Nadal 2016


Aberto o prazo de inscrición para o programa Lecer Nadal 2016 do Concello de O Pino dirixido a escolares de entre 3 e 12 anos de idade (ambos incluido) e que se levará a cabo no Centro Escolar CPI Camiño de Santiago.

Os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro no Centro Escolar CPI Camiño de Santiago, levarase a cabo o programa no Camiño da Conciliación Laboral e Familiar, Lecer Nadal 2016. Con actividades que irán desde idiomas, música, obradoiros, inchables, visitas, xogos cooperativos e moito máis.

Inscríbete ate o 19 de decembro no Concello de O Pino en horario de 10.00 a 14 horas.






Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (diptico-1.pdf)Diptico_2016 504 Kb

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA ANUAL 2016/2017


O vindeiro luns 19 de setembro e ate o 9 de outubro, abrirase o prazo de inscrición das Escolas Deportivas Municipais e das actividades deportivas de adultos do Concello de O Pino. 

Consulta aquí a programación deportiva e participa con nós. 

PESCAPINO 2016

¡O próximo 30 de xullo celébrase o PESCAPINO 2016!

Información e inscricións: 981 51 10 02



II Trail de Montaña Concello de O Pino - Senda do Picón

O domingo 12 de xuño terá lugar o II Trail de Montaña do Concello de O Pino. A senda do Picón tomará protagonismo cun entorno fermoso sobre un percorrido de 18 km de distancia.

A saída do Trail darase o domingo 12 de xuño ás 10 horas preto da Igrexa de Arca. 

O track da ruta poderedes consultalo no seguinte link:  http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13347756


As inscricións e regulamento se realizarán a través da páxina www.carreirasgalega.com  (regulamento adxunto)



Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (REGULAMENTO_II_TRAIL SENDA_DO_PICON_CONCELLO_DE_O_PINO.pdf)Regulamento 58 Kb

GALA DE PATINAXE 2016

O vindeiro sábado a partir das 18 horas terá lugar no polideportivo municipal de Reboredo, a carón do centro escolar CPI Camiño de Santiago, a Gala anual da actividade de Patinaxe onde tomarán parte máis de 60 alumnos das Escolas Deportivas Municipais do Concello.


O programa comenzará ás 17 horas. Descarga aquí o mesmo e non te perdas nada!.


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (PROGRAMA GALA DE PATINAXE CONCELLO DE O PINO 2016.pdf)PROGRAMA GALA DE PATINAXE CONCELLO DE O PINO 2016 235 Kb

Clausura Escolas Deportivas Municipais 2015/2016

O vindeiro venres 3 de xuño a partir das 11 horas terá lugar a clasusura das Escolas Deportivas Municipais 2015/2016 no polideportivo municipal de Reboredo, a carón do Centro Escolar CPI Camiño de Santiago.

Podes consultar aquí o programa de actuacións da xornada de portas abertas.


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (CLAUSURA 2016. PROGRAMA DE ACTUACIÓNS 2016.pdf)CLAUSURA 2016. PROGRAMA DE ACTUACIÓNS 2016 141 Kb

V RUTA BTT CONCELLO DE O PINO

O domingo 5 de xuño disputarase a 5ª edición da ruta btt do Concello de O Pino, cun novo percorrido de 43 km aproximadamente e dificultade técnica media que poderás desfrutar pola natureza do Concello de O Pino.


As inscricións poderanse facera a través da páxina web www.emesports.es (link directo: http://emesports.es/event/v-btt-concello-de-o-pino/) ou presencialmente no Concello de O Pino, en Motos Carballeiro, Bicicletas Oliveira e café bar Caminante en Santiago de Compostela ou O' Rey bicis en Bertamiráns. Non te perdas esta cita.


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (REGULAMENTO V BTT CONCELLO DE O PINO 2016.doc)REGULAMENTO V BTT CONCELLO DE O PINO 2016 355 Kb

XIII Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino

O domingo 1 de maio celebrarase a décimo terceira edición da carreira popular do concello, unha proba que despois de 12 edicións está a atraer cada día máis afección ao deporte do atletismo no Concello de O Pino.

As probas darán comenzo ás 10 horas coa disputada da tradicional proba de canicross, unha proba moi especial pioneira nas probas galegas en ruta desta especialidade. A proba absoluta será ás 10.45 horas e a partir de ahí iranse sucedendo as diferentes probas das categorías restantes.

As inscricións poderán realizarse na páxina web www.carreirasgalegas.com (enlace directo: http://www.carreirasgalegas.com/carreira/xiii-carreira-pedestre-concello-de-o-pino/000388ac-20c2-4a76-c090-39d67274ecb4 ) ata o mércores 27 de abril ás 23.59 horas. Consulta nesta nova o reglamento das probas.

Calquera dúbida poderana consultar no Departamentos de Deportes do Concello (Tf 981511002).


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (contador8.pdf)contador8.pdf 27 Kb
Estás en News Sports

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information