Servizos Sociáis

SOLICITUDE DE PRESTACIÓN ECONÓMICA


LECER PRIMAVEIRA 2017

O Concello de O Pino abre o prazo de inscripción do Lecer Primaveira 2017, unha proposta dos departamentos de deportes e servizos sociais que forman parte dos programas de conciliación familiar do Concello. Dirixida a rapaces/zas de idades comprendidas entre 3 e 12 anos, o programa desenvolverase os días 10, 11, 12 e 17 de abril no Centro Escolar CPI Camiño de Santiago que colabora con nós en todos estos programas. O Prezo do programa será de 20 € para empadroados no Concello e de 40 € para no empadroados. Haberá actividades de todo tipo para os nosos cativos, que irán desde obradoiros, cociña, xogos, andainas,... todo moi relacionado co Camiño de Santiago desta volta. Consulta a información nas fichas e bases adxuntas. O prazo de inscripción estará aberto ate o 5 de abril e deberá formalizarse na Casa do Concello. Deberá xuntarse un mínimo de 10 participantes na actividade.
Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (FICHAS DE INSCRICIÓN.pdf)FICHAS DE INSCRICIÓN.pdf20-03-2017148 Kb

Benestar en balnearios

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (Benestar en balnearios.pdf)Benestar en balnearios.pdf 400 Kb

Programa de Termalismo Socual IMSERSO

Programa Ximnasia por parroquias maiores

Inglés lúdico: infantil, primaria e ESO








Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (FICHA-PREINSCRIPCION_1-16.pdf)FICHA-PREINSCRIPCION_1-16.pdf 567 Kb

Inglés para a atención ao público







Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (FICHA PREINSCRIPCION.pdf)FICHA PREINSCRIPCION.pdf 597 Kb

PROGRAMA NO CAMIÑO DA CONCILIACIÓN LABORAL E FAMILIAR 2016


LECER PRIMAVERA: Do 21 ao 28 de Marzo

ESCOLA DE VERÁN: Do 1 de xullo ao 9 de setembro

LECER NADAL: Do 22 ao 6 de xaneiro do 2017

As actividades levaranse a cabo no Centro Escolar CPI Camin?o de Santiago. As inscricio?ns realizaranse na casa do Concello en horario de 10 a 14 horas.

Para ma?is informacio?n no tele?fono 677.555.748 ou nas pa?xinas web: www.concellodeopino.com - www.sifservicios.com.
As actividades so? se realizara?n se hai un nu?mero mi?nimo de 10 participantes. 

Benestar en balnearios 2016 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia

Benestar en balnearios 2016 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Dirixido a persoas de máis de 60 anos ou pensionistas de máis de 55.

Prazo de solicitude ata o 7 de marzo de 2016.

Máis información e presentación de solicitudes no Servizo Social Comunitario deste concello os luns a venres de 8:30 a 14:30

Convocatoria deste programa no DOG (Diario Oficial de Galicia


SOLICITUDE DE PRESTACIÓN ECONÓMICA PAGAMENTO ÚNICO POR FILLOS/AS A CARGO MENORES DE 3 ANOS


MANUEL TABOADA VIGO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE O PINO

INFORMA


ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRESTACIÓN ECONÓMICA PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS/OS A CARGO, MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2016


BENEFICIARIOS

-Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nados entre o 2.1.2013 e o 1.1.2016, incluídos) e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria.

-No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

TIPO DE AXUDA E CUANTÍA

  1. Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  2. Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  3. Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.


SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN

-As solicitudes e documentación estarán disponibles na guía de procedementos e servizos que está no enderezo

http://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos. Así mesmo, poderán solicitar a información e obter a solicitude dirixíndose aos Servizos Sociais do Concello antes do remate de prazo.

LUGAR E PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para presentación de solicitudes remata o 7 de marzo de 2016.

-As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica, a través de sede electrónica de Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para a presentación das solicitudes será necesario o D.N.I. electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

-Opcionalmente tamén poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da LRX-PAC.

-A documentación complementaria poderase presentar electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal, tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares ou rexistros establecidos no artigo 38.4 de lei LRX-PAC

O Pino, 27 de xaneiro de 2016

O Alcalde,



Estás en News Social Services

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information